Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Guinea-Bissau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Guiné-Bissau»)
Modelo:Xeografía políticaGuinea-Bissau
República da Guiné-Bissau (pt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoEsta é a Nossa Pátria Bem Amada Editar o valor en Wikidata

Lema«Unidade, Luta, Progresso»
«Unity, Fight, Progress»
«Единство, борба, прогрес»
«Undod, Ymladd, Cynnydd» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 12°N 15°O / 12, -15
CapitalBissau Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.861.283 (2017) Editar o valor en Wikidata (51,52 hab./km²)
Lingua oficiallingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie36.125 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Torin (en) Traducir (300 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1974 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor en WikidataUmaro Sissoco Embaló (pt) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataNuno Gomes Nabian (pt) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional Popular da Guiné-Bissau (pt) Traducir , (Escano: 100) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal1.638.517.607 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedafranco CFA de África Occidental Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gw Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+245 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 119, 121 (pt) Traducir e 180 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísGW Editar o valor en Wikidata

Sitio webgov.gw Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451812

Guinea-Bissau[1][2][3] ou Guiné-Bissau[4] é un estado de África Occidental, sitúase na costa do continente dende o Cabo Vermello ata a punta Cagete. Con 36.125 km² de superficie, limita ao norte co Senegal, ao leste e sueste con Guinea, e ao sur e oeste co océano Atlántico. Alén do territorio continental, o país ten tamén unhas 40 illas que constitúen o Arquipélago dos Bixagós, separado do continente polas canles de Geba, Pedro Álvares, Bolama e Canhabaque.

Artigo principal: Historia de Guinea-Bissau.

Guinea-Bissau foi previamente unha parte do reino de Gabú, pertencente ao Imperio de Malí; partes do reino existiron ata o século XVIII. A pesar de os ríos e a costa desa área teren sido unha das primeiras partes colonizadas polos portugueses, o interior só foi explorado a partir do século XIX. Unha rebelión comezada en 1956 polo Partido Africano pola Independencia da Guiné e Cabo Verde (PAIGCV) consolidou o seu control sobre o país en 1973. A independencia foi declarada unilateralmente o 24 de setembro de 1973, e só recoñecida na Revolución dos Cravos, en 1974. O país foi controlado por un consello revolucionario ata 1984. As primeiras eleccións pluri-partidarias aconteceron en 1994, mais un golpe militar en 1998 depuxo o presidente e mergullou o país nunha guerra civil (1998-1999). Houbo novas eleccións e, en 2000, Kumba Yalá foi electo.

En setembro de 2003 houbo outro golpe militar. Desta vez, o presidente Yalá foi preso, alegándose que el era incapaz de resolver problemas. Despois de seren adiadas innúmeras veces, houbo eleccións lexislativas en abril de 2004. Un motín en diversas faccións das forzas armadas en outubro de 2004 resultou na morte do comandante mor das forzas do país, o que causou conmoción por todo o país.

En 2005, João Bernardo Vieira foi electo presidente do país. Gobernou ata o 2 de marzo de 2009, cando foi asasinado. Raimundo Pereira asumiu o poder interinamente o día seguinte.

Despois da morte de Vieira, os militares prometeron respecto ás regras de sucesión establecidas na constitución do país. Houbo eleccións o 28 de xuño de 2009[5] que foron vencidas por Malam Bacai Sanhá, quen asumiu o poder o 8 de setembro do mesmo ano[6]. En novembro de 2011 Sanhá foi trasladado a París gravemente enfermo, e faleceu na capital francesa o 9 de xaneiro de 2012, logo de pasar varios días en coma[7]. O 26 de decembro, estando Sanhá hospitalizado, o país sufriu un golpe de estado, que non tivo éxito.

Política

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Política de Guinea-Bissau.

En Guinea-Bissau, en 1989, o partido no poder (PAIGCV-Partido Africano pola independencia de Guinea e do Cabo Verde) baixo control do presidente Vieira comezou o un programa de liberalización política, reformas que abriron camiño para unha democracia pluri-partidaria que incluíu a exclusión de varios artigos da constitución que privilexiaban o papel de liderado exercido polo PAIGC. As leis permitiron a formación doutros partidos políticos, prensa libre, e sindicatos independentes, con permiso de folga.

