Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Zipa

Gobernante muisca do sur da Confederación

Zipa era o título de nobreza dado polos muiscas ó gobernante supremo do Zipazgo, unha das divisións administrativas máis importantes da Confederación muisca. Adóitase empregar a expresión "Zipa de Bacatá", xa que a sede do goberno do Zipazgo atopábase en Funza, capital do Zybyn de Bacatá, que abranguía gran parte do territorio da actual cidade de Bogotá, capital de Colombia.

Escultura muisca dun Zipa sen identificar (Museo do Ouro de Bogotá).
Mapa do territorio muisca á chegada dos españois (século XVI). Os dominios do Zipa en verde.

O Zipa era considerado descendente da deusa Chie (a Lúa), da mesma forma que o Zaque era considerado descendente de Sué (o Sol). O Zipa tiña autoridade absoluta sobre o goberno do Zipazgo. Ó seu cargo estaba a dirección administrativa, o mando do exército, a creación, reforma e aplicación das leis, e boa parte dos asuntos relixiosos. É así como, por exemplo, os chyquy (sacerdotes muiscas) debían ser investidos pola autoridade do Zipa. A única persoa que podía exercer autoridade sobre o Zipa era o Chyquy-Zibyntyba de Iraca, a quen se consideraba sucesor do Venerable Bochica, mentres que o único poder en igualdade de condicións fronte ó do Zipa era o do Zaque, que nun comezo fora meirande.[1]

Lista dos Zipas

editar
Gobernantes muisca de Bacatá (zipas)
Imaxe Nome Comezo Remate Detalles
 
Meicuchuca 1450 1470
 
Saguamanchica 1470 1490 Morreu na batalla de Chocontá
 
Nemequene 1490 1514 Introduciu o Código de Nemequene
 
Tisquesusa 1514 1537 Gobernaba cando os españois chegaron a Colombia
 
Zaquesazipa 1537 1539 Derradeiro gobernante muisca do sur

O último herdeiro lexítimo ó trono do que se ten coñecemento foi Chiayzaque, Tybarague de Chía.[2]

  1. Restrepo, Vicente. Los chibchas antes de la conquista española. (Bogotá, Imprenta de la Luz, 1895) Capítulo VIII
  2. Plaza, José Antonio de. Compendio de la historía de la Nueva Granada: desde antes de su descubrimiento, hasta el 17 de noviembre de 1831 (Imprenta del Neogranadino; Bogotá, 1850), p. 48