Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

faltar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego

Verbo intransitivo

  1. [Persoa ou cousa] non estar no lugar en que debera estar.
    • Exemplo: Faltan varios libros da biblioteca. Falta do seu domicilio desde fai un mes

      .
  2. [Algo] non haber ou non ter, ou ter menos do necesario.
    • Exemplo: Fáltame o valor necesario para facelo. O que falta é sentido común

      .
  3. [Tempo, espazo, asunto] quedar para algo.
    • Exemplo: Faltan tres quilómetros para a meta. Fáltanlle uns exames por corrixir e xa acaba

      .
  4. [Persoa] non ir a un lugar onde se tiña que ir.
    • Exemplo: Faltou á clase tres días seguidos. Faltar ao traballo

      .
  5. [Persoa] dicir ou facer algo que ofende.
    • Exemplo: Faltoulle de palabra. Faltoulle ao respecto

      .
  6. [Persoa] incumprir certa cousa.
    • Exemplo: Faltou á palabra dada. Faltou ao que prometera

      .