Alexandra Jiménez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2022.) |
Alexandra Jiménez Arrechea, nada en Zaragoza o 4 de xaneiro de 1980, é unha actriz de cine e televisión española.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alexandra Jiménez Arrechea 4 de xaneiro de 1980 (44 anos) Zaragoza, España |
Altura | 1,64 m |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Período de actividade | 1998 - |
Familia | |
Cónxuxe | Luis Rallo |
Premios | |
| |
Biografía
editarAlexandra naceu en Zaragoza, o 4 de xaneiro de 1980. Vivía no barrio de La Romareda aínda que máis tarde os seus pais decidiron mudarse a Utebo, unha zona máis tranquila preto do campo. Empezou desde moi nova a estudar ballet no Estudio de Danza María de Ávila de Zaragoza e no Real Conservatorio Profesional de Danza de Zaragoza seguindo os pasos da súa irmá, á vez que estudaba no colexio aínda que o facía a maior parte do tempo a distancia. Chegou a ser bailarina profesional aos 15 anos, estivo traballando en Cuba pero unha lesión no pé dereito fíxolle reformularse o seu futuro e enfocalo á arte dramática, algo que sempre quixera facer ata antes de ser bailarina.
Cursou o seu estudos de interpretación na Escola Superior de Artes e Espectáculos TAI de Madrid, empezando xa a compaxinar no segundo curso a súa formación con algunha intervención en series televisivas como Periodistas, Policías, en el corazón de la calle, ou Compañeros.
No entanto, o papel que a fará coñecida para o público é o de África, a sufrida compañeira de Raúl (Alejo Sauras) e amiga de Eva (Verónica Sánchez) na serie de televisión Los Serrano. O seu personaxe foi gañando protagonismo co paso dos capítulos, especialmente trala marcha de Verónica Sánchez e Fran Perea, o que lle valeu unha candidatura ao Premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria na categoría de televisión.
Despois é coñecida polo seu papel protagonista na serie de televisión La pecera de Eva, nela comparte escenario con actores como Joel Bosqued ou Ana del Rey.
En setembro de 2011 comezou a serie Cheers, na que participa facendo de Rebeca Santaolalla, onde comparte pantalla con Antonio Resines e Alberto San Juan. O público non acolleu con bo pé a copia que se lle fixo á mítica serie e esta recibiu numerosas críticas por posuír un humor 'predicible'. A serie cancelouse a principios do 2012.
En febreiro de 2012 estrea a película Promoción fantasma, dirixida por Javier Ruiz Caldera. Unha comedia entretida e moi divertida. Ela é Tina, a directora dun instituto habitado por 5 pantasmas, entre eles Andrea Duro, Jaime Olías ou Anna Castillo; e terá a sorte de atopar a Modesto (Raúl Arévalo) para axudala a que o instituto siga adiante. A película conta tamén coa participación de Carlos Areces, Silvia Abril ou Joaquín Reyes entre outros.
En agosto de 2012 Alexandra participou na serie Frágiles de Telecinco, que encabeza Santi Millán, un fisioterapeuta que intentará resolver os problemas dos seus pacientes.
En xaneiro de 2013 comeza a serie Familia en Telecinco, unha comedia familiar na que ten un papel protagonista. Ela é Carlota, a mediana de tres irmás e enfrontarase aos problemas familiares, xunto a outros actores como Mabel Rivera, Juana Acosta e Santiago Ramos entre outros.
Filmografía
editarCine
editar- La fiesta (2003), como Trini.
- Fuera de carta (2008), como Paula.
- Spanish Movie (2009), como Ramira.
- No controles (2010), como Bea.
- Promoción fantasma (2012), como Tina.
- Casi Inocentes (2012), como Elena.
- Curtametraxes
- Low Bat (2003), como Chica Gánster.
- Los Anillos de Saturno (2003), como Valeria.
- Historia de un ciudadano (2003), como Chica Pastilla.
- Demonios de corta vista (2004), como Isabel.
- El mono de Hamlet (2005), como Eva.
- A Mario (2005).
- Vámonos de aquí (2004), como Ella.
- Por ser como eres (2010), como Mª Jesús.
- A o B (2011).
Televisión
editar- Periodistas (2002) como Laura.
- Compañeros (2002) como María.
- Policías, en el corazón de la calle (2002) como rapaza asasinada.
- Tres son multitud (2003) como Valeria.
- Los Serrano (2004-2008) como África Sanz.
- La familia Mata (2009) como Eva Mata.
- La pecera de Eva (2009-2011) como Eva Padrón.
- No soy como tú (2010) como Leticia. Miniserie.
- Cheers (2011-2012) como Rebeca Santaolalla.
- Frágiles (2012) como Eva Padrón.
- Familia (2013-¿?) como Carlota Oquendo.
- El secreto de Puente Viejo (2013) como Paloma Mesia.
Teatro
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexandra Jiménez |