Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

María Vitoria dal Pozzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Vitoria dal Pozzo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1847 Editar o valor en Wikidata
París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de novembro de 1876 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Sanremo (Reino de Italia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Superga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque de Aosta (1863–1876)
Princesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Savoia e House of dal Pozzo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAmadeu I de España (1867–1876) Editar o valor en Wikidata
FillosManuel Filiberto de Savoia-Aosta, Prince Vittorio Emanuele, Count of Turin, Luís Amadeu de Saboia Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos Emanuel dal Pozzo Editar o valor en Wikidata  e Louise de Mérode Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1015027 WikiTree: Pozzo-10 Find a Grave: 89097325 Editar o valor en Wikidata
María Vitoria co seu esposo, Amadeu de Savoia.
María Vitoria de España.

María Vitoria dal Pozzo della Cisterna, nada en París o 9 de agosto de 1847 e finada en San Remo o 8 de novembro de 1876, foi raíña consorte de España e duquesa consorte de Aosta, polo seu matrimonio con Amadeu de Savoia.

Naceu en París, o 9 de agosto de 1847, sendo a filla primoxénita de Carlo Emanuele dal Pozzo, V príncipe da Cisterna, e de Luísa Carolina Ghislaine de Mérode, condesa de Mérode-Westerloo. A súa familia paterna era unha antiga familia aristocrática orixinaria do Reino de Sardeña, principalmente de Biella, mentres que por parte materna, os condes de Mérode-Westerloo, estaba emparentada cos Grimaldi de Mónaco. O Príncipe Soberano Alberte I de Mónaco era primo irmán seu. Gozou dunha formación moi completa grazas aos medios da súa familia, e falaba seis idiomas.[1] María residía cos seus pais e irmá a maior parte do tempo no Palacio della Cisterna, en Turín, e tamén no Castelo de Reano, onde recibiu a súa primeira comuñón e veraneaba coa súa familia.[2]

Trala morte do seu pai, senador do Reino de Sardeña desde 1848 (Senato Subalpino), acaecida en Turín, o 26 de marzo de 1864, a súa nai perdeu o xuízo e negouse a enterrar o cadáver do seu esposo, pasando as noites velando o corpo acompañada das súas dúas fillas (a diferenza de idade dos cónxuxes era de 32 anos).[3][4] Como consecuencia, a súa filla pequena, Beatrice Giuseppa Antonia Luisa (1851–1864), morrería un mes despois, o 27 de abril, de tifo, agravado por consumición emocional. A morte de Beatrice non fixo máis que incrementar o desequilibrio da condesa de Mérode-Westerloo, que ordenou pechar baixo sete chaves o Palacio della Cisterna de Turín, a súa residencia familiar, e rodeou á súa filla de rigoroso loito e silencio que só rompeu cando María coñeceu ao que se convertería no seu esposo, o príncipe Amadeu, I duque de Aosta.

Matrimonio e reinado

[editar | editar a fonte]

María contraeu matrimonio co príncipe Amadeu de Savoia, I duque de Aosta, o 30 de maio de 1867, na capela do Palacio Real de Turín.[5] Ao ser Amadeu fillo do rei de Italia, Vitor Manuel II, tras o anuncio do seu compromiso, María e a súa nai recibiron por real decreto do 19 de febreiro de 1867 o tratamento da súa Alteza.[6] Ademais, en honra ao rei, María engadiu ao seu nome o de Vittoria. Tras a súa voda, o seu nome pasou a ser A súa Alteza Real, a Princesa Maria Vittoria de Italia, duquesa de Aosta.

Foi raíña consorte de España entre 1870 e 1873, cando o seu marido ocupou o trono vacante que lle ofreceu o xeneral Juan Prim antes do asasinato deste. Ao chegar, hispanizou o seu nome e o do seu tres fillos, que chegaron a ostentar as dignidades de príncipe de Asturias e infantes de España, respectivamente.

