burro
Aparencia
- Pronuncia: /ˈburo̝/ (AFI)
burro (sg: burro; pl: burros)
- (Zooloxía) Mamífero doméstico da familia dos équidos, de ata metro e medio aproximadamente de altura á cruz, caracterizado polas longas orellas e a cabeza proporcionalmente grande. O pelo das crinas é curto, polo que estas son erectas. Emprégase, ou mellor empregábase, como animal de carga. O macho denomínase garañón, nome que tamén pode recibi-lo cabalo semental. Desde o punto de vista zoolóxico, é un animal mamífero, vivíparo, ungulado (dedos rematados en pezuñas), perisodáctilo (un único dedo nunha pezuña simple) e herbívoro.
- Sinónimos: asno.
- (Mobiliario) Cilindro de madeira que se adoita enganchar nunha trabe do faiado e do que saen radialmente e a diferentes alturas múltiples varas das que á súa vez se penduran os chourizos para afumar na lareira.
- Sinónimos: andante, angarela, asnelo, guindastre.
- (Ictioloxía) Nome que se aplica a diferentes peixes, como o fogueiro (Melanogrammus aeglefinus), o abadexo negro (Pollachius virens) ou outros.
- Aparello formado por dous madeiros en ángulo recto (mais un terceiro que sostén a estrutura) que se utiliza para soster o pote sobre o lume, para erguer a moa do muíño etc.
- Individuo con baixa capacidade para aprender e comprender cousas, con pouca intelixencia ou coñecementos.
burro (ms: burro; mpl: burros; fs: burra; fpl: burras)
- Que ten baixa capacidade para aprender e comprender cousas, falto de intelixencia ou coñecementos.
Termos relacionados
- alá vai o burro coas noces!
- andar cargado coma un burro
- arrancada de cabalo e parada de burro
- baixar da burra
- boa burra mercamos!
- botar o burro
- burra
- burreiro
- burro coma un arado
- burro de Arnoia
- caer da burra
- levar un burro
- sopas de burro canso
Traducións
Mamífero doméstico
Persoa estúpida
- Pronuncia: /'burro/ (AFI)
burro (sg: burro; pl: burri)
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego con transcrición fonolóxica
- Entradas en galego con son
- Substantivos masculinos en galego
- Zooloxía en galego
- Mobiliario en galego
- Ictioloxía
- Adxectivos en galego
- Entradas en galego con tradución ao balante-ganja
- Entradas en galego con tradución
- Entradas en galego con tradución ao exipcio
- Italiano
- Entradas en t con transcrición fonolóxica
- Substantivos masculinos en italiano
- Alimentación en italiano