Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Transfiguration pending
Saltar ao contido

Moshé Hess

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de xullo de 2005 ás 19:43 por 62.179.85.232 (conversa) (+picture)
Moses Hess

Moshé Hess(משה הס) (nado como Moritz Hess)(Bonn 1812 - París 1875) foi un precursor do que despois se coñecería como sionismo. As súas obras máis importantes son Roma e Xerusalén (1862), Historia santa da humanidade (1837) Triarquía europea (1841).
Hess recibiu unha educación relixiosa tradicional do seu avó, máis tarde estudou filosofía na Univesidade de Bonn e viviu en París como correspondente dun xornal socialista e viviu os acontecementos da comuna de París de 1848, amigo e colaborador de Karl Marx e Frederick Engels nesa época era partidario da asimilición dos xudeus, e seguramente foron seus certos lemas marxistas, como o que a relixión é o opio do pobo. Pero logo dunha estadía en Alemaña entre 1861 e 1863 cambia o seu pensamento, adopta o nome de Moshé (Moisés) en protesta contra o asimilacionismo. Na súa obra Roma e Xerusalén fai un chamadada a un rexurdir nacional xudeu en Xerusalén, inspirado no Risorgimento italiano que no seu momento non tivo éxito pero foi posteriormente recollido polo movemento sionista.