Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

01 - UD1 - A Formación Profesional e o Sistema Nacional - v2

Descargar como pdf o txt
Descargar como pdf o txt
Está en la página 1de 31

G19010766 Elaboracción de pro

ogramació ns FP LOE
E con apliccación infoormática

Unidade didááctica 1

Concceptoss básicos ddo currrículo


o
Índice

1. Introdución................................................................................................................. 3
2. O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional .......................... 4
2.1 A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional ...4
2.2 O Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP) .........................................5
2.2.1 Ordenación das cualificacións............................................................................................................................ 6
2.2.2 Estrutura dunha cualificación profesional........................................................................................................... 8
2.2.3 Importancia das cualificacións ........................................................................................................................... 9
2.2.4 As unidades de competencia ............................................................................................................................. 9
2.2.5 Estrutura da unidade de competencia: realizacións profesionais e criterios de realización ............................ 10
2.3 Procedemento de avaliación e acreditación das competencias ....................................11
2.4 Integración da formación profesional ............................................................................11
3. O sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral ........... 14
3.1 Os certificados de profesionalidade ..............................................................................15
4. A formación profesional do sistema educativo .................................................... 17
5. O decreto base dos títulos de formación profesional (DBT) ............................... 22
5.1 Características dos títulos de formación profesional (artigo 32º do Real decreto
1147/2011) ....................................................................................................................22
5.2 Estrutura dos títulos de FP (artigo 9º do Real decreto 1147/2011) ...............................22
6. O decreto base do currículo (DCB) ........................................................................ 24
6.1 O currículo dun ciclo formativo ......................................................................................24
6.2 Estrutura dos currículos (artigo 8º do Decreto 114/2010) .............................................24
6.3 O perfil profesional ........................................................................................................25
6.4 Os obxectivos xerais .....................................................................................................25
7. Os módulos profesionais ....................................................................................... 27
8. Os módulos profesionais ....................................................................................... 27
8.1 Estrutura dun módulo profesional .................................................................................27

Páxina 2 de 31
1. Introdución
Nesta unidade trátanse a terminoloxía básica e os conceptos que subxacen no deseño
curricular de formación profesional e que a relacionan co mercado de traballo a través do
Sistema de Cualificacións Profesionais.

Obxectivos da unidade didáctica

ƒ Identificar as accións e os instrumentos do Sistema Nacional de Cualificacións e For-


mación Profesional.
ƒ Analizar a estrutura dos currículos dos módulos profesionais de formación profesional.

Páxina 3 de 31
2. O Sistema Nacional de Cualificacións
e Formación Profesional
2.1 A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualifi-
cacións e da formación profesional
A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño (BOE do 21 de xuño), das cualificacións e da
formación profesional, ten como obxectivo o establecemento dun sistema integral de
formación profesional, cualificacións e acreditación, que responda con eficacia e
transparencia ás demandas sociais e económicas.
ƒ A lei define a formación profesional como o conxunto de accións formativas que capa-
citan para:
– O desempeño cualificado das profesións.
– O acceso ao emprego e a participación activa na vida social, cultural e económica.
ƒ A formación profesional en España abrangue:
– Ensinanzas da formación profesional do sistema educativo (Administración educati-
va).
– Accións de formación profesional para o emprego no ámbito laboral (Administra-
ción laboral).

Formación profesional
FP do sistema
FP para o emprego
educativo
no ámbito laboral

ƒ A lei crea o Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP):


– Conxunto de instrumentos e accións necesarios para promover e desenvolver a inte-
gración das ofertas de formación profesional, así como a avaliación e a acreditación
das correspondentes competencias profesionais.
– Dá resposta ás demandas de cualificación das persoas e das empresas nunha socie-
dade en continuo proceso de cambio e innovación.

Obxectivos

ƒ Orientar a formación ás demandas de cualificación das organizacións produtivas.


ƒ Facilitar a adecuación entre a oferta e a demanda do mercado de traballo.
ƒ Estender a formación ao longo da vida.
ƒ Fomentar a libre circulación de traballadores/as.

Finalidades

ƒ Capacitar os/as traballadores/as para o exercicio profesional.


Páxina 4 de 31
ƒ Promover unha oferta formativa de calidade.
ƒ Proporcionar información e orientación sobre formación profesional e cualificacións
para o emprego.
ƒ Favorecer o espírito emprendedor mediante a incorporación á oferta formativa de ac-
cións que capaciten para o desempeño de actividades empresariais e por conta propia.
ƒ Avaliar e acreditar oficialmente a cualificación profesional, sexa cal sexa a forma de
adquisición.
ƒ Favorecer o investimento público e privado na cualificación de traballadores/as e me-
llorar o emprego dos recursos dedicados á formación profesional.

Instrumentos e accións

ƒ Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.


ƒ Procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e rexistro das cualificacións
profesionais.
ƒ Información e orientación en materia de formación profesional e emprego.
ƒ Avaliación e mellora da calidade do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación
Profesional.

2.2 O Catálogo Nacional de Cualificacións Profesio-


nais (CNCP)
ƒ O Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais é o instrumento do Sistema Nacio-
nal de Cualificacións e Formación Profesional que ordena as cualificacións profesio-
nais susceptibles de recoñecemento e acreditación, identificadas no sistema produtivo
en función das competencias apropiadas para o exercicio profesional.
ƒ O Catálogo Modular de Formación Profesional abrangue as cualificacións profesionais
máis significativas do sistema produtivo español.
ƒ Inclúe o contido da formación profesional asociada a cada cualificación profesional, es-
truturada en módulos formativos: Catálogo Modular de Formación Profesional.

 Concepto de cualificación profesional.


Conxunto de competencias profesionais con significación para o emprego que se poden
adquirir mediante formación (formal ou non formal), así como a través da experiencia
laboral.
Un/unha traballador/a está cualificado/a cando no seu desempeño laboral obtén os
resultados esperados, cos recursos e o nivel de calidade debidos.

 Concepto de competencia profesional


Coñecementos e capacidades que parcialmente permiten o exercicio da actividade
profesional, conforme as esixencias da produción e do emprego.

ƒ O Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais é o referente para:


– Elaborar a oferta formativa:
Páxina 5 de 31
– Conducente á obtención dos títulos de formación profesional e dos certificados de
profesionalidade.
– Outras ofertas formativas adaptadas a colectivos con dificultades de integración
laboral.
– Avaliar e acreditar as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia
laboral ou de vías non formais de formación.

