Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Transfiguration pending
Saltar ao contido

Alejandro López Laz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlejandro López Laz
Biografía
Nacemento8 de maio de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
San Cristóbal de La Laguna, España Editar o valor en Wikidata
Peso89 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Club Baloncesto Breogán
CB Miraflores

Alejandro López Laz, coñecido como Álex López, nado o 8 de maio de 1991 en La Laguna, Canarias, é un xogador profesional español de baloncesto. Xoga na posición de escolta cunha alzada de 1,89 metros. Actualmento xoga na liga Liga LEB.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado no colexio Nuryana de La Laguna, chegou como júnior ao CB Gran Canaria previo paso pola canteira do Tenerife Club de Baloncesto. Alejandro López debutou da man de Pedro Martínez na Liga ACB, xogando un minuto na pista do Assignia Manresa, e na Eurocup na tampada 2009-10, disputou catro minutos ante o SLUC Nancy no Centro Insular de Deportes, achegando un punto e unha asistencia. Ese ano na Liga EBA fixo unha media de 11,3 puntos, 4,7 rebotes, 2,3 asistencias, 2,7 recuperacións e 12,2 de valoración.

En febreiro de 2011 o canteirán do Gran Canaria 2014, quen estaba cedido no UB La Palma, incorpórase á dinámica de traballo do conxunto de Pedro Martínez até final de tempada. O xogador será o substituto de Sitapha Savané, xa que o neerlandés Roeland Schaftenaar, incorporado ao primeiro equipo amarelo nun principio, tamén do UB La Palma, para paliar a baixa de Savané, regresou ao equipo palmeiro.[1] Postrriormente xogaría en Liga LEB co Cáceres, asinando co Club Baloncesto Breogán para a tempada 2013-14.

Internacional

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • Prata no Europeo Sub16 de 2007 con España. en Creta (Grecia).
  • Campión do Nike International Júnior Tournament de Roma 2008-09 con La Caja de Canarias.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]