A raíña causa nos deputados españois mellor impresión que o seu esposo. Recibiron a agradable sorpresa de comprobar que a nova soberana saudoulles e conversou con eles en correcto castelán, sen apenas acento. Víctor Balaguer escribe sobre ela:

Pouco coñecida en España pola falta de consolidación política e pola brevidade do reinado de don Amadeu, a raíña María Vitoria foi, no seu tempo, obxecto de respecto polo seu comportamento exemplar e discreción. Os seus dous fillos maiores naceron en Italia, mentres que o menor naceu en Madrid. Na capital española centrou todos os seus esforzos nas diversas obras de caridade típicas dos consortes da época, e xamais se interesou en política. Chegou a inaugurar, grazas á súa achega económica, a primeira gardaría infantil que se abriu en España, dedicada aos fillos das lavandeiras que traballaban nas ribeiras do río Manzanares. Inaugurouse co nome de «Casa do Príncipe», baixo o padroado do príncipe de Asturias, quen dedicou a súa asignación como herdeiro a devandita obra.[7] Era alcumada «a Virtuosa».

María Vitoria nunca esqueceu facer numerosos legados para obras benéficas, e a través da escritora española Concepción Arenal, que actuou como intermediaria, seguiu até o último instante da súa vida mandando moitas axudas para españois necesitados, coa esixencia de que os donativos se fixesen anonimamente. Durante longos meses, Concepción Arenal recibiu frecuentes xiros de diñeiro con notas asinadas por V.P.M., iniciais de Vitoria dal Pozzo Mérode.[8]

Nunha ocasión, María Vitoria escribiu a unha amiga española:

Orde Civil de María Vitoria

[editar | editar a fonte]

Durante o seu reinado como consorte creouse a Orde Civil de María Vitoria, instituída por Real Decreto de 7 de xullo de 1871, que premiaba os eminentes servizos prestados á instrución pública, ben creando, dotando ou mellorando establecementos de ensino, publicando obras científicas, literarias ou artísticas de recoñecido mérito, ou fomentando de calquera outro modo as ciencias, as artes, a literatura ou a industria. Nestas datas, o ministro de Fomento era Manuel Ruiz Zorrilla, que foi grande impulsor da creación desta orde.

A Orde Civil de María Vitoria tivo unha vida moi curta sendo disolta tras a proclamación da Primeira República por Decreto de 7 de maio de 1873, que leva a firma do entón ministro de Fomento Eduardo Chao Fernández.[9]

Entre outros prohombres da época aos que se lle outorgaron esta condecoración destacan na súa clase de Gran Cruz: Juan Manuel de Manzanedo, Hilarión Eslava, Rafael Martínez Molina, Cesáreo Fernández, Juan Eugenio Hartzenbusch, Juan Valera, Anxo Fernández dos Ríos, José Zorrilla, Emilio Arrieta, Francisco Asenjo Barbieri, Segismundo Moret, Antonio Bergnes das Casas, Antonio Romeu, Ramón de Campoamor, Adelardo López de Ayala, Federico de Madrazo, Santiago Diego de Madrazo, Patricio da Escosura, Luís da Escosura, Nicolás María Rivero, Miguel Colmeiro, Eulogio Florentino Sanz, Juan de Ariza ou Francisco Jareño.[10][11][12][13][14][15]

Esta orde (algo pouco usual para a época) non era exclusivamente masculina, pois lles foi concedida a dúas mulleres a cruz de segunda clase; unha delas foi María Báscuas e Colón, profesora de primeiro ensino en Pontevedra, que publicou un tratado de Aritmética para uso das escolas de instrución primaria, obra na súa clase de recoñecida importancia.[16]

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Tivo tres fillos con Amadeu de Savoia:

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Tras a caída da monarquía savoiana en España, a raíña partiu ao exilio por Portugal, poucos días despois de dar a luz ao seu último fillo. Faleceu en Vila Dufour, San Remo, aos vinte e nove anos, consumida pola tuberculose. Foi enterrada na Basílica de Superga de Turín.