Referente para

Formación Acreditación

Formación Profesional Inicial do Experiencia


Sistema Educativo laboral

Formación Profesional Aprendizaxes non


para o emprego do Ámbito laboral formais

ƒ O Instituto Nacional das Cualificacións (INCUAL), integrado no Ministerio de Educa-


ción, Cultura e Deporte, é o responsable de definir, elaborar e manter actualizado o Ca-
tálogo Modular de Formación Profesional e o correspondente Catálogo Modular de
Formación Profesional.

2.2.1 Ordenación das cualificacións


ƒ As cualificacións profesionais que integran o Catálogo Modular de Formación Profe-
sional ordénanse por familias profesionais e niveis de cualificación:
– As 26 familias profesionais do Catálogo Modular de Formación Profesional atenden
a criterios de afinidade da competencia profesional das ocupacións e postos de traba-
llo detectados.
– Os cinco niveis de cualificación profesional atenden á competencia profesional re-
quirida polas actividades produtivas consonte criterios de coñecementos, iniciativa,
autonomía, responsabilidade e complexidade, entre outros, da actividade que se vaia
desenvolver.

Familias profesionais

Código Familia profesional Código Familia profesional

Actividades físicas e deportivas Industrias alimentarias


AFD INA

Administración e xestión Industrias extractivas


ADG IEX

Agraria Informática e comunicacións


AGA IFC

Páxina 6 de 31
Artes e artesanías Instalación e mantemento
ART IMA

Artes gráficas Madeira, moble e cortiza


ARG MAM

Comercio e márketing Marítimo-pesqueira


COM MAP

Edificación e obra civil Química


EOC QUI

Electricidade e electrónica Sanidade


ELE SAN

Enerxía e auga Seguridade e ambiente


ENA SEA

Fabricación mecánica Servizos socioculturais e á comunidade


FME SSC

Hostalaría e turismo Téxtil, confección e pel


HOT TCP

Imaxe e son Transporte e mantemento de vehículos


IMS TMV

Imaxe persoal Vidro e cerámica


IMP VIC

Niveis de cualificación

ƒ Os cinco niveis de cualificación son:

Nivel 1 Competencia nun conxunto reducido de actividades de traballo Ciclos de formación


relativamente simples correspondentes a procesos normalizados. Os profesional básica.
coñecementos teóricos e as capacidades prácticas que se aplican son
limitados.

Nivel 2 Competencia nun conxunto de actividades profesionais ben Ciclos formativos de


determinadas, coa capacidade de utilizar os as técnicas e os grao medio.
instrumentos propios, aplicable principalmente a un traballo de
execución que pode ser autónomo no límite das devanditas técnicas.
Require coñecemento dos fundamentos técnicos e científicos da
actividade, e capacidades de comprensión e aplicación do proceso.

Nivel 3 Competencia nun conxunto de actividades profesionais que requiren o Ciclos formativos de
dominio de diversas técnicas e poden ser executadas de forma grao superior.
autónoma. Comporta responsabilidade de coordinación e supervisión
do traballo técnico e especializado. Esixe a comprensión dos
fundamentos técnicos e científicos das actividades e a avaliación dos
factores do proceso, e das súas repercusións económicas.

Nivel 4 Competencia nun amplo conxunto de actividades profesionais Títulos universitarios


complexas realizadas nunha gran variedade de contextos que requiran de grao.
conxugar variables de tipo técnico, científico, económico ou
organizativo para planificar accións, e definir ou desenvolver proxectos,
produtos ou servizos.

Nivel 5 Competencia nun amplo conxunto de actividades profesionais de gran Títulos universitarios
complexidade realizadas en diversos contextos, frecuentemente de mestrado e
impredicibles, que impliquen planificar accións ou idear produtos, posgrao.
procesos ou servizos. Requiren gran autonomía persoal,
responsabilidade frecuente na asignación de recursos, na análise, na
diagnose, no deseño, na planificación, na execución e na avaliación.

Outros marcos para a identificación e a ordenación dos niveis de cualificación como:


– Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES), no que o ni-
vel 3 anterior atoparía equivalente no nivel 1 de técnico superior.
– Marco Europeo de Cualificacións (EQF) para a aprendizaxe permanente. É un mar-
co común de referencia que relaciona entre si os sistemas de cualificacións dos paí-
ses e serve de mecanismo de conversión para mellorar a interpretación e a compren-

Páxina 7 de 31
sión das cualificacións de diferentes países e sistemas de Europa. Conta con oito ni-
veis, e o nivel 3 anterior se correspondería co nivel 5 EQF.

Exemplo de cualificación.
ELE189_2. Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes
locais de datos.

ELE 189 _2

Nivel 2

Familia profesional de Electricidade e electrónica

2.2.2 Estrutura dunha cualificación profesional


A cada cualificación asígnaselle unha competencia xeral, na que se definen brevemente os
cometidos e as funcións esenciais do/da profesional. Descríbense tamén o contorno
profesional en que se pode desenvolver a cualificación, os sectores produtivos
correspondentes e as ocupacións ou os postos de traballo relevantes aos que esta permite
acceder.

Datos de identificación
Denominación Non indica categor ía profesional.
Relacionase coa función principal e é recoñecible no sector.
Nivel 5 niveis en funci ón do grao de complexidade, autonom ía,
responsabilidade necesarios para a actividade laboral.
Competencia xeral Breve descrición dos cometidos e funci óns esenciais deste
profesional.
Contorno profesional Ámbito profesional: Tipo de empresas, actividades sectores
produtivos ocupacións e postos de traballo relevantes.

Formación asociada Número de horas, código, unidades de competencia


e módulos formativos e a s úa duración
Identificación dunha cualificación profesional

Páxina 8 de 31
Denominación
Datos de identificación
Nivel

Competencia xeral

Contorno profesional

Formación asociada

Unidades de competencia Formación asociada

Unidadede competencia 1 Módulo formativo 1

Unidadede competencia 2 Módulo formativo 2

Unidadede competencia n Módulo formativo n

Estrutura dunha cualificación profesional.

ƒ A unidade de competencia é o agregado mínimo de competencias profesionais, suscep-


tible de recoñecemento e acreditación parcial.
ƒ Cada unidade de competencia ten asociado un módulo formativo, onde se describe a
formación necesaria para garantir a súa adquisición.

2.2.3 Importancia das cualificacións


ƒ Mediante a formación asociada a cada unidade de competencia:
– Deseñar a formación conducente a obter as unidades de competencia.
ƒ Mediante o procedemento da avaliación, recoñecemento e acreditación:
– Avaliar e acreditar o/a traballador/a cada unha das súas unidades de competencia ob-
tidas mediante a práctica laboral ou aprendizaxes non formais ou informais.
ƒ O recoñecemento e a acreditación de unidades de competencia é acumulable, o que po-
sibilita conseguir a acreditación parcial:
– Dun título de formación profesional.
– Ou dun certificado de profesionalidade.

