Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

rexer

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
  • Pronuncia: /re.'ʃer/ (AFI)

Verbo transitivo

[editar]

rexer

  1. Ter algo ou alguén baixo a súa dirección ou autoridade, gobernar, mandar
    • Exemplo: O presidente rexe o país. Estou preocupado polos problemas que teño para rexer a cooperativa.

  2. Determinar como ten que ser certa cousa.
    • Exemplo: As leis que rexen o comercio internacional.

  3. (Gramática) Ter unha palabra baixo a súa dependencia un segmento gramatical.
    • Exemplo: O verbo rexe o sintagma nominal que é seu complemento directo

      .
  4. (Gramática) Exixir unha dereterminada forma gramatical nun complemento.
    • Exemplo: Verbos que rexen preposición.

Observacións

[editar]

Verbo intransitivo

[editar]

rexer

  1. Ter validez, estar vixente unha norma, unha lei, etc.
    • Exemplo: Esta disposición legal xa non rexe

      .
  2. Ter unha persoa todas as súas facultades mentais.
    • Exemplo: Este vello xa non rexe

      .
  3. (Mariña) Dito dunha nave, obedecer ao leme, poñendo a proa en dirección contraria á que ten a pala deste.
    • Exemplo: O barco rexeu ben

      .

Verbo pronominal

[editar]

rexer

  1. Estar baixo a dirección ou a autoridade dunha norma, lei, etc.
    • Exemplo: O país réxese pola constitución.