Bienvenue à Marly-Gomont
Bienvenue à Marly-Gomont | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bienvenue à Marly-Gomont |
Director | Julien Rambaldi |
Produtor | Pauline Duhault Olivier Delbosc Marc Missonnier |
Guión | Julien Rambaldi Kamini Benoît Graffin |
Música | Emmanuel Rambaldi |
Fotografía | Yannick Ressigeac |
Montaxe | Stephane Pereira |
Estudio | E.D.I. Films Moana Films Curiosa Films Cinéfrance TF1 Films Production |
Distribuidora | Mars Films |
Estrea | 8 de xuño de 2016 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Comedia e drama |
Recadación | 4,4 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
Bienvenue à Marly-Gomont é un filme francés de 2016 dirixido por Julien Rambaldi. Está protagonizado por Marc Zinga e Aïssa Maïga.[2][3] Trata sobre a vida do pai do cantante Kamini Zantoko após se instalar coa súa familia en Francia.
Sinopse
[editar | editar a fonte]En 1975, despois de graduarse como doutor na universidade de Lille, Seyolo Zantoko decide mudarse coa súa familia a Francia dende Zaire (a actual República Democrática do Congo) para traballar como médico e obter así a cidadanía francesa.
Por mor dun malentendido coa súa dona e os seus fillos, que crían ir vivir a París, chegan á pequena vila rural de Marly-Gomont (en Aisne), o que lles causará moita desilusión e problemas, xa que estaban afeitos ás comodidades dunha capital como Kinshasa. A situación agravarase polo comportamento racista dos veciños, xa que son a única familia de orixe africana. Seyolo tenterá integrarse na comunidade para gañar a súa confianza e que lle deixen exercer como médico.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Marc Zinga como Seyolo Zantoko
- Aïssa Maïga como Anne Zantoko
- Bayron Lebli como Kamini Zantoko
- Médina Diarra como Sivi Zantoko
- Rufus como Jean
- Jonathan Lambert como Lavigne
- Mata Gabin como Mado
- Sylvestre Amoussou como tío Beki
- Riton Liebman como mestre de condución
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bienvenue à Marly-Gomont (2016)- Box-Office Mojo". Consultado o 6 de agosto de 2016.
- ↑ Le Parisien (ed.). "VIDEO. "Bienvenue à Marly-Gomont" : Kamini, star en Picardie". Arquivado dende o orixinal o 19-06-2017. Consultado o 12-04-2020.
- ↑ France Télévisions (ed.). ""Bienvenue à Marly-Gomont" : faut-il aller voir le film insipré de la vie de Kamini ?".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bienvenue à Marly-Gomont na IMDb (en inglés).