Xosé López Orozco
Xosé Clemente López Orozco, nado en Fazouro (Foz) o 15 de setembro de 1947, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1947 (77 anos) Fazouro, España |
Alcalde de Lugo | |
4 de xullo de 1999 – 13 de xuño de 2015 ← Joaquín García Díez – Lara Méndez López → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Pontificia de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor, mestre |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Traxectoria
editarÉ licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Pontificia de Salamanca e doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela. Na década de 1970, traballou como mestre no IES de Viveiro e máis no IES Xoán Montes de Lugo (1972-77) para finalmente acadar a condición de catedrático de Filosofía no IES Lucus Augusti.
É militante socialista dende decembro de 1975 e membro da FETE-UXT dende 1981. Na actualidade é presidente da agrupación luguesa do PSdeG e membro da executiva nacional galega. Foi o delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia entre 1987 e 1990, e membro do Consello Asesor da Televisión Española en Galicia entre 1990 e 1995.
Alcalde de Lugo
editarFoi alcalde de Lugo tralas eleccións municipais de 1999, tras alcanzar un pacto de goberno co BNG, sendo o primeiro alcalde socialista da democracia na cidade. Nas eleccións municipais de 2003 foi reelixido alcalde ao lograr maioría absoluta con 13 concelleiros de 25. En 2007 revalidou a alcaldía, se ben baixou a 12 concelleiros e perdeu a maioría absoluta, polo que tivo que gobernar en minoría. En 2011 revalidou a alcaldía grazas ao apoio do BNG, gobernando con eles en coalición ata finais de 2012. Tralo Congreso Nacional do PSdeG de marzo de 2012 foi elixido Presidente da Executiva Nacional do partido, manténdose ata o Congreso Extraordinario de setembro de 2013.
Volveu a ser candidato nas eleccións municipais de 2015, precisando de novo o apoio doutros partidos para revalidala alcaldía. A presión dos demais grupos de esquerda, aducindo diversas imputacións xudiciais que lle afectaban, supuxo a súa renuncia como candidato[1] en favor da súa número 2, Lara Méndez, a cal foi elixida alcaldesa. En 2021 resultou absolto de tódalas acusacións que pesaban sobre el.[2]
Publicacións
editar- Homenaje a Ortega, en colaboración cos profesores de Filosofía de Lugo.
- El empleo: reto del momento, en la XIV Semana Galega de Filosofía. (1977)
Foi colaborador nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia.
Notas
editar- ↑ "La renuncia del alcalde socialista de Lugo, Xosé López Orozco, desbloquea un posible pacto para un gobierno de izquierdas en la ciudad". galiciadigital.com (en castelán). 11 de xuño de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2024.
- ↑ Seijo, Pepe; Pontevedra, Silvia R. (3 de febreiro de 2021). "La Audiencia de Lugo desimputa a Orozco y Besteiro y archiva el ‘caso Garañón’". elpais.com (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar
Predecesor: Joaquín García Díez |
Alcalde de Lugo 1999 - 2015 |
Sucesor: Lara Méndez |
Predecesor: vacante |
Presidente do PSdeG-PSOE 2012 - 2013 |
Sucesor: vacante |