Andrea Maceiras
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de novembro de 1987 (36 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora universitaria |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Páxina web | andreamaceiras.es |
Andrea Maceiras Lafuente, nada na Coruña o 6 de novembro de 1987, é unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutora en filoloxía hispánica e licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña.
En 2007 publicou a súa primeira novela, Proxecto Bolboreta, tras gañar o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. En 2009 gañou o premio Meiga Moira con Violeta tamurana, publicada o ano seguinte. En 2012 publica O segredo do lagarto arnal, e un ano despois sae Nubes de evolución, finalista do premio Fundación Caixa Galicia e nomeado mellor libro xuvenil dese ano nos Premios Fervenzas Literarias.
No ano 2014 publica Miña querida Sherezade, obra gañadora do premio Meiga Moira, e ese mesmo ano publica tamén Volverás, golfiño, finalista do Premio Merlín. Ao ano seguinte, en 2015, gaña o premio Jules Verne con Europa express, obra publicada ese mesmo ano e pouco tempo despois traducida ao inglés. Tamén foi recoñecida como a mellor novela xuvenil nos Premios Fervenzas Literarias.
En 2018 gañou o Premio Lazarillo á creación literaria por Conta nove estrelas, segundo o xurado: "unha obra ben urdida e entramada cunha linguaxe poética con belísimas escenas que te transportan a un mundo galáctico. Unha aposta á imaxinación desbordante e á ciencia ficción”.[1] Tamén no 2018 queda finalista do Premio Raíña Lupa con O que sei do silencio, publicada ese mesmo ano e traducida ao español en 2020.
En 2020, concedéronlle o premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación de Galicia como a autora máis lida. E ese mesmo ano, gañou o premio Merlín de literatura infantil con A folla azul, publicada en 2021. No mesmo ano, gañou o XV premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña coa obra Que me pare o corazón se te esquezo.[2][3]
En marzo de 2022 gañou o XIX Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil coa obra Alma de elefante, que viu a luz o 31 de marzo de ese mesmo ano. E un ano máis tarda, esa mesma novela recibiu o I Premio A da Sociedad Colegial de Escritores ACE e do Grupo de Investigación de Literatura infantil de la Universidade Complutense de Madrid. Tamén publicou en español e catalán Niño y Jaguar, coa Editorial Milenio.[4]
En decembro de 2022 gañou o XLI Premio Vila d'Ibi coa novela Siempreviva, publicado en 2023 por Grupo Anaya. En 2024 publicou El silbido de la sombra (Oxford University Press, colección Lidera. Erizonte).
Obras
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Proxecto Bolboreta (2007). Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 978-84-9782-824-6.[5] ePub: ISBN 978-84-9121-165-5.
- Violeta Tamurana (2010). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-92630-85-1.[6]
- O segredo do lagarto arnal (2012). A Coruña: Baía. ISBN 978-8499950488.
- Nubes de evolución (2013). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-9914-463-4. ePub: ISBN 978-84-9914-660-7.
- Miña querida Sherezade (2014). A Coruña: Baía. ISBN 978-8499951447.[7]
- Volverás, golfiño (2014). Vigo: Xerais. 144 páxs. Ilustracións de Víctor Rivas. ISBN 978-84-9914-579-2.[8] ePub: ISBN 978-84-9914-789-5.
- Europa Express (2015). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-9914-949-3.[9][10] Foi traducida ao inglés.[11] ePub: ISBN 978-84-9914-949-3.
- O que sei do silencio (2018). Vigo: Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-9121-402-1.[12][13] ePub: ISBN 978-84-9121-398-7. Tradución ao castelán: Lo que sé del silencio (2018). Editorial Algar. ISBN 978-84-9142-360-7
- Cuenta nueve estrellas (2019). Madrid: Anaya infantil y juvenil. 152 paxs. Ilustracións de Xavier Bonet. ISBN 978-84-698-4860-9. Tradución ao galego: Conta nove estrelas (2019). Vigo: Xerais, Merlín. 168 páxs. Ilustracións de Paula Mayor. ISBN 978-84-9121-527-1.[14] ePub: ISBN 978-84-9121-533-2.
- A folla azul (2021). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de Sonia García. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-844-9. ePub: ISBN 978-84-9121-852-4. Tradución ao castelán: La hoja azul (2021). Madrid: Anaya infantil y juvenil. 168 pags. ISBN 978-84-698-8862-9.
- Alma de elefante (2022). Madrid: Anaya infantil y juvenil. Ilustracións de Jordi Solano. 160 pags. ISBN 978-84-698-9085-1. Tradución ao galego: Alma de elefante (2023). Vigo: Xerais, Merlín. 168 paxs. Ilustracións de Xavier Bonet. ISBN 978-84-1110-242-1.
- Que me pare o corazón se te esquezo (2022). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 224 páxs. ISBN 978-84-1110-142-4. ePub: ISBN 978-84-1110-166-0.[15]. Tradución ao castelán: Que se me pare el corazón si te olvido (2023). Madrid: Anaya infantil y juvenil. ISBN 978-84-143-3571-0.
