Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Willard Libby

(Redirección desde «Willard Frank Libby»)

Willard Frank Libby, nado en Grand Valley (Colorado) o 17 de decembro de 1908 e finado nos Ánxeles (California) o 8 de setembro de 1980, foi un químico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1960.

Modelo:BiografíaWillard Libby

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Willard Frank Libby Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Grand Valