Alberto Retuerta
Retu | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Alberto Retuerta Cuadros | ||
Nacemento | 1 de xaneiro de 2002 | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Hércules | ||
Número | 16 | ||
Carreira xuvenil | |||
2007–2010 | Vicálvaro | ||
2010–2012 | Rayo Vallecano | ||
2012–2021 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2020–2022 | Real Madrid Castilla | 22 | (0) |
2022–2024 | Deportivo da Coruña | 3 | (0) |
2023 | → Hércules | 15 | (0) |
2024– | Hércules | 8 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de xuño de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Alberto Retuerta Cuadros, coñecido como Retu, nado en Madrid o 1 de xaneiro de 2002, é un futbolista español que xoga de lateral esquerdo no Hércules, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol nas canteiras do Vicálvaro e do Rayo Vallecano e aos 10 anos ingresou na estrutura do Real Madrid.[1] Subiu polos diferentes equipos do club durante a seguinte década e con 18 anos debutou co Real Madrid Castilla na Segunda División B, da man de Raúl, nunha vitoria por 3-1 sobre o Navalcarnero.[2] Durante esa tempada (2020/21) compaxinou o filial co equipo xuvenil, co que disputou a Copa de Campións, caendo en semifinais fronte ao Deportivo da Coruña.[3] Na seguinte campaña subiu definitivamente ao Castilla, co que disputou a nova Primeira División RFEF, xogando 10 encontros, 9 deles como titular.
En xullo de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, da mesma categoría.[4] Sen minutos en liga, disputou un só partido co equipo galego na tempada, a derrota fronte ao Guijuelo na primeira rolda da Copa do Rei. En xaneiro anunciouse a súa saída ao Hércules, en calidade de cedido ata o remate da tempada.[5] No equipo alacantino, que militaba na Segunda División RFEF, recuperou protagonismo, sendo titular indiscutible no lateral esquerdo do equipo ata o final da tempada.
De regreso no Deportivo, viviu unha situación similar á da anterior campaña, disputando só 4 partidos na primeira metade da 2023/24, polo que no mercado invernal, club e xogador acordaron a rescisión do seu contrato.[6] A continuación regresou ao Hércules.[7]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo da Coruña
- Hércules
- Segunda División RFEF (1): 2023/24.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Deportivo incorpora en propiedad a Alberto Retuerta, del Real Madrid". El Correo Gallego (en castelán). 27 de xullo de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ "3-1: Brillante remontada del Castilla frente al Navalcarnero" (en castelán). 21 de novembro de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ Antelo, Iván (24 de xuño de 2021). "El Deportivo elimina al Madrid y jugará la final de la Copa de Campeones juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ "Alberto Retuerta, novo xogador do Dépor 22-23". 26 de xullo de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2022.
- ↑ "Retu xogará cedido no Hércules até final de temporada". 25 de xaneiro de 2023. Consultado o 25 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Retu rescinde su contrato de mutuo acuerdo con el Deportivo" (en castelán). 1 de febreiro de 2024. Consultado o 2 de febreiro de 2024.
- ↑ V. Belmar, Lucas (1 de febreiro de 2024). "Retu llega a última hora al Hércules pero Miranda no" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador no sitio web do Real Madrid (en castelán).