Martes (bioloxía)
Martes | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Martes martes | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Ver texto |
Martes é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos mustélidos, que inclúe a marta e a garduña. Estes animais son carnívoros e semidixitígrados e teñen unha pel moi apreciada. A súa xestación dura 2 meses, tendo de media 2 ou 3 fillos. Xa chegou a ser centenas e millares na Europa, mais foron cazadas por mor da súa pel, que estánse a converter nunha especie rara. Capturar un mustélido é relativamente fácil, xa que basta con colocar un obxecto brillante no seu niño, que ela rematará caendo na rede. É un animal solitario que vive en lugares rochosos e arborizados, de difícil acceso, o que torna a súa situación de conservación en pouco preocupante. Ten o costume de demarcar o seu territorio cun rastro de secreción das glándulas anais, como fai a doniña, a súa parente máis próxima.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O substantivo marta deriva do termo da lingua gótica marthus.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Adoita comer esquíos, coellos, ratos e aves pequenas.
Apareamento
[editar | editar a fonte]A época de apareamento vai de xullo a agosto. Dous meses despois a femia pare 2 a 3 crías nun niño de esquío ou nunha bifurcación de árbore. A pesar de abandonar a súa cría para aparear de novo, volta sempre para coidar das crías. A cría permanece no niño durante dous meses.
Especies
[editar | editar a fonte]- Martes americana - marta americana.
- Martes flavigula - marta de garganta amarela.
- Martes foina - garduña.
- Martes gwatkinsii - marta de Nilgiri.
- Martes martes - marta.
- Martes melampus - marta xaponesa.
- Martes pennanti - marta mariñeira.
- Martes zibellina - marta cibelina.