2.2.4 As unidades de competencia


ƒ Unha unidade de competencia é unha agrupación coherente de tarefas (realizacións pro-
fesionais) que se realizan nun posto de traballo. En xeral, representan parte dun proceso
produtivo ou de prestación de servizo.
ƒ Neste sentido, a cualificación profesional é unha agrupación de unidades de competen-
cia con significado para o emprego.

Páxina 9 de 31
2.2.5 Estrutura da unidade de competencia: realizacións profesionais
e criterios de realización
Denominación
Datos de identificación Nivel
Código

Realizacións Criterios de realización


Unidades de competencia profesionais
CR 1
Unidadede competencia 1 CR 2
RP 1
CR m
Unidadede competencia 2 RP 2
CR 1
RP n
Unidadede competencia n CR m

- Medios de produción: ferramentas


Contexto - Produtos, servizos o resultados
profesional - Información utilizada ou xerada:
proxectos, normativa, etc
Estrutura dunha unidade de competencia.

Exemplo de unidade de competencia.


UC0233_2, Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documen-
tación

UC 0233 _2

Nivel 2

ƒ Realización profesional (RP): accións e comportamentos profesionais que a persoa


debe realizar ou ter nas situacións de traballo da profesión. Exprésanse como resultados
esperados que a persoa titulada debería ser quen de demostrar.
– As RP describen os comportamentos esperados da persoa, de forma obxectiva polas
consecuencias ou resultados do traballo que realiza, para poder considerala compe-
tente nesa unidade.
ƒ Criterios de realización (CR): enunciados que deben permitir avaliar as realizacións
do/da profesional nunha actividade, segundo un nivel aceptable no mundo do emprego.
– Os CR expresan o nivel aceptable da realización profesional para satisfacer os ob-
xectivos das organizacións produtivas e, xa que logo, constitúen unha guía para a
avaliación da competencia profesional.
ƒ Contexto profesional: define, con carácter orientador, os medios de produción, os pro-
dutos e os resultados do traballo, a información empregada ou xerada e cantos elemen-
tos similares se consideren necesarios para enmarcar a realización profesional.
ƒ Esta estrutura permite avaliar e acreditar ao/á traballador/ora cada unha das súas unida-
des de competencia (obtidas mediante formación ou a práctica laboral). Deste xeito,
pódeas acumular ata conseguir a acreditación da cualificación completa mediante un tí-
tulo de formación profesional ou un certificado de profesionalidade.

Páxina 10 de 31
2.3 P
Proced
dementto de av
valiación e ac
credita
ación das
d
c
compettencias
s
ƒ Reguladoo no Real deecreto 1224//2009, do 17 de xullo, de recoñeccemento dass competen--
cias profeesionais adq
quiridas porr experienciaa laboral.
ƒ O proceddemento de recoñecemeento, avaliaación e acreeditación daa experienciia profesio--
nal é o coonxunto de actuacións dirixidas a avaliar e a recoñecer aas competen ncias profe--
sionais addquiridas a través
t da exxperiencia laaboral ou dee vías non fformais de formación.
f
ƒ Vai dirixiido a persoas con expeeriencia lab
boral e/ou formación
fo pprevia non formal
f rela--
cionada coa
c unidade de competeencia que see vaia acred ditar.
ƒ O que se acredita son sempre un
unidades de competencia incluídass no Catálog
go Modularr
de Formaación Professional.
ƒ Para a avvaliación dunha unidaade de com mpetencia em mpregaransse como reeferentes oss
elementoss da estrutu
ura da unidaade compettencia: realiizacións proofesionais, criterios dee
realizacióón e contex
xto profesioonal, segund
do os criterrios fixadoss nas correespondentess
guías de evidencias.
e

R
Requisitos para partic
cipar

ƒ Nivel 1:
– 18 anoos no momento de realiizar a inscrición
– Experiiencia laborral de dous aanos (mínim
mo de 1.200
0 horas).
– E/ou formación:
fo 200
2 horas (hhoras dos módulos).
m
ƒ Niveis 2 e 3:
– 20 anoos no momento de realiizar a inscrición
– Experiiencia laborral de tres annos (mínim
mo de 2.000 horas trabaalladas en to
otal, nos úl--
timos 10 anos).
– E/ou formación:
fo 300
3 horas (hhoras dos módulos)
m
ƒ Experienccia e formacción adquiriidas nos últtimos 10 ano
os.

F
Fases do prrocedemen
nto

2.4 Integra
ación da form
mación profesional
Pááxina 11 de 31
A progresiva implantación do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación
Profesional permite abandonar o modelo anterior de formación profesional caracterizado
pola separación de dous sistemas que vivían de costas, pasando a un novo sistema
integrado, de estrutura modular, xestionado por dúas administracións (a educativa e a
laboral) que recoñecen mutuamente as súas ofertas formativas, permitindo que a xente
nova e os/as traballadores/as desempregados/as e ocupados/as poidan capitalizar e facer
visibles as competencias profesionais acadadas, mediante a obtención de títulos ou
certificados acreditativos de cualificación. Deste xeito, favorecerase a libre circulación de
traballadores/as no seo da UE, satisfacendo as necesidades do sistema produtivo.

Formación profesional da Formación profesional da


administración educativa administración laboral

Alumnado Traballadores e desempregados

Certificados de
Títulos de FP
profesionalidade

Os títulos e os certificados de profesionalidade previo á lei das cualificacións e da Formación Profesional

O novo sistema trata de garantir non só o acceso ás diferentes modalidades da formación


profesional, en condicións de igualdade de todas as persoas, senón tamén o tránsito polo
sistema integrado, facendo posible o desenvolvemento persoal e profesional das persoas
ao longo de toda a vida.

Formación Profesional
FP inicial FP para o emprego
Administración educativa Administración laboral
Traballadores e desempregados
Mozas e mozos
Unidade de competencia 1
Unidade de competencia 2
Unidade de competencia 3
.
.

Títulos de FP Certificados de profesionalidade

Avaliación, recoñecemento e acreditación da experiencia laboral


A integración da formación profesional. Lei das cualificacións e da Formación Profesional.

Títulos de formación profesional e certificados de profesionalidade

ƒ Títulos e certificados de profesionalidade, teñen carácter oficial e validez en todo o te-


rritorio nacional.
ƒ Expídense polas Administracións competentes.
– Administración educativa: expedición de títulos de Formación Profesional.
– Administración laboral: expedición de certificados de profesionalidade.

