Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bibiana Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBibiana Fernández

(2018) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Bibiana Manuela Fernández Chica Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Tánxer (Zona Internacional de Tânger) Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBibi Andersen
Chica Almodóvar Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, presentadora de televisión, vedete, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0026097 Allocine: 129838 Allmovie: p425417
Instagram: thedevilisawoman BNE: XX1670055 Spotify: 6M6GX2qfSZg2Ireiul5er8 Discogs: 1199281 Allmusic: mn0001499881 Editar o valor en Wikidata

Bibiana Manuela Fernández Chica, nada en Tánxer o 13 de febreiro de 1954, é unha actriz, cantante, presentadora de televisión e modelo española. Foi coñecida como Bibi Andersen e posteriormente como Bibiana Fernández.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fernández naceu en Tánxer, filla de malagueños. O seu pai, Manuel, era taxista e a súa nai, Francisca, traballaba de costureira no Barrio de la Victoria. Ao nacer asignóuselle o sexo masculino e o nome de Manuel Fernández Chica, mais desde moi nova sentiuse unha muller.[1] Os seus pais separáronse cando tiña seis anos, o que provocou que vivise numerosas pelexas e discusións ao seu arredor.

Viviu os seus primeiros anos en Málaga. En 1961 comezou a súa transición física e someteuse ao tratamento hormonal con estróxenos. Posteriormente someteuse a unha vaxinoplastia en Londres.[2] Marchou de Málaga a Barcelona co propósito de ver cumprido o soño de converterse en artista. Os seus inicios foron duros, mais a mediados da década de 1970 era a principal estrela da Cadena Ferrer, que xestionaba diversos locais en Barcelona. Foi entón cando debutou no cinema da man de Vicente Aranda no filme Cambio de sexo, onde compartiu elenco con Victoria Abril. O éxito do filme fixo de Fernández unha personaxe popular en España grazas ás súas aparicións na televisión.

En 1980 publicou un disco chamado Bibi Andersen, co que obtivo un grande éxito coas cancións "Call me lady Champagne" e "Sálvame". Participou en distintos programas de televisión e presentouse en teatros continuando o seu traballo como vedette de revista.[3]

A principios da década de 1980, xa establecida en Madrid, traballou en Trailer para amantes de lo prohibido de Pedro Almodóvar, amigo co que continuou a colaborar en filmes como Matador, La ley del deseo, Tacones lejanos e Kika. En 1984 protagonizou a fita de Manuel Gutiérrez Aragón, La noche más hermosa, xunto a Victoria Abril, José Sacristán e Fernando Fernán Gómez. En 1985 participou na comedia de Fernando Trueba, Sé infiel y no mires con quién, ao lado de Ana Belén, Carmen Maura e Antonio Resines.

Despois de debutar como presentadora de televisión no programa La tarde, Pilar Miró propúxoa como compañeira de Carlos Herrera no espazo musical e de variedades Sábado noche (1988-1989). A boa química que xurdiu entre a parella e a naturalidade de ambos fixeron que o programa fose un éxito. A principios da década de 1990 continuou a compaxinar o seu traballo na televisión coas súas intervencións no cinema.

En 1998, coincidindo coa estrea do filme Atómica, decidiu cambiar o seu nome artístico polo seu verdadeiro, pasando a chamarse Bibiana Fernández. En 2000 contraeu matrimonio polo rito tailandés co modelo cubano, Asdrúbal Ametller González,[4] do que se separou en 2003.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • 1980 – Bibi Andersen (álbum)
  • 1980 – "Call Me Lady Champagne" (sinxelo)
  • 1980 – "Sálvame" (sinxelo)
  • 1982 – "Canto" (sinxelo)
  1. Collell, Jaume (18 de xuño de 2016). "La mujer que ansiaba serlo". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  2. Román, Manuel (17 de febreiro de 2017). "Los hombres de Bibiana Fernández (y el más duro golpe que encajó)". Chic (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  3. Romero, Luis Miguel (18 de setembro de 2020). "Bibiana Fernández: Legendaria Diva de España, en Alejandra Bogue.com". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2021. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  4. "Dos años de prisión para Asdrúbal por agredir a un taxista". ABC (Zaragoza). 25 de febreiro de 2004. Consultado o 3 de novembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]