4 de agosto
Aparencia
<< | Agosto | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
2024 Todos os días |
O 4 de agosto é o 216º día do ano do calendario gregoriano e o 217º nos anos bisestos. Quedan 149 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 886 - Á morte de Muhammad I, o seu fillo Al-Mundir é nomeado, en Córdoba, sexto emir omeia.
- 1704 - Unha escuadra inglesa toma Xibraltar ao sur de España
- 1789 - En Francia a Asemblea Nacional da Revolución francesa abole os privilexios da nobreza e do réxime feudal.
- 1883 - Chega á Coruña o primeiro tren directo desde Madrid, quedando así Galicia comunicada por ferrocarril coa meseta. A inauguración oficial atrasouse a setembro pois este tren do 4 de agosto foi unha proba [1].
- 1897 - Descóbrese a Dama de Elx, escultura singular da arte ibera.
- 1907 - Primeiro número da cabeceira A Nosa Terra
- 1909 - En España suprímese a redención do servizo militar por diñeiro.
- 1914 - Primeira guerra mundial: o Reino Unido decláralle a guerra á Alemaña
- 1984 - O Alto Volta, na África, muda o seu nome a Burkina Faso
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1794 - Josef Proksch, pianista e compositor checo de ascendencia alemá.
- 1834 - John Venn, matemático británico (m. 1923).
- 1859 - Knut Hamsun, escritor noruegués (m. 1952).
- 1901 - Louis Armstrong, trompetista de jazz estadounidense.
- 1909 - Xosemaría Pérez Parallé, mestre e escritor galego (m. 1987).
- 1929 - Iaser Arafat, líder palestino (m. 2004).
- 1948 - Vítor Vaqueiro, escritor e fotógrafo galego.
- 1959 - Blanca Andreu, poeta galega en lingua española.
- 1960 - José Luis Rodríguez Zapatero, político español.
- 1961 - Barack Obama, presidente dos Estados Unidos de América.
- 1963 - Dolores Vilavedra, profesora de Literatura galega.
- 1975 - Harkaitz Cano, escritor vasco.
- 1988 - Tom Parker, cantante británico e disc jockey (The Wanted)
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1526 - Juan Sebastián Elcano, mariñeiro e explorador vasco que participou na primeira expedición que deu a volta á Terra, como capitán desde a morte de Magalhães en 1521.
- 1875 - Hans Christian Andersen, escritor dinamarqués.
- 1941 - Mihály Babits, escritor húngaro (n. 1883).
- 1976 - Enrique Angelelli, bispo católico arxentino (n. 1923).
- 1977 - Ernst Bloch, filósofo alemán.
- 1977 - Edgar Douglas Adrian, fisiólogo británico (n. 1889).
- 1986 - Mercedes Núñez Targa, política republicana española (n. 1911).
- 1994 - Giovanni Spadolini, político italiano (n. 1925).
- 1998 - Carmen Delia Dipiní, cantante portorriqueña (n. 1927).
- 2005 - Little Milton, cantante e guitarrista estadounidense.
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Xoán María Vianney (O Santo Cura de Ars).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ”El primer tren directo de Madrid llegó hace 125 años”, en La Voz de Galicia 4.08.2008.