Páxina 12 de 31
ƒ Acreditan as correspondentes cualificacións profesionais.

Páxina 13 de 31
3. O sistema de formación profesional
para o emprego no ámbito laboral
O Sistema de Formación Profesional para o Emprego no Ámbito Laboral é o
mecanismo que permite levar a cabo as accións de formación integradas dentro das
políticas activas de emprego, e está regulado no capítulo II do Real decreto lexislativo
3/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei de emprego e na Lei
30/2015, do 9 de setembro.
Está constituído polo conxunto de iniciativas, programas e instrumentos que ten como
finalidade impulsar e estender a formación profesional entre as empresas e os/as
traballadores/as ocupados/as e desempregados/as.

Fins do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral

ƒ Favorecer a formación ao longo da vida dos/das traballadores/as desempregados/as e


ocupados/as para mellorar as súas competencias profesionais e os seus itinerarios de
emprego e formación, así como su desenvolvemento profesional e persoal.
ƒ Contribuír á mellora da produtividade e da competitividade das empresas.
ƒ Atender aos requisitos do mercado de traballo e ás necesidades das empresas, propor-
cionándolles aos/ás traballadores/as as competencias, as prácticas e os coñecementos
adecuados.
ƒ Mellorar a empregabilidade dos/das traballadores/as, nomeadamente dos/das que teñen
maiores dificultades de mantemento do emprego o de inserción laboral.
ƒ Promover que as competencias profesionais adquiridas polos/as traballadores/as, a tra-
vés tanto de procesos formativos como da experiencia laboral, sexan obxecto de acredi-
tación.
ƒ Achegar aos/ás traballadores/as as vantaxes das tecnoloxías da información e da comu-
nicación, e facelos/as partícipes delas, promovendo a diminución da fenda dixital exis-
tente e garantindo a accesibilidade a estas.

Modalidades de formación profesional para o emprego

ƒ A formación programada polas empresas, para os/as seus/súas traballadores/as.


ƒ A oferta formativa das administracións competentes para traballadores/as ocupados/as,
constituída por:
– Os programas de formación sectoriais.
– Os programas de formación transversais.
– Os programas de cualificación e recoñecemento profesional.
ƒ A oferta formativa das administracións competentes para traballadores/as desemprega-
dos/as, que inclúe:
– Os programas de formación dirixidos a cubrir as necesidades detectadas polos servi-
zos públicos de emprego.
– Os programas específicos de formación.
– Os programas formativos con compromisos de contratación.
ƒ Outras iniciativas de formación profesional para o emprego, relativas a:
– Os permisos individuais de formación.
– A formación en alternancia co emprego.

Páxina 14 de 31
– A form
mación dos/d das empreggados/as púb blicos/as.
– A form
mación non financiada con fondoss públicos desenvolvida
d da por centroos e entida--
des de iniciativa privada
p desttinada á obtención de certificados
c de profesio
onalidade.

3.1 O
Os certtificado
os de p
profesionalidade
ƒ O certificcados de pro
ofesionalidaade son o in
nstrumento que
q permitee acreditar a formaciónn
profesionnal para o em
mprego no áámbito labo oral.
ƒ Acreditann unha cualiificación prrofesional. ConC todo, conc carácterr excepcionnal, cando o
perfil proofesional asíí o requira, o certificad
do de professionalidade poderá reco
oller menoss
unidades de competeencia das deefinidas na cualificació
c n profesionnal.

Certificados de profesionalid
dade

De nivel I De nivel II De nivel III


cualificación cualificación cualificación

Niveis de cualificcación dos certiificados de proffesionalidade.

E
Estrutura dun certifica
ado de pro
ofesionalida
ade

Datos de iddentificació
ón
Denominacióón Relacionaase coa funci ón
ó principal e é recoñecible no sector
Nivel Nivel da ccualificación
Cualificaci ónn profesional Cualificacción profesionaal de referencia
a
Unidades de competencia Relación de unidades de d competencia
Competenciaa xeral Breve desscrición dos cometidos
c e funncións esenciiais
deste proofesional
Contorno proofesional Ámbito prrofesional: Tipoo de empresass, actividades
Sectores produtivos proopios das com mpetencias
Ocupacióóns e postos ded traballo relevvantes
Formación associada Número dde horas, códiigo, unidades de d competenc ia
e móduloos formativos e a s úa duración
Iddentificación duun certificado dee profesionalidaade

Estrutura dun ceertificado de proofesionalidade

Pááxina 15 de 31
ƒ Co fin de promover a formación ao longo da vida, a impartición dos módulos formati-
vos dun certificado de profesionalidade poderase organizar en unidades formativas de
menor duración.
ƒ A superación de todas as unidades formativas do módulo formativo dará dereito á certi-
ficación deste.

Vías para a obtención de certificados de profesionalidade

ƒ Superación de todos os módulos correspondentes ao certificado de profesionalidade.


ƒ Mediante o procedementos para a avaliación e a acreditación das competencias profe-
sionais.
ƒ A Administración laboral expedirá a quen llo solicite o certificado de profesionalidade
correspondente, sempre que a través das ensinanzas cursadas no sistema educativo ob-
tivese a certificación académica que acredite que posúe todas as unidades de competen-
cia do certificado de profesionalidade.
ƒ Quen non supere a totalidade dos módulos e supere os módulos asociados a unha ou a
varias unidades de competencia recibirá unha certificación dos módulos superados que
terá efectos de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiri-
das.

Exemplo de certificado de profesionalidade.

A relación de certificados publicados pódese consultar en www.sepe.es

Páxina 16 de 31
4. A formación profesional do sistema
educativo
ƒ A formación profesional do sistema educativo está regulada no capítulo V da Lei orgá-
nica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de
decembro, para a mellora da calidade educativa.
ƒ Ten por finalidade preparar o alumnado para a actividade nun campo profesional e faci-
litar a súa adaptación ás modificacións laborais que se poden producir ao longo da súa
vida, contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha cidadanía demo-
crática, e permitir a súa progresión no sistema educativo e no sistema de formación pro-
fesional para o emprego no ámbito laboral, así como a aprendizaxe ao longo da vida.
ƒ Conta cunha organización modular, de duración variable, que integre os contidos teóri-
co-prácticos adecuados aos diversos campos profesionais.
ƒ Abrangue os ciclos de formación profesional básica, de grao medio e de grao superior.
ƒ Os títulos de formación profesional estarán referidos, con carácter xeral, ao Catálogo
Nacional de Cualificacións Profesionais.
ƒ O currículo destas ensinanzas axustarase ás esixencias derivadas do Sistema Nacional
de Cualificacións e Formación Profesional.
ƒ Permitirá a correspondencia, para efectos de equivalencia e validación, dos certificados
de profesionalidade cos títulos de formación profesional do sistema educativo, a través
das unidades de competencia acreditadas.