As primeiras eleccións pluri-partidarias a presidente e parlamento en Guinea-Bissau aconteceron en 1994. Logo despois da fin da guerra civil 1998-1999, unhas novas eleccións foron convocadas, levando ao poder Kumba Yalá, líder da oposición e o seu partido, PRS. Ialá foi deposto nun pacífico golpe en setembro de 2003, asumindo o posto Henrique Rosa. A transición de Guinea-Bissau á democracia é complicada pola súa debilitada economía, devastada pola guerra civil.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]

Guinea-Bissau está dividida en oito rexións (regiões) e un sector autónomo (sector autónomo). Estes á súa vez están subdivididos en trinta e sete sectores. As rexións son:

Mapa das rexións de Guinea-Bissau

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeografía de Guinea-Bissau.
Principais cidades (hab).
Bissau (404.119)
Bafatá (22.899)
Gabu (14.727)
Bissorã (12.827)
Bolama (10.803)
Cacheu (10.584)
Catió (10.115).

O país ten baixa altitude; o seu punto máis alto está a 300 metros (sempre por enriba do nivel do mar). O interior é formado por sabanas, e a costa é unha planicie pantanosa. O seu período de chuvias altérnase con períodos de calor, seca vida do Sáhara. O arquipélago de Bixagos estendese ao longo da costa.

Mapa de Guinea-Bissau.

O país ten clima tropical; normalmente quente e húmido; estación chuviosa (do tipo monzónica de xuño a novembro) con ventos suroestes; estación seca (decembro a maio) con ventos secos de tipo harmattan procedentes do Sáhara).

O terreo é en xeral unha planicie, que se converte en sabanas cara ao leste.

Elevacións máximas

[editar | editar a fonte]
  • Punto máis baixo: océano Atlántico (0 m)
  • Punto máis alto: no canto nordeste do país (300 m)

Recursos naturais

[editar | editar a fonte]

Peixe, madeira, fosfatos, bauxita, depósitos aínda non prospectados de petróleo.

Uso da terra:

  • Terra arable: 11 %
  • Plantacións permanentes: 1 %
  • Pastos permanentes: 38 %
  • Forestas e bosques: 38 %
  • Outros: 12 % (estimativa de 1993)

Terra irrigada: 17 km² (estimativa de 1993)

Problemas naturais

[editar | editar a fonte]

Néboa quente, seca e empoeirada vinda do deserto que reduce a visibilidade durante a época seca; Queimas.

Entre os problemas ambientais están a deforestación; erosión do chan; sobrepastoreo; pesca predatoria.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Guinea-Bissau.

É un dos 10 países máis pobres do mundo, situación que ficou peor cunha guerra civil no 1998. O principal produto exportado é o anacardio (en portugués, caju, un tipo de froita tropical) que responde por 70% das exportacións. Tamén exporta camarón, peixes, arroz e madeira. A industria case non existe, e o turismo carece de divulgación e infraestruturas para recibir visitantes. O país ten dificultade ata de realizar un Censo Demográfico por falta de recursos.

A moeda do país é o Franco CFA, moeda tamén do Senegal, co valor fixado ao Euro a 655,96 Francos CFA por 1 Euro.

A música de Guinea-Bissau pertence polo xeral ao gumbe, xénero musical de natureza polirrítmica, o cal é a exportación musical máis relevante. Con todo, a inestabilidade da sociedade e o relativamente pequeno desenvolvemento do mesmo fixeron que o gumbe e outros xéneros asociados non logren transcender as fronteiras e chegar ás grandes audiencias.

A calabash é o instrumento musical máis popular en Guinea-Bissau, o mesmo constrúese utilizando o froito seco do porongo e utilízano para crear música con complexas características rítmicas. As letras das cancións son polo xeral en crioulo (kriolu) de raíces portuguesas. Son comúns cancións con contido humorístico ou sobre determinadas temáticas, relacionadas con eventos cotiáns ou controvertidos, especialmente a SIDA.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guineano.
  2. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  3. Gran Dicionario Cumio da Lingua Galega e Diciopedia do século 21
  4. A Gran Enciclopedia Galega Universal e Digalego
  5. "Bissau Digital - 1 d'abril de 2009". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 08 de setembro de 2009. 
  6. Malam Bacai Sanhá toma posse como presidente de Guiné-Bissau - Folha Online, 8 de setembre de 2009
  7. Le président de Guinée-Bissau meurt à Paris, Le Monde, 9/1/2012.