Wired
Wired é unha revista mensual estadounidense que existe dende 1993 e un páxina web de novas homónimo.[1] Wired trata de reflectir a maneira en que a tecnoloxía afecta á cultura, á educación, á economía e á política. A revista é propiedade da editorial Condé Nast Publications e publícase en San Francisco, California.
Wired | |
---|---|
País | Reino Unido e Estados Unidos de América |
Lugar | San Francisco |
Coordenadas | Erro de Lua en Módulo:Wikidata na liña 775: attempt to concatenate field 'formato' (a nil value). |
Lingua | lingua inglesa |
Especialidade | revista de divulgação científica, revista de informática, lifestyle magazine e cultural magazine |
Fundación | marzo de 1993 |
Descrito por | Wikipedia:Vaccine safety/Perennial sources |
Editorial | Condé Nast |
Circulación | |
Frecuencia | 1 mes |
ISSN | 1059-1028 |
OCLC | 24479723 |
Na rede | |
https://www.wired.com/, https://www.wired.it/, https://wired.jp/, https://www.wired.co.uk/, http://wired.com, http://www.wired.com/wired/current.html, http://rzblx1.uni-regensburg.de/ezeit/warpto.phtml?colors=7&jour_id=34991 e http://www.wired.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A palabra inglesa "Wired" pódese traducir ó galego como "cableado/a", o que debe entenderse no contexto da época de fundación da revista, no cal as computadoras dependían exclusivamente de cables para conectar os seus compoñentes entre si, como o monitor, o rato, o teclado ou a impresora. Outra tradución do título da revista en galego podería ser "conectado", no sentido da visión dos seus lectores como xente conectada ou enganchada ás novas tecnoloxías e as súas conexións coa cultura, a economía, a política, a moda etc.
Historia
editarO primeiro número da revista foi publicado para o período de marzo-abril de 1993, conforme á súa propia nomenclatura o 1.01 (a primeira cifra indica o ano e a segunda o mes). O xornalista Louis Rosetto e a súa socia Jane Metcalfe fundaron a revista no ano 1993 co apoio inicial do empresario da industria do software Charlie Jackson e Nicholas Negroponte, director do Laboratorio de Medios do MIT, que ademais traballou como columnista durante máis de seis anos. Desde o comezo, Wired foi un grande éxito editorial e foi comparada con Rolling Stone polo seu impacto na sociedade norteamericana.
Notas
editar- ↑ Sitio Oficial de Wired Wired.com