El pico
Modelo:FichaFilme El pico é unha película dramática española dirixida por Eloy de la Iglesia que se desenvolve no Bilbao de comezos dos 80 e que trata fundamentalmente sobre a adicción á heroína e, en menor medida, sobre o conflito vasco.
Con este filme, Eloy de la Iglesia soubo reflectir con sinxelo realismo a inmersión de dous mozos na heroína, unha droga que durante eses anos causou estragos na sociedade española, de tal forma que os índices de delincuencia asociados a ela situáronse nos máis altos do mundo.
Sinopse
Dous amigos, Paco e Urko, que viven en Bilbao engánchanse xuntos á heroína. Para conseguir a súa dose diaria non dubidan en roubar, mentir e ata matar ao camelo que lles pasa a droga.
Ademais, dáse a circunstancia de que Paco é o fillo do Comandante Torrecuadrada, pertencente á Garda Civil e Urko é fillo dun político da esquerda independentista vasca.
Personaxes
- José Luis Manzano — Paco
- Javier García — Urko
- José Manuel Cervino — Evaristo Torrecuadrada
- Luis Iriondo — Martín Aramendia
- Enrique San Francisco — Mikel Orbea
- Andrea Albani — Betty
- Queta Ariel — Eulalia
- Marta Molins — Pilar
- Pedro Nieva Parola — Teniente Alcántara
- Alfred Lucchetti — Coronel
- Ovidi Montllor — El Cojo
Críticas
As críticas non se fixeron esperar, malia que esta foi unha das poucas películas da época que se ocupou dese terrible asunto que tantas vidas curtou, primeiro coas sobredoses e despois co sida e a posterior hepatite C.