Andre Agassi
Biografía | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Andre Kirk Agassi 29 de abril de 1970 (54 anos) Las Vegas, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||
Residencia | Las Vegas | ||||||||||||||||||||
Educación | American School of Correspondence (en) | ||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||
Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||
Lateralidade | destro | ||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1986–2006), autobiógrafo, empresario | ||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1986 - 2006 | ||||||||||||||||||||
Partido político | Partido Demócrata | ||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 31.152.975 $ | ||||||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||||||
Man de xogo | destro e revés a dúas mans | ||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||
2005 | Copa Davis de 2005 (pt) | ||||||||||||||||||||
2000 | Copa Davis de 2000 (pt) | ||||||||||||||||||||
1998 | Copa Davis de 1998 (pt) | ||||||||||||||||||||
1997 | Copa Davis de 1997 (pt) | ||||||||||||||||||||
1996 | tennis at the 1996 Summer Olympics – men's singles (en) (medalla de ouro olímpica) | ||||||||||||||||||||
1995 | Copa Davis de 1995 (pt) | ||||||||||||||||||||
1993 | Copa Davis de 1993 (pt) | ||||||||||||||||||||
1992 | Copa Davis de 1992 (pt) | ||||||||||||||||||||
1991 | Copa Davis de 1991 (pt) | ||||||||||||||||||||
1990 | Copa Davis de 1990 (pt) | ||||||||||||||||||||
1989 | Copa Davis de 1989 (pt) | ||||||||||||||||||||
1988 | Copa Davis de 1988 (pt) | ||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Steffi Graf (2001–) Brooke Shields (1997–1999), divorcio | ||||||||||||||||||||
Fillos | Jaden Gil Agassi () Steffi Graf Jaz Elle Agassi () Steffi Graf | ||||||||||||||||||||
Pais | Emmanuel Agassi e Elizabeth Agassi | ||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Obálky knih, | ||||||||||||||||||||
Andre Kirk Agassi, nado en Las Vegas (Nevada) o 29 de abril de 1970, é un xogador de tenis estadounidense xa retirado que gañou máis de 25 millóns de dólares en premios e foi número 1 na clasificación mundial.
Biografía
[editar | editar a fonte]Os comezos
[editar | editar a fonte]Agassi é descendente de armenios, aínda que naceu e creceu nas Vegas, Estados Unidos, onde vive. Seu pai, Emmanuel "Mike" Agassi, participou nos Xogos Olímpicos de 1948 e 1952 representando a Irán en boxeo. Tras emigrar aos Estados Unidos, acurtou o seu apelido armenio de Agassian a Agassi. O seu máximo ídolo é Nicolas Almiron.
Fanático do tenis, Mike Agassi estaba determinado a facer todo o posible para que algún dos seus catro fillos fose un xogador de sona, e agasalloulle a súa primeiro raqueta a Andre cando este fixo os dous anos. Na nenez, Andre petaba en preto de 3000 bólas ao día, os 7 días da semana. Cando fixo os 14, enviárono á academia de Nick Bolletieri en Florida, e converteuse en xogador profesional aos 16. Foi o xogador máis novo en superar a marca dun millón de dólares en premios, en decembro de 1988, tras só 43 torneos.
Cando mozo, Andre lucía unha imaxe rebelde, que desafiaba os aspectos máis conservadores do tenis: pelo longo, un aro, roupas de cores... O eslogan dunha campaña de publicidade que o tiña como protagonista, "a imaxe éo todo", converteuse tamén no lema de Agassi.
O 19 de abril de 1997, Andre casou con Brooke Shields tras catro anos de noivado. En febreiro dese ano, demandaran o National Enquirer por publicar ruxerruxes falsos sobre Shields. Cando Brooke e a súa nai solicitaron a Agassi a firma dun acordo prenupcial, o tenista rexeitouno, pero o que apareceu nos titulares foi un indicio do que viría despois. Agassi pediu o divorcio, que lle foi concedido o 9 de abril de 1999.
O apoxeo: crise e recuperación
[editar | editar a fonte]Desde que Rod Laver gañara o Grand Slam en 1969 non houbera tenista masculino ningún que o fixera, e foi Andre Agassi o único tenista que, desde esa data, gañou os catro torneos do Grand Slam. Como non os acadou no mesmo ano chámaselle Grand Slam de carreira. Os torneos foron: Aberto de Australia (1995, 2000, 2001 e 2003), Torneo de Roland Garros (1999), Torneo de Wimbledon (1992) e Aberto dos Estados Unidos (1994 e 1999). Como ademais gañou a medalla de ouro olímpica en 1996, el e Rafael Nadal son os únicos tenistas masculinos que gañaron o denominado Golden Slam (os catro torneos do Grand Slam e mais o ouro olímpico).
En novembro de 1997, descendera ao lugar 141 do ránquin mundial, e o seu matrimonio estaba en crise. Logo da separación, volveuse a dedicar ao tenis con todas as enerxías: rapou a cabeza, comezou un rigoroso programa de adestramento co que recuperou o nivel de xogo e incorporouse rapidamente ao grupo dos mellores tenistas.
Cando lle recoñeceron o divorcio, Agassi xa estaba a saír con Steffi Graf. Casaron o 22 de outubro de 2001 no seu fogar, sendo as súas nais as únicas testemuñas da unión. O seu primeiro fillo, Jaden Gil, naceu 6 semanas prematuro o 26 de outubro. Jaz Elle, a filla, naceu o 3 de outubro de 2003.
O 24 de xuño de 2006, logo de vinte anos de actividade profesional, anunciou o seu retiro. O 28 de agosto de 2006 comezou o que sería o seu último torneo, o Aberto dos Estados Unidos.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Vitorias no Grand Slam (8)
[editar | editar a fonte]Ano | Campionato | Rival na final | Resultado na final |
1992 | Wimbledon | Goran Ivanišević | 6-7, 6-4, 6-4, 1-6, 6-4 |
1994 | Aberto dos Estados Unidos | Michael Stich | 6-1, 7-6, 7-5 |
1995 | Aberto de Australia | Pete Sampras | 4-6, 6-1, 7-6, 6-4 |
1999 | Torneo de Roland Garros | Andrei Medvedev | 1-6, 2-6, 6-4, 6-3, 6-4 |
1999 | Aberto dos Estados Unidos | Todd Martin | 6-4, 6-7, 6-7, 6-3, 6-2 |
2000 | Aberto de Australia | Evgueni Kafelnikov | 3-6, 6-3, 6-2, 6-4 |
2001 | Aberto de Australia | Arnaud Clément | 6-4, 6-2, 6-2 |
2003 | Aberto de Australia | Rainer Schüttler | 6-2, 6-2, 6-1 |
Finalista do Grand Slam (7)
[editar | editar a fonte]Ano | Campionato | Rival na final | Resultado na final |
1990 | Roland Garros | Andrés Gómez | 3-6, 6-2, 4-6, 4-6 |
1990 | Aberto dos Estados Unidos | Pete Sampras | 4-6, 3-6, 2-6 |
1991 | Roland Garros | Jim Courier | 6-3, 4-6, 6-2, 1-6, 4-6 |
1995 | Aberto dos Estados Unidos | Pete Sampras | 4-6, 3-6, 6-4, 5-7 |
1999 | Wimbledon | Pete Sampras | 3-6, 4-6, 5-7 |
2002 | Aberto dos Estados Unidos | Pete Sampras | 3-6, 4-6, 7-5, 4-6 |
2005 | Aberto dos Estados Unidos | Roger Federer | 3-6, 6-2, 6-7, 1-6 |
Títulos (61)
[editar | editar a fonte]Individuais (60)
[editar | editar a fonte]Lenda |
Grand Slam (8) |
Tennis Masters Cup (1) |
Xogos Olímpicos (1) |
ATP Masters Series (17) |
ATP Tour (33) |
Nº | Data | Torneo | Superficie | Rival na final | Resultado |
---|---|---|---|---|---|
1. | 23 de novembro de 1987 | Itaparica, Brasil | Dura | Luiz Mattar | 7-6 6-2 |
2. | 15 de febreiro de 1988 | Memphis, Estados Unidos | Dura | Mikael Pernfors | 6-4 6-4 7-5 |
3. | 25 de abril de 1988 | Charleston, Estados Unidos | Terra batida | Jimmy Arias | 6-2 6-2 |
4. | 2 de maio de 1988 | Forest Hills, Estados Unidos | Terra batida | Slobodan Zivojinovic | 7-5 7-6 7-5 |
5. | 11 de xullo de 1988 | Stuttgart, Alemaña | Terra batida | Andrés Gómez | 6-4 6-2 |
6. | 25 de xullo de 1988 | Stratton, Estados Unidos | Dura | Paul Annacone | 6-2 6-4 |
7. | 15 de agosto de 1988 | Livingston, Estados Unidos | Dura | Jeff Tarango | 6-2 6-4 |
8. | 2 de outubro de 1989 | Orlando, Estados Unidos | Dura | Brad Gilbert | 6-2 6-1 |
9. | 5 de febreiro de 1990 | San Francisco, Estados Unidos | Moqueta | Todd Witsken | 6-1 6-3 |
10. | 12 de marzo de 1990 | Miami, Estados Unidos | Dura | Stefan Edberg | 6-1 6-4 6 6-2 |
11. | 16 de xullo de 1990 | Washington, D.C., Estados Unidos | Dura | Jim Grabb | 6-1 6-4 |
12. | 12 de novembro de 1990 | Tennis Masters Cup, Frankfurt, Alemaña | Moqueta | Stefan Edberg | 5-7 7-6 7-5 6-2 |
13. | 1 de abril de 1991 | Orlando, Estados Unidos | Dura | Derrick Rostagno | 6-2 1-6 6-3 |
14. | 15 de xullo de 1991 | Washington, Estados Unidos | Dura | Petr Korda | 6-3 6-4 |
15. | 27 de abril de 1992 | Atlanta, Estados Unidos | Terra batida | Pete Sampras | 7-5 6-4 |
16. | 22 de xuño de 1992 | Wimbledon | Herba | Goran Ivanišević | 6-7 6-4 6-4 1-6 6-4 |
17. | 20 de xullo de 1992 | Toronto, Canadá | Dura | Ivan Lendl | 3-6 6-2 6-0 |
18. | 1 de febreiro de 1993 | San Francisco, Estados Unidos | Dura | Brad Gilbert | 6-2 6-7 6-2 |
19. | 22 de febreiro de 1993 | Scottsdale, Estados Unidos | Dura | Marcos Ondruska | 6-2 3-6 6-3 |
20. | 21 de febreiro de 1994 | Scottsdale, Estados Unidos | Dura | Luiz Mattar | 6-4 6-3 |
21. | 25 de xullo de 1994 | Toronto, Canadá | Dura | Jason Stoltenberg | 6-4 6-4 |
22. | 29 de agosto de 1994 | Aberto de Estados Unidos | Dura | Michael Stich | 6-1 7-6 7-5 |
23. | 17 de outubro de 1994 | Viena, Austria | Moqueta | Michael Stich | 7-6 4-6 6-2 6-3 |
24. | 31 de outubro de 1994 | París, Francia | Moqueta | Marc Rosset | 6-3 6-3 4-6 7-5 |
25. | 16 de xaneiro de 1995 | Aberto de Australia | Dura | Pete Sampras | 4-6 6-1 7-6 6-4 |
26. | 6 de febreiro de 1995 | San José, Estados Unidos | Dura | Michael Chang | 6-2 1-6 6-3 |
27. | 13 de marzo de 1995 | Miami, Estados Unidos | Dura | Pete Sampras | 3-6 6-2 7-6 |
28. | 17 de xullo de 1995 | Washington, D.C., Estados Unidos | Dura | Stefan Edberg | 6-4 2-6 7-5 |
29. | 24 de xullo de 1995 | Montreal, Canadá | Dura | Pete Sampras | 3-6 6-2 6-3 |
30. | 7 de agosto de 1995 | Cincinnati, Estados Unidos | Dura | Michael Chang | 7-5 6-2 |
31. | 14 de agosto de 1995 | New Haven, Estados Unidos | Dura | Richard Krajicek | 3-6 7-6 6-3 |
32. | 18 de marzo de 1996 | Miami, Estados Unidos | Dura | Goran Ivanišević | 3-0 40-0 |
33. | 22 de xullo de 1996 | Xogos de Atlanta, Estados Unidos | Dura | Sergi Bruguera | 6-2 6-3 6-1 |
34. | 5 de agosto de 1996 | Cincinnati, Estados Unidos | Dura | Michael Chang | 7-6 6-4 |
35. | 9 de febreiro de 1998 | San José, Estados Unidos | Dura | Pete Sampras | 6-2 6-4 |
36. | 2 de marzo de 1998 | Scottsdale, Estados Unidos | Dura | Jason Stoltenberg | 6-4 7-6 |
37. | 20 de xullo de 1998 | Washington, D.C., Estados Unidos | Dura | Scott Draper | 6-2 6-0 |
38. | 27 de xullo de 1998 | Os Ánxeles, Estados Unidos | Dura | Tim Henman | 6-4 6-4 |
39. | 19 de outubro de 1998 | Ostrava, Chequia | Moqueta | Jan Kroslak | 6-2 3-6 6-3 |
40. | 5 de abril de 1999 | Hong Kong | Dura | Boris Becker | 6-7 6-4 6-4 |
41. | 24 de maio de 1999 | Torneo de Roland Garros, Francia | Terra batida | Andrei Medvedev | 1-6 2-6 6-4 6-3 6-4 |
42. | 16 de agosto de 1999 | Washington, D.C., Estados Unidos | Dura | Evgueni Kafelnikov | 7-6 6-1 |
43. | 30 de agosto de 1999 | Aberto de Estados Unidos | Dura | Todd Martin | 6-4 6-7 6-7 6-3 6-2 |