Títulos e estilos

[editar | editar a fonte]
  • 9 de agosto de 184726 de marzo de 1864: Donna Maria dal Pozzo della Cisterna.
  • 26 de marzo de 1864 – 19 de febreiro de 1867: Donna Maria dal Pozzo della Cisterna, VI princesa da Cisterna e de Belriguardo.[17]
  • 19 de febreiro de 1867 – 30 de maio de 1867: A súa Alteza, Maria Vittoria dal Pozzo della Cisterna, VI princesa da Cisterna e de Belriguardo.
  • 30 de maio de 1867 – 6 de novembro de 1870: A súa Alteza Real, a princesa Maria Vittoria de Italia, duquesa de Aosta.
  • 6 de novembro de 1870 – 11 de febreiro de 1873: A súa Maxestade, a raíña María Vitoria de España.
  • 11 de febreiro de 1873 – 8 de novembro de 1876: A súa Alteza Real, a duquesa de Aosta.

Por matrimonio, María Vitoria ostentou os títulos de Duquesa consorte de Aosta e de Raíña consorte de España, pero ademais, tras a morte do seu pai en 1864, herdou a extensa lista de títulos deste. Desa maneira, foi ademais:

  • VI Princesa de La Cisterna
  • VI Princesa de Belriguardo
  • VII Marquesa de Voghera
  • VII Condesa de Reano
  • IX Condesa de Ponderano
  • IX Condesa de Bonvicino
  • VII Condesa de Neive
  • VII Condesa de Perno
  • Señora de Quagliuzzo, Grinzane e Vestignè
  • Co-Señora de Romagnano, Borriana, Beatino, Strambinello, Quaregna, Cerretto e Castellengo.[18]

Por mor da morte de María Vitoria, os seus propios títulos reverteron á Coroa de Italia, pola súa pertenza á Casa de Savoia, e fóronse herdando xunto ao Ducado de Aosta.[3] A día de hoxe, Amadeu III de Savoia-Aosta, V duque de Aosta e Xefe da Casa de Savoia-Aosta, utiliza os títulos máis característicos transmitidos por María Vitoria: o principado da Cisterna e de Belriguardo, o marquesado de Voghera e condado de Ponderano.

Distincións honoríficas

[editar | editar a fonte]
  • Soberana Gran Mestre da Orde Civil de María Vitoria (Reino de España, 07/07/1871).[10]
  • Dama da Orde da Cruz Estrelada (Imperio Austrohúngaro).[19]
  • Dama Gran Cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (Reino de Italia).[19]

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
  1. "El Cultural". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2013. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  2. GALLARDO, CARMEN.
  3. 3,0 3,1 Carlo Emanuele dal Pozzo
  4. BALANSÓ, JUAN: Las Coronas Huecas.
  5. Geneall
  6. Maria Vittoria, Il sogno di una principessa in un regno di fuoco (en italiano)
  7. Revues.org
  8. "Mujeres de leyenda". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2012. Consultado o 11 de decembro de 2012. 
  9. Gaceta de Madrid
  10. 10,0 10,1 "Orden Civil de María Victoria". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  11. "Biblioteca Digital" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  12. "Bne" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  13. "Universidad Complutense de Madrid". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  14. "Biblioteca Digital" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  15. República de Motril
  16. Boletín Oficial del Estado
  17. Fecha de concesión del tratamiento de Su Alteza Real
  18. Dal Pozzo
  19. 19,0 19,1 Nobleza Mediterránea

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Francisco de Asís de Borbón
(Rei consorte)

Raíña consorte de España

16 de novembro de 187011 de febreiro de 1873
Sucesor:
María das Mercedes de Orleáns
Predecesor:
Nova creación

Duquesa consorte de Aosta

30 de maio de 18678 de novembro de 1876
Sucesor:
María Leticia Bonaparte, Princesa Napoleón