Títulos de formación profesional

Ciclos formativos

Profesional básico Grao medio Grao superior

Profesional Técnico
Técnico
Básico superior

Nivel de Nivel de Nivel de


cualificaci ón I cualificaci ón II cualificaci ón III

Títulos, ciclos formativos e nivel de cualificación

Os ciclos de formación profesional

ƒ Inclúen polo menos unha cualificación profesional completa e outras unidades de com-
petencia de forma coherente, de maneira que se asegure a vixencia actual e a proxec-
ción futura dos títulos.
ƒ Todos os títulos que derivan da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
(LOE), teñen unha duración de 2.000 horas.

Páxina 17 de 31
ƒ Formación incluída:
– Módulos asociados a unidades de competencia: módulos profesionais específicos
que toman como referencia o Catálogo Nacional das Cualificacións.
– Módulos non asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional das Cuali-
ficacións ou transversais, que favorecen a empregabilidade ou o fomento do espírito
emprendedor.
– Módulo de Formación en centros de traballo (FCT).
– Os módulos incorporan formación relacionada con áreas prioritarias: TIC, idiomas e
prevención de riscos profesionais.

Ciclos formativos (2000 horas)

Asociados a unidade de competencia

Módulos
Transversais
profesionais
Formación en centros de traballo (FCT)

Tipos de módulos profesionais dun ciclo formativo.

Réximes e modalidades de formación

Réxime e modalidades de formaci ón

Réxime Réxime para ás


ordinario persoas adultas
Presencial Presencial A distancia FP Dual

Curso completo Parcial por módulos


Sen requisitos acad émicos
con experiencia laboral,
pódense realizar módulos
asociados a unidades de
competencia

Réximes e modalidades de formación.

Vías para a obtención dos títulos de formación profesional

ƒ Superación efectiva das ofertas formativas presenciais ou a distancia correspondentes.


ƒ Superación das probas organizadas para a súa obtención directa.
– Estar en posesión dos requisitos de acceso.
– 20 anos para ciclos de grao superior (19 co título de técnico).
– 18 anos para ciclos de grao medio.
ƒ Recoñecemento da competencia profesional a través da experiencia laboral e as apren-
dizaxes non formais (artigo 8.3 da Lei orgánica 5/2002).

Páxina 18 de 31
– Para obter o título, ademais de ter acreditadas todas as unidades de competencia in-
cluídas no título cómpre ter superado o resto dos módulos do ciclo: os módulos non
asociados a unidades de competencia e a FCT.

Exemplo dun título de formación profesional

CUALIFICACIÓ NS PROFESIONAIS
2 cualificacións ATENCIÓ N SANITARIA A MÚLTIPLES VÍCTIMAS E
profesionais TRANSPORTE SANITARIO
(SAN025)
CAT ÁSTROFES
(SAN122)
NIDADES DE COMPETENCIA
5

4 unidades de 4 unidades de
4
NIVEIS competencia competencia
PROFE-
SIONAIS 3
Título: T écnico
2
Denominaci ón: Emerxencias UC0070 UC0071 UC0072 UC0360 UC0361 UC0362 UC0072
Sanitarias.
Nivel: Formaci ón Profesional de Grao 1
Medio. UC0069
Duraci ón: 2000 horas.
Familia Profesional: Sanidade.
Referente europeo: CINE -3
(Clasificaci ón Internacional
Normalizada de la Educaci ón).

Identificación, cualificacións e unidades de competencia do título de Emerxencias sanitarias.

ƒ O título de grao medio Emerxencias sanitarias, da familia de Sanidade, está constituído


por dúas cualificacións completas: Transporte sanitario e Atención sanitaria a múltiples
vítimas e catástrofes.
ƒ Cada cualificación profesional esta, á súa vez, constituída por catro unidades de compe-
tencia.
ƒ A cualificación de Transporte sanitario está formada por tres unidades de competencia
de nivel 2 e unha unidade de competencia de nivel 1.
ƒ A partir destas catro unidades de competencia da cualificación de Transporte sanitario,
deséñanse seis módulos do ciclo formativo, segundo a seguinte gráfica:

Cualificacións Profesionais
Transporte sanitario
(SAN025)
Unidades de competencia
N
I 5
V
E
I
S 4

P
R
O 3
F
E
S
IO 2 UC0070 UC0071 UC0072
N
A
I 1
S UC0069

Módulos profesionais asociados a unidades de competencia da cualificación Transporte sanitario.

ƒ De igual forma, das catro unidades de competencia da cualificación de Atención sanita-


ria a múltiples vítimas e catástrofes, obtéñense outros dous módulos do ciclo: Loxística
sanitaria en emerxencias, e Plans de emerxencia e dispositivos de risco previsibles.

Páxina 19 de 31
Módulos Profesionais

Mantemento mecánico Plans de emerxencia e dispositivos


preventivo do vehículo de riscos previsibles

Loxística sanitaria en emerxencias

Dotación sanitaria

Atención sanitaria inicial


en situacións de emerxencia

Atención sanitaria especial


en situacións de emerxencia

Evacuación e traslado de pacientes

Apoio psicol óxico en situacións


de emerxencia
Módulos profesionais do título de Emerxencias Sanitarias (en azul os asociados a unidades de competencia).

ƒ A maiores dos módulos anteriores, asociados a unidades de competencia, o ciclo inclúe


outros módulos non asociados a unidades de competencia:
– Anatomofisioloxía e patoloxía básicas, e Teleemerxencias, que complementan a
formación específica no campo profesional das emerxencias sanitarias.
– Módulos comúns a todos os ciclos:
– Formación en orientación profesional (FOL).
– Empresa e iniciativa emprendedora.
– Formación en centros de traballo (FCT).