- Los prodigiosos: increíble Sofía (2022). Madrid: Editorial Cometa Roja. ISBN 978-84-125902-8-9.
- Niño y jaguar (2023). Lleida: Editorial Milenio. 125 pags. Ilustracións de Eva Sánchez Gómez. ISBN 978-84-9743-984-8.
- Burbullas de calma serena (2023). Arzúa: Cuarto de Inverno. 240 páxs. ISBN 978-84-124586-2-6. Ilustracións de Irene Sanjuán.
- El enigma de Siempreviva (2024). Madrid: Anaya infantil y juvenil. ISBN 978-84-143-3694-6.
- El silbido de la sombra (2024). Oxford University Press. Colección Lidera. Erizonte. ISBN 9788419876171.
Premios
[editar | editar a fonte]- Obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre.
- Gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior.
- Finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia no 2010.
- Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2010, por Violeta Tamurana.
- Finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011, por Nubes de evolución.
- Terceiro premio do XIV Premio de poesía Díaz Jácome, por Auga lonxincua en 2013.
- Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2014, por Miña querida Sherezade.
- Gañadora do Premio Jules Verne en 2015, por Europa Express.[16]
- Premio Fervenzas literarias ao mellor libro de literatura xuvenil en 2015, por Europa Express.
- Premio Lazarillo 2018 á creación literaria[17][18]
- Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación en 2020.[19]
- Gañadora do Premio Merlín en 2020, por A folla azul.
- 2021: XV Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña, por Que me pare o corazón se te esquezo.[2][3]
- 2021, Premio Rosa de los Vientos do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires.[20]
- XIX Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil en 2022, por Alma de elefante.[21][22]
- Premio A de la Sociedad Colegial de Escritores ACE y del Grupo de Investigación de Literatura infantil de la Universidade Complutense de Madrid (ELLI) 2023, por Alma de elefante.[23]
- Premio XLI Vila d'Ibi 2023 por El enigma de Siempreviva.[24]
- Premio Follas Novas a mellor novela xuvenil galega en 2024 por Burbullas de calma serena.[25]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paloma Corral, Begoña Oro y Andrea Maceiras ganan los Premios Lazarillo 2018". revistababar.com. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Andrea Maceiras gaña o XV Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña". Nós Diario. 30 de xuño de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 Redacción (30 de xuño de 2021). "Andrea Maceiras gaña o Raíña Lupa con «Que se me pare o corazón se te esquezo»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Niño y jaguar". edmilenio.com (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Proxecto Bolboreta". xerais.gal. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Violeta tamurana de Andrea Maciras". blogoteca.com. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ Nicolás, Ramón. "Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras". cadernodacritica. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Volverás golfiño". xerais.gal. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Europa Express". xerais.gal. Consultado o 03/11/2018.
- ↑ "Andrea Maceiras, Europa Express". palabradegatsby.com. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Europe Express". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "O que sei do silencio". trafegandoronseis. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "O que sei do silencio". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 02/03/2021. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-07.
- ↑ Nicolás, Ramón (2022-10-17). "Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras". Caderno da crítica. Consultado o 2022-10-17.
- ↑ Redacción (26 de agosto de 2015). "Andrea Maceiras: “Un premio como o Jules Verne é un pulo importante”". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ L., R. (4 de decembro de 2018). "La escritora gallega Andrea Maceiras gana el premio Lazarillo de creación literaria". farodevigo.es. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ Redacción (4 de decembro de 2018). "La coruñesa Andrea Maceiras gana el premio Lazarillo con la obra 'Rusgalía'". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Premio dos Clubs de Lectura 2020 para Andrea Maceiras". edu.xunta.gal.
- ↑ Redacción (7 de decembro de 2021). "La escritora Andrea Maceiras, premio Rosa dos Ventos 2021 del Instituto Santiago Apóstol". espanaexterior.com (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ G., N. (12 de marzo de 2022). "Andrea Maceiras, premio Anaya de literatura infantil y juvenil por su novela «Alma de elefante»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Andrea Maceiras gana el XIX Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil con Alma de elefante". anayainfantilyjuvenil.com (en castelán). 11 de marzo de 2022. Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Andrea Maceiras, ganadora en los Premios A con Alma de elefante". anayainfantilyjuvenil.com (en castelán). 4 de maio de 2023. Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Andrea Maceiras gana el CONCURSO DE NARRATIVA INFANTIL VILA D’IBI 2023". deconcursos.com (en castelán). 6 de decembro de 2023. Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Premios Follas Novas 2024". librarias.org. 1 de marzo de 2024. Consultado o 22 de xuño de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrea Maceiras |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha da autora en Xerais
- Alicia Martínez e Paula Moar (2018): Book tráiler (XVI): "Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras
- Ficha da autora na Editorial Anaya