abruñeiro
Aparencia
- Pronuncia: [a.βɾuˈɲej.ɾʊ] (AFI)
abruñeiro (sg: abruñeiro; pl: abruñeiros)
- (Botánica) Arbusto espiñento da familia das rosáceas, Prunus spinosa Linné, duns 2 ou 3 m de altura, con follas ovais con bordo serrado, flores brancas, pequenas, que agroman antes que as follas, e froito en drupa (abruño), pequena ameixa de cor azul escura, case negra cando madura, comestíbel, de sabor máis ou menos ácido. De distribución euroasiática, é frecuente nos lindeiros dos bosques e nas sebes.
Termos relacionados
Sinónimos
Traducións
- Alemán: Schwarzdorn (de)
- Asturiano: andrinal (ast), prunal (ast)
- Castelán: endrino (es)
- Esloveno: črni trn (sl)
- Francés: prunier épineux (fr)
- Inglés: blackthorn (en)
- Portugués: abrunheiro (pt)