44. | 1 de novembro de 1999 | París, Francia | Moqueta | Marat Safin | 7-6 6-2 4-6 6-4 |
45. | 17 de xaneiro de 2000 | Aberto de Australia | Dura | Evgueni Kafelnikov | 3-6 6-3 6-2 6-4 |
46. | 15 de xaneiro de 2001 | Aberto de Australia | Dura | Arnaud Clément | 6-4 6-2 6-2 |
47. | 12 de marzo de 2001 | Indian Wells, Estados Unidos | Dura | Pete Sampras | 7-6 7-5 6-1 |
48. | 19 de marzo de 2001 | Miami, Estados Unidos | Dura | Jan-Michael Gambill | 7-6 6-1 6-0 |
49. | 23 de xullo de 2001 | Os Ánxeles, Estados Unidos | Dura | Pete Sampras | 6-4 6-2 |
50. | 4 de marzo de 2002 | Scottsdale, Estados Unidos | Dura | Juan Balcells | 6-2 7-6 |
51. | 18 de marzo de 2002 | Miami, Estados Unidos | Dura | Roger Federer | 6-3 6-3 3-6 6-4 |
52. | 6 de maio de 2002 | Roma, Italia | Terra batida | Tommy Haas | 6-3 6-3 6-0 |
53. | 22 de xullo de 2002 | Os Ánxeles, Estados Unidos | Dura | Jan-Michael Gambill | 6-2 6-4 |
54. | 14 de outubro de 2002 | Madrid, España | Dura | Jiri Novak | W/O |
55. | 13 de xaneiro de 2003 | Aberto de Australia | Dura | Rainer Schuettler | 6-2 6-2 6-1 |
56. | 10 de febreiro de 2003 | San José, Estados Unidos | Dura | Davide Sanguinetti | 6-3 6-1 |
57. | 17 de marzo de 2003 | Miami, Estados Unidos | Dura | Carles Moyá | 6-3 6-3 |
58. | 21 de abril de 2003 | Houston, Estados Unidos | Terra batida | Andy Roddick | 3-6 6-3 6-4 |
59. | 2 de agosto de 2004 | Cincinnati, Estados Unidos | Dura | Lleyton Hewitt | 6-3 3-6 6-2 |
60. | 31 de xullo de 2005 | Os Ánxeles, Estados Unidos | Dura | Gilles Muller | 6-4 7-5 |
Títulos de dobres (1)
[editar | editar a fonte]Nº | Data | Torneo | Superficie | Parella | Rivais na final | Resultado |
---|---|---|---|---|---|---|
1. | 16 de agosto de 1993 | Cincinnati, EUA | Dura | Petr Korda | Stefan Edberg / | Henrik Holm | 7-6 6-4 |
Clasificación en torneos do Grand Slam
[editar | editar a fonte]Torneo | 2006 | 2005 | 2004 | 2003 | 2002 | 2001 | 2000 | 1999 | 1998 | 1997 | 1996 | 1995 | 1994 | 1993 | 1992 | 1991 | 1990 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aberto de Australia | - | QF | SF | W | - | W | W | 4r | 4r | - | SF | W | - | - | - | - | - |
Torneo de Roland Garros | - | 1r | 1r | QF | QF | QF | 2r | W | 1r | - | 2r | QF | 2r | - | SF | F | F |
Wimbledon | 3r | - | - | 4r | 2r | SF | SF | F | 2r | - | 1r | SF | 4r | QF | W | QF | - |
Aberto dos Estados Unidos | F | QF | SF | F | QF | 2r | W | 4r | 4r | SF | F | W | 1r | QF | 1r | F |
Torneo | 1989 | 1988 | 1987 | 1986 | Acumulado |
---|---|---|---|---|---|
Aberto de Australia | - | - | - | - | 4 |
Roland Garros | 3r | SF | 2r | - | 1 |
Wimbledon | - | - | 1r | - | 1 |
Aberto dos Estados Unidos | SF | SF | 1r | 1r | 2 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.agassiopen.comArquivado 23 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1970
- Nados en Las Vegas
- Campións do Roland Garros
- Campións do US Open
- Campións do Open de Australia
- Campións do Campionato de Wimbledon
- Tenistas olímpicos dos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas olímpicos en tenis
- Estadounidenses de ascendencia armenia
- Tenistas nos Xogos Olímpicos de 1996