# A relación de títulos e currículos publicados pódese consultar en www.todofp.es

Títulos de formación profesional e certificados de profesionalidade:


recoñecemento e efectos da formación

ƒ A Administración laboral expedirá a quen llo solicite o certificado de profesionalidade


correspondente, sempre que a través das ensinanzas cursadas no sistema educativo ob-
tivese a certificación académica que acredite a superación da totalidade dos módulos
profesionais asociados a todas as unidades de competencia do certificado de profesio-
nalidade.
ƒ A Administración educativa validará o módulo ou módulos profesionais asociados ás
unidades de competencia acreditadas dun certificado de profesionalidade ou dunha
acreditación parcial acumulable (unidades de competencia soltas) expedida pola Admi-
nistración laboral competente.
ƒ En xeral, un certificado de profesionalidade inclúe unha soa cualificación completa, en-
tanto que un título de formación profesional abrangue máis dunha cualificación com-
pleta e parte de outras.
ƒ Un título é unha formación máis polivalente e, ao mesmo tempo, máis especializada
que un certificado de profesionalidade.
ƒ Os títulos teñen efectos académicos e laborais, qntanto que os certificados soamente
efectos laborais.

Páxina 20 de 31
Títulos de formación Certificados de
profesional profesionalidade

Varias cualificacións Unha cualificación

UC a UC b UC c UC d UC e UC f UC a UC b UC c

26 familias profesionais

Os títulos e os certificados de profesionalidade na lei das cualificacións e da formación profesional

Páxina 21 de 31
5. O decreto base dos títulos de
formación profesional (DBT)
5.1 Características dos títulos de formación profesio-
nal (artigo 32º do Real decreto 1147/2011)
ƒ Responderán ás necesidades demandadas polo sistema produtivo, as persoas e a socie-
dade para exercer unha cidadanía democrática e desempeñar as actividades profesionais
relacionadas co perfil profesional de referencia.
ƒ O perfil profesional virá determinado fundamentalmente polas cualificacións profesio-
nais completas e, de ser o caso, outras unidades de competencia do Catálogo Nacional
de Cualificacións Profesionais que se inclúan nel.
ƒ Manterán un equilibrio entre polivalencia e especialización que virá determinado polas
características dos correspondentes sectores produtivos. A polivalencia permitirá au-
mentar a empregabilidade e as posibilidades de adaptación aos cambios organizativos e
tecnolóxicos. A especialización deberá favorecer a produtividade, a competitividade e a
innovación.
ƒ Poderán incluír formación non asociada ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profe-
sionais que permita conseguir as competencias de carácter persoal, social e profesional
incluídas no título. Esta formación poderá incluírse en módulos profesionais indepen-
dentes ou de forma transversal noutros módulos profesionais, en función do ciclo for-
mativo de que se trate.
ƒ A configuración modular dos ciclos formativos facilitará a mobilidade do alumnado en-
tre ciclos e outras ensinanzas de sistema educativo.
ƒ Os ciclos formativos contribuirán a facer realidade o sistema integrado de formación
profesional, establecendo a correspondencia entre módulos profesionais e unidades de
competencia incluídas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
ƒ Cada título incluirá, cando menos, unha cualificación profesional completa.

5.2 Estrutura dos títulos de FP (artigo 9º do Real de-


creto 1147/2011)
ƒ Identificación do título ou curso de especialización:
– Denominación.
– Nivel no sistema educativo.
– Duración.
– Familia ou familias profesionais.
– Nivel no Marco Español de Cualificacións e, para os ciclos formativos de grao supe-
rior, ademais, nivel do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior
e as súas correspondencias cos marcos europeos.
ƒ Perfil profesional.
– Competencia xeral.
– Competencias profesionais, persoais e sociais.
– Relación de cualificacións profesionais e unidades de competencia do Catálogo Na-
cional de Cualificacións Profesionais incluídas.
Páxina 22 de 31
ƒ Contorno profesional, que inclúe, entre outros, as ocupacións e postos de traballo.
ƒ Prospectiva no sector ou sectores.
ƒ Ensinanzas:
– Obxectivos xerais.
– Módulos profesionais.
ƒ Parámetros básicos de contexto formativo.
– Espazos e equipamentos mínimos, adecuados ao número de postos escolares.
– Titulacións e especialidades do profesorado, e as súas equivalencias para efectos de
docencia.
ƒ Correspondencia, de ser o caso, dos módulos profesionais coas unidades de competen-
cia para a súa acreditación. O anexo V do real decreto polo que se establece o título co-
rrespondente divídese en dúas partes:
ƒ Validacións, exencións e equivalencias.
ƒ Información sobre os requisitos necesarios segundo a lexislación vixente para o exerci-
cio profesional.
ƒ Para os títulos de grao superior, a modalidade e as materias do bacharelato que faciliten
a admisión en caso de concorrencia competitiva.

Páxina 23 de 31
6. O decreto base do currículo (DCB)
6.1 O currículo dun ciclo formativo
Enténdese por currículo da formación profesional inicial o conxunto de obxectivos,
contidos, orientacións pedagóxicas, directrices e criterios de avaliación que regulan a
práctica docente.
ƒ O MECD establece o documento base do título (DBT), mediante a publicación no Bo-
letín Oficial do Estado (BOE):
– O DBT ten carácter de norma básica.
– 55 % da duración total do ciclo formativo.
– Ensinanzas mínimas prescritivas.
ƒ As comunidades autónomas completan cun 45 % da duración do ciclo, adaptando o cu-
rrículo ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica da comunidade
autónoma, e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto a especialización
e polivalencia.

6.2 Estrutura dos currículos (artigo 8º do Decreto


114/2010)
ƒ 1. Identificación do título, perfil profesional, contorno profesional e prospectiva do títu-
lo no sector ou nos sectores correspondentes:
– Identificación.
– Perfil profesional do título, onde se especifique:
– a) Competencia xeral.
– b) Competencias profesionais, persoais e sociais.
– c) Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional de
Cualificacións Profesionais incluídas no título.
– Contorno profesional.
– Prospectiva do título no sector ou nos sectores.
ƒ 2. Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos do contexto:
– Obxectivos xerais.
– Módulos profesionais.
– Espazos e equipamentos.
– Profesorado.
ƒ 3. Acceso a outros estudos e vinculación con eles, así como a correspondencia de mó-
dulos profesionais coas unidades de competencia.
– Acceso a outros estudos.
– Validacións e exencións.
– Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa
acreditación, validación ou exención.
ƒ 4. Organización da impartición, onde se especifique:
– Distribución horaria.
– Desenvolvemento do currículo.
– Titulacións equivalentes.
Páxina 24 de 31
– Regulación do exercicio da profesión, de ser o caso.
– Accesibilidade ás ensinanzas do título.
– Autorizacións a centros privados.
– Calendario de implantación.

