Marta Rosique
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1996 (28 anos) Barcelona, España |
Deputada de España | |
Representa: Esquerra Republicana de Catalunya - Sobiranistes 3 de decembro de 2019 – 16 de agosto de 2023 Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Barcelona | |
Deputada de España | |
16 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Pompeu Fabra |
Actividade | |
Lugar de traballo | Lliçà d'Amunt |
Ocupación | xornalista, política, activista política, profesora de ensino secundario |
Partido político | Esquerra Republicana de Catalunya |
Membro de | |
Marta Rosique i Saltor, nada en Barcelona o 16 de marzo de 1996, é unha xornalista, activista e política catalá.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse en xornalismo e estudou ciencias políticas na Universidade Pompeu Fabra. Foi membro do secretariado do Consell Nacional de la Joventut de Catalunya. Foi membro e voceira da plataforma Universitats per la República. É membro e secretaria de política e cooperación internacional das Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya.
Foi candidata ás Eleccións Xerais de abril de 2019 en España pola candidatura de Esquerra Republicana de Catalunya,[2] nas cales resultou elixida. O 21 de maio do mesmo ano foi nomeada deputada no Congreso dos Deputados, e formou parte da mesa de idade como deputada máis nova da Cámara Baixa.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Jardí, ed. (26 de abril de 2019). "Marta Rosique: “Hi ha por que el jovent s’organitzi”". Consultado o 19 de marzo de 2019.
- ↑ "Marta Rosique, candidata de Jovent Republicà per a les eleccions del 28-A". El Món. 4 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 19 de marzo de 2019.
- ↑ "Marta Rosique, la diputada d'ERC que s'asseu a la mesa d'edat amb una samarreta antifeixista". Diari Ara (en catalán). 21 de maio de 2019. Consultado o 21 de maio de 2019.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marta Rosique |