corrente
- Etimoloxía: de correr e -nte. En latín currens, -entis.
- Pronuncia: /ko.ˈrɛn.te̝/ (AFI)
corrente (sg: corrente; pl: correntes)
- Que corre.
- Exemplo: Auga corrente.
- Exemplo: Auga corrente.
- Dito dunha semana, dun mes, dun ano ou dun século, que é o actual ou que vai transcorrendo.
- Exemplo: Na semana corrente temos que rematar este traballo.
- Exemplo: Na semana corrente temos que rematar este traballo.
- Que está en uso no momento presente ou estaba no momento de que se fala.
- Exemplo: Hoxe en día é corrente que os homes vaian sen garavata.
- Exemplo: Hoxe en día é corrente que os homes vaian sen garavata.
- Que non sobresae ou destaca por algunha característica ou calidade.
- Exemplo: É un home corrente. No xantar bebimos un viño corrente.
- Exemplo: É un home corrente. No xantar bebimos un viño corrente.
- Que se dá de modo xeral, que ocorre case sempre.
- Exemplo: É un costume moi corrente falar mal dos veciños en certo tipo de xente.
- Exemplo: É un costume moi corrente falar mal dos veciños en certo tipo de xente.
- Que non ten impedimento nin estorbo para o seu uso e efecto.
- Que é admitido ou autorizado polo uso común ou polo costume.
- Que sucede con frecuencia.
- Dito dunha persoa que é de trato chan familiar.
- Dito do estilo, que é fácil, que flúe.
- Dito dun recibo, dun número de publicación periódica, etc., que é o útimo aparecido, a diferenza dos atrasados.
- (Física) Movemento de translación continuado, xa sexa permanente, xa accidental, dunha masa de materia fluida, como a auga ou o aire, nunha dirección determinada.
Termos relacionados
ao corrente, ao corrente de, auga corrente, conta corrente, contra corrente, corrente alterna, corrente continua, corrente eléctrica, levar a corrente, seguir a corrente, toma de corrente.
corrente (sg: corrente; pl: correntes)
- (Arte) Movemento artístico con determinadas características e obxectivos comúns.
- (Física) Fluxo de masas fluídas que se desprazan.
- Exemplo: Un río é unha corrente de auga. Corrente de aire quente. Correntes mariñas
.
- Exemplo: Un río é unha corrente de auga. Corrente de aire quente. Correntes mariñas
- (Física) Movemento continuo e ordenado de cargas eléctricas entre dous puntos de distinto potencial.
- Exemplo: Co aumento do prezo daluz, non paguei o recibo e cortáronme a corrente
.
- Exemplo: Co aumento do prezo daluz, non paguei o recibo e cortáronme a corrente
- Manifestación humana dunha actividade ou idea que leva unha determinada dirección.
- Exemplo: Corrente de pensamento. Corrente de opinión. A corrente romántica literaria.
- Exemplo: Corrente de pensamento. Corrente de opinión. A corrente romántica literaria.
Observacións
corrente