6.3 O perfil profesional


ƒ Campo de observación: defínese polo conxunto de procesos e subprocesos que defi-
nen a familia profesional, e o conxunto de funcións e subfuncións que definen a organi-
zación empresarial que son característicos desta.
ƒ Figura profesional: área profesional seleccionada do campo de observación e suscep-
tible de constituír o núcleo de profesionalidade dun título de formación profesional.
ƒ Perfil profesional: caracterización da figura profesional relativa a un título. Componse
da competencia xeral e das competencias profesionais, persoais e sociais.
Os elementos que definen o perfil do título son:

Competencia xeral

Describe as funcións profesionais máis significativas do título, tomando como referente o


conxunto de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia incluídas no título.

Competencias profesionais, persoais e sociais

Describen o conxunto de capacidades e coñecementos que permiten responder aos


requisitos do sector produtivo, aumentar a empregabilidade e favorecer a cohesión social.

Cualificacións profesionais

As cualificacións profesionais e, de ser o caso, as unidades de competencia do Catálogo


Nacional de Cualificacións Profesionais incluídas no título. Cada título incluirá, polo
menos, unha cualificación profesional completa. Este conxunto de unidades de
competencia debe posibilitar unha inserción laboral inmediata e unha proxección
profesional futura.

Contorno profesional

Describe a tipoloxía de empresas, as ocupacións tipo que a persoa titulada podería


desempeñar e os sectores económicos nos que intervén.

Prospectiva do título no sector ou sectores

Describe a evolución funcional, tecnolóxica, organizativa e competencial das actividades


profesionais que abrangue o título.

6.4 Os obxectivos xerais


ƒ Non establecen condutas observables de forma directa, senón capacidades, que encai-
xan nun gran número de posibles accións.
ƒ Orientan o profesorado.
ƒ Supoñen a translación das competencias persoais, profesionais e sociais ao contorno
educativo. Por ese motivo inclúen sempre unha secuencia con "para..." (finalidade).

Páxina 25 de 31
ƒ Os obxectivos xerais formúlanse do seguinte xeito:
– Accións (verbo en infinitivo): expresan as capacidades que se deben adquirir para
acadar a competencia.
– Obxecto das accións: expresan os contidos que se estean identificando, discrimi-
nando ou executando (función, papel profesional, técnica, coñecemento, etc.).
– Situacións de aprendizaxe: expresan as características xerais das actividades de
aprendizaxe.
– Finalidade: expresa a competencia profesional, persoal e social, que pretende ser al-
canzada do perfil profesional.

Exemplo:

ƒ Competencia: aplicar plans de calidade en industrias de mecanizado, aplicando os pro-


tocolos deseñados e valorando resultados de ensaios e medidas obtidas para controlar
as especificacións dos produtos.
ƒ Obxectivo xeral: describir e valorar os procesos de medición dimensional, de ensaios
destrutivos e non destrutivos, analizando os principios de funcionamento e utilizando as
técnicas de medición para aplicar plans de calidade

OX. Describir e valorar os procesos de medición dimensional, de ensaios destrutivos e non destrutivos, analizando os principios de
funcionamento e utilizando as técnicas de medición para aplicar plans de calidade

Accións Obxecto das accións Situación de aprendizaxe Finalidade

Describir e valorar... ...os procesos de medición dimen- ...analizando os principios de ...para aplicar plans de calidade
sional, de ensaios destrutivos e funcionamento e utilizando as
non destrutivos,... técnicas de medición...

Páxina 26 de 31
7. Os módulos profesionais
ƒ Os módulos profesionais estarán constituídos por áreas teórico-prácticas de coñecemen-
to, en función das competencias profesionais, que incluirán as definidas nas unidades
de competencia e as competencias sociais e persoais que se pretenda alcanzar.
Estes módulos profesionais, segundo a súa natureza, estarán asociados ou non a unida-
des de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
ƒ Os módulos profesionais asociados a unidades de competencia recollen a formación
asociada ás realizacións profesionais descritas nas unidades de competencia e seleccio-
nadas no perfil profesional. Responden á profesionalidade do título de formación profe-
sional e a súa función principal é determinar a formación necesaria para que o alumna-
do adquira a especialización e a polivalencia profesional requiridas no emprego. Ade-
mais, poderán incluír formación relacionada coas áreas prioritarias.
ƒ Módulos asociados a UC do Catálogo Modular de Formación Profesional:
– Todas as UC dunha cualificación completa.
– Outras UC doutras cualificacións profesionais.
ƒ Módulos soporte:
– Transversais a un determinado número de UC.
– Formación de base: permiten afrontar con garantía outros módulos do ciclo.
– Formación de "ocos" no campo de observación que garantan a polivalencia e a vi-
xencia futura dos títulos.
– Obtención de carnés profesionais.

8. Os módulos profesionais
8.1 Estrutura dun módulo profesional
Entender a estrutura e os elementos do currículo considérase imprescindible para elaborar
a programación do módulo profesional. O currículo de cada módulo profesional
especifica:
ƒ Datos identificativos.
ƒ Resultados de aprendizaxe (RA) e criterios de avaliación (CA).
ƒ Contidos básicos (organizados en bloques asociados aos RA).
ƒ Orientacións pedagóxicas.

1 O currículo do módulo pode estar organizado en unidades formativas de menor


duración, co fin de promover a formación ao longo da vida. Neste caso o módulo
especifica:
– Datos identificativos.
– Unidade formativa 1 (que abrangue os RA, CA e contidos desa unidade
formativa).
– ...
– Unidade formativa n (que abrangue os RA, CA e contidos desa unidade
formativa).
– Orientacións pedagóxicas.

Páxina 27 de 31
Datos identificativos do módulo

ƒ Denominación e código (exemplo: Tratamento informático da información, MP0440).


ƒ Equivalencia en créditos ECTS (soamente nos ciclos formativos de grao superior).
ƒ Duración en horas.

Resultados de aprendizaxe (RA)

Son a forma coa que se expresan os obxectivos do módulo profesional; é dicir, indican que
debe lograr o alumnado ao cursar o módulo. Os resultados de aprendizaxe obtéñense a
partir dos obxectivos xerais do ciclo formativo e das cualificacións profesionais, e
representan a contextualización das competencias profesionais do ciclo formativo no
módulo profesional. Redáctanse en presente atemporal e son textos estruturados en tres
compoñentes:
RA = Logro + Obxecto + Accións no contexto de aprendizaxe
– Logro: expresa a acción que se debe alcanzar. A acción está relacionada cunha
función, cunha técnica, cun proceso, cun equipamento, etc.
– Obxecto: expresa o contido sobre o que se debe alcanzar o logro.
– Accións no contexto de aprendizaxe: expresan globalmente as accións máis
importantes asociadas á consecución do logro no contexto profesional ou no de
aprendizaxe. Estas accións describen compoñentes da competencia que se enumeran
nos CA asociados ao resultado de aprendizaxe.

