Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ángel Nieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngel Nieto

(1972) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ángel Nieto Roldán Editar o valor en Wikidata
25 de xaneiro de 1947 Editar o valor en Wikidata
Zamora, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de agosto de 2017 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Eivissa, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaccidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Outros nomes12+1 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo, director de equipo, comentarista deportivo Editar o valor en Wikidata
DeporteMotociclismo de velocidade Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosÁngel Nieto Jr., Pablo Nieto Editar o valor en Wikidata
ParentesFonsi Nieto, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webfundacionangelnieto.org Editar o valor en Wikidata
Facebook: groups/334250317017569 Twitter: anieto_oficial Instagram: fundacionangelnieto BNE: XX1048389 Editar o valor en Wikidata

Ángel Nieto Roldán nado en Zamora o 25 de xaneiro de 1947 e finado en Eivissa o 3 de agosto de 2017[1], foi un piloto de motociclismo español que chegou a conquistar 13 campionatos do mundo en diferentes categorías na disciplina de velocidade.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Zamora, cando só contaba cun ano de vida os seus pais trasládanse a Madrid, onde comeza o seu percorrido deportivo aos 13 anos, en carreiras de afeccionados. Sen medios para adquirir unha motocicleta coa que participar en competicións oficiais, trasládase a Barcelona, conseguindo entrar en Bultaco. Despedido por abandonar sen permiso o posto de traballo, logra entrar en Ducati, onde permanece ano e medio, competindo no equipo Derbi-Zippo. Aos 16 anos, entra no departamento de probas de Derbi, e pouco despois consegue unha motocicleta de 50 cc. Case sen experiencia, gaña en 1969 os seus dous primeiros Grandes Premios. Iniciase así unha traxectoria por diferentes equipos: Derbi, Morbidelli, Kreidler, Minarelli, Garelli e Bultaco), que ten o seu fin en 1986, obtendo seis Campionatos do Mundo en 50 cc (1969, 1970, 1972, 1975, 1976 e 1977), sete en 125 cc (1971, 1972, 1979, 1981, 1982, 1983 e 1984) e catro subcampionatos. Durante os case vinte anos, gañou 90 grandes premios (27 en 50cc, 62 en 125cc e 1 en 80cc) e 23 Campionatos de España en diferentes cilindradas. Porén non tivo moito éxito na súa incursión en cilindradas superiores, como en 250cc.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1975, causou con Pepa Aguilar con quen tivo 2 fillos, Ángel Nieto Jr (1976) e Pablo Nieto (1980). Separáronse 15 anos despois, ao coñecer á pilota Belinda Alonso, coa que tivo o seu terceiro fillo, Hugo (1999). E o tío tamén do piloto Fonsi Nieto (1978).

Retirada do motociclismo

[editar | editar a fonte]

Logo da súa retirada do motociclismo activo, a principios de 1987 formou o equipo "Team Ducados Ángel Nieto", do que formaron parte Carlos Cardús, Alberto Puig e Julian Miralles. O equipo foi disolto en outubro de 1988.

Foi desde este momento en que compaxinou a dirección deportiva coa de comentarista de televisión. En 1998 pasou a ser director técnico do Vía Digital Team. En 1999, un dos seus pilotos, o ilerdense Emilio Alzamora, gañou o Campionato do Mundo de 125 centímetros cúbicos.

Algúns dos seus familiares tamén seguen unidos ao motociclismo, como os fillos Gelete e Pablo, e o seu sobriño Fonsi que participan ou teñen participado en probas do campionato do mundo.

Ángel Nieto foi un supersticioso (triscaidecafobia). Foi coñecido por referirse a seus trece títulos mundiais como "doce máis un". Nos seus autógrafos e asinamentos aos afeccionados, firmaba como: "Ángel Nieto 12+1". Considerado un dos mellores pilotos do motociclismo español e un auténtico pioneiro, foi o mestre da nova rexeneración de pilotos españois que comezou a destacar na escena motociclista internacional a finais da década dos oitenta.

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Recibiu unha gran cantidade de galardóns ao longo da súa carreira. Os máis salientables son a Gran Cruz ao Mérito Civil, a Orde Olímpica e a Gran Cruz da Real Orde ao Mérito Deportivo. A comezos de febreiro de 1996 o Comité Olímpico Español presentouno como candidato ao Premio Príncipe de Asturias do Deporte. A cidade de Madrid dedicoulle un museo, o Museo Ángel Nieto (moi preto ao Parque de Enrique Tierno Galván), onde poden verse algunhas das súas motos, cascos e trofeos. Na súa cidade natal dedicáronlle unha rúa e un pavillón deportivo.

Accidente en quad e morte

[editar | editar a fonte]

O 26 de xullo de 2017, sufriu un grave accidente ao conducir un quad en Eivissa, e foi trasladado cara á Policlínica Nosa Señora do Rosario. Foi operado durante máis de dúas horas e quedou en "estado grave, pero non crítico", segundo fontes do mesmo recinto. Con todo, o 3 de agosto de 2017, a mesma policlínica informou de que a súa condición se deteriorou gravemente debido a un edema cerebral masivo. Morreu aquela tarde.[1]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]