Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Transfiguration pending
Saltar ao contido

Illas Marianas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIllas Marianas
Mariana Islands (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoMariana de Austria Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 16°42′N 145°47′L / 16.7, 145.78
ProtectoradoNova Guinea alemá Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación201.165 (2020) Editar o valor en Wikidata (197,61 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.018 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico e North Pacific Ocean (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude965 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoAgrihan (965 m) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+10 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX456598

As Illas Marianas son un exemplo clásico dun arco volcánico, unha cadea de montañas ou illas volcánicas en arco, localizadas en zonas de subdución de placas tectónicas, neste caso, na rexión do océano Pacífico occidental onde a Placa do Pacífico se atopa coa Placa de Filipinas.

Atópanse a norte das Illas Carolinas, que forman os Estados Federados de Micronesia, a preto de 2000 km a norte de Nova Guinea e aproximadamente á mesma distancia de Filipinas, a suroeste, e do Xapón, a noroeste.

Son 15 illas, cunha orientación aproximada norte-sur, das cales a que fica máis ao sur, Guam é un territorio dos Estados Unidos de América e as restantes 14 forman o “Estado Libre Asociado” (ou Commonwealth) das Marianas do Norte, tamén dependentes dos Estados Unidos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Xeoloxía do Pacífico occidental na zona das Illas Marianas. As Illas Marianas están á dereita do mapa, ao leste do mar de Filipinas e xusto ao oeste da Fosa das Marianas no fondo do océano.

As Illas Marianas son a parte sur dunha cordilleira mergullada que se estende 2.519 km. desde Guam ata preto do Xapón. Xeograficamente, as Marianas forman parte dunha rexión máis grande chamada Micronesia, situada entre o 13° e o 21°N de latitude e o 144°E e 146°E de lonxitude.

As Illas Marianas teñen unha superficie total de 1 008 km2 (389 sq mi).[1] Están compostos por dúas unidades administrativas:

A cadea de illas consta xeograficamente de dous subgrupos, un grupo setentrional de dez illas principais volcánicas, todas están actualmente deshabitadas; e un grupo meridional de cinco illas de pedra calcaria coralina (Rota, Guam, Aguijan, Tinian e Saipan), todas habitadas excepto Aguijan. No grupo volcánico do norte alcánzase unha elevación máxima duns 820 metros, hai cráteres que mostran sinais de actividade e os terremotos son habituais. Os arrecifes de coral bordean as costas das illas do sur, teñen unha lixeira elevación.

O punto máis baixo da codia terrestre, a Fosa das Marianas, está preto das illas e recibe o seu nome.

As illas foron “descubertas” por Fernão de Magalhães en 1521, que as declarou colonia española e as apelidou de "Las Islas de los Ladrones", (Illas dos Ladróns), xa que despois de achegarse a elas coa súa frota debilitada polo escorbuto os nativos roubáronlles un dos botes dos barcos, a tripulación recuperouno despois de incendiar as vivendas dos habitantes das illas.[Cómpre referencia] En 1668 o nome das illas foi mudado para Las Marianas, en homenaxe a Mariana de Austria, viúva do rei Filipe IV de España.

Practicamente toda a poboación nativa foi exterminada durante o dominio español e, máis tarde, foron repoboadas por nativos doutras illas da Micronesia.[Cómpre referencia] A colonia española foi vendida á Alemaña en 1899 e tomada polos xaponeses en 1914, que a tornaron nunha zona militar. Durante a segunda guerra mundial, os “Marines” aterraron alí a 15 de xuño de 1944 e gañaron a Batalla de Saipan, que durou 3 semanas.

Despois da derrota do Xapón, as illas pasaron a ser administradas polos EUA, como parte do Protectorado das Illas do Pacífico das Nacións Unidas. Na década de 1970, os seus habitantes decidiron-se, non a favor da independencia, mais de lazos máis fortes cos EUA e, o 1 de xaneiro de 1978 foi aprobada a constitución do seu estatuto actual.

Relación de Illas das Marianas

[editar | editar a fonte]
Nome da illa Poboaciónn Municipio
ou territorio
Guam 159,358 Guam
Saipan 48,220 Saipan
Tinian 3,136 Tinian
Rota 2,477 Rota
Aguijan 0 Tinian
Farallón de Paxaros 0 Illas do Norte
Illas Maug 0 Illas do Norte
Asunción 0 Illas do Norte
Agrihan 0 Illas do Norte
Pagan 0 Illas do Norte
Alamagan 0 Illas do Norte
Guguan 0 Illas do Norte
Papaungan 0 Illas do Norte
Sarigan 0 Illas do Norte
Anatahan 0 Illas do Norte
Farallón de Medinilla 0 Illas do Norte

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]