1 Exemplo:

RA. Elabora documentos de textos utilizando as opcións dun procesador de textos tipo

Logro Obxecto da actividade Accións no contexto de aprendizaxe

Elabora... ...documentos de textos... ...utilizando as opcións dun procesador de textos tipo.

Criterios de avaliación (CA)

Permiten valorar se o alumnado alcanzou o resultado de aprendizaxe, e expresan os niveis


aceptables deste. Cada RA leva asociada unha serie de CA (Ex: RA1→CA1.1, CA1.2,
CA1.n). Así, os criterios de avaliación son tanto indicadores de que se acadan os logros
previstos como compoñentes da competencia que se describe no RA. Formúlanse
nestes termos:
CA = Acción + Obxecto + Condicións
ƒ Acción realizada: verbo que expresa, de forma impersoal e en pasado, como unha ac-
ción xa rematada, de xeito cuantitativo e/ou cualitativo, a concreción do resultado de
aprendizaxe que se tivo que demostrar para alcanzar o logro.
ƒ Obxecto: expresa o contido ao que se aplica a acción.
ƒ Condicións: expresan o contexto no que se debe aprender a realizar a acción e/ou o re-
sultado (evidencia de competencia ou de aprendizaxe) que se debe alcanzar.
En termos pedagóxicos clásicos, os CA expresan o tipo e o grao das aprendizaxes
realizadas. Tratados como competencias, a acción e o contexto no que se desenvolven
representan o tipo de aprendizaxe, mentres que o grao se reflicte nos límites que as
condicións fixan con respecto á evidencia de competencia que se tome como referencia
para valorar a aprendizaxe.

Páxina 28 de 31
Na seguinte táboa preséntanse algúns dos criterios de avaliación que permiten valorar se o
alumnado alcanzou o resultado de aprendizaxe RA1:
Exemplos de criterios de avaliación (CA)

ƒ RA1. Elabora documentos de textos utilizando as opcións dun procesador de textos tipo".

Accións Obxecto da acción Condicións


CA (verbo en pasado) (contido) (contextos e/ou evidencias) Contexto Evidencia(s)

1 Utilizáronse... ...as funcións dos ...nos procesos de elaboración e ƒ Procesos de ƒ Documentos elaborados
procesadores de xestión de documentos. elaboración e polo alumnado.
textos (PT)... xestión de ƒ Estrutura de ficheiros
documentos. creada.
ƒ Proceso de elaboración de
documentos.
ƒ Proceso de xestión de
ficheiros desde o PT.

2 Identificáronse... ...as características de ƒ Non se describe. ƒ Formulario para identificar


documentos de ƒ Simulación do as características de
diversos tipos... contorno de traballo documentos con formatos
administrativo. específicos para o contorno
de simulación
administrativo.

3 Redactáronse... ...documentos de ...coa destreza adecuada, ƒ Non se describe. ƒ Documentos redactados


texto... aplicando as normas de ƒ Simulación do polo alumnado de varios
estrutura. contorno de traballo tipos, con estruturas
administrativo. diferentes adecuadas para
o contexto simulado.
ƒ Avaliar a destreza pode
requirir valorar o tempo
empregado, ademais da
realización das operacións.

4 Utilizáronse... ...diversos tipos de ƒ Non se describe. ƒ Documentos con estilos


estilos. ƒ Simulación do predefinidos adecuados
contorno de traballo para formatar varios tipos
administrativo. de documentos.

As evidencias que deben tomarse para a avaliación destes exemplos de CA poden


deducirse do obxecto da acción (cando o CA especifica que se debe elaborar un obxecto
ou documento concreto). Noutros casos deben tomarse decisións sobre os contextos de
traballo e as evidencias baseándose nos contextos globais e nos tipos de evidencias que se
definen nos RA.

Contidos básicos

Son o soporte que se necesita para adquirir as competencias dos RA que se expresan nos
criterios de avaliación. Cada resultado de aprendizaxe ten un bloque de contidos asociado
(Ex: RA1→BC1).
Na táboa seguinte relaciónanse algúns dos contidos curriculares necesarios para que o
alumnado realice as accións dos CA e alcance o RA "Elabora documentos de textos
utilizando as opcións dun procesador de textos tipo".

BC4. Elaboración de documentos e padróns mediante procesadores de texto

ƒ Funcións básicas dun procesador de textos.


ƒ Estrutura dos documentos: divisións e seccións.
ƒ Elaboración de documentos de diversos tipos (manuais, partes de incidencias, etc.).
ƒ Estilos.
ƒ ...

En resumo, os criterios de avaliación definen o que o alumnado debe saber facer e, xa que
logo, o que se debe ensinar e avaliar. É dicir, a programación débese desenvolver tendo
como referente os criterios de avaliación e non os contidos.

Páxina 29 de 31
1 A interpretación dos contidos canto á extensión e a profundidade será moi diferente
en función da formación dos/das docentes e das súas preferencias. Estes límites
establécense, no currículo, nos criterios de avaliación. Exceder a extensión e a
profundidade do tratamento dos contidos máis aló do necesario para que o alumnado
saiba realizar as operacións que se indican nos CA só resulta na redución do tempo
dispoñible para que o alumnado domine profesionalmente operacións que debe saber
realizar e que requiren a repetición para adquirir a competencia.

Orientacións pedagóxicas para o desenvolvemento do módulo

As orientacións pedagóxicas teñen como finalidade orientar o profesorado, de forma xeral,


para lle facilitar a planificación docente e a acción didáctica. En cada módulo descríbense
de xeito resumido os aspectos seguintes:
ƒ Función do módulo profesional respecto das competencias que deben adquirir as perso-
as e a súa relación co sector produtivo.
ƒ Función do módulo profesional respecto á consecución dos obxectivos xerais do ciclo
formativo e das competencias profesionais, persoais e sociais.
ƒ Os tipos de actividade e a súa organización que permiten alcanzar o maior número de
ámbitos da competencia
O currículo oficial do módulo pode estar organizado en unidades formativas de menor
duración, co fin de promover a formación ao longo da vida; é dicir que os elementos
curriculares do módulo (RA, CA, BC e contidos) se dividen en varias unidades formativas
que teñen sentido en si mesmas e que, no réxime de persoas adultas, son certificables e
teñen validez no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Páxina 30 de 31
Páxina 31 de 31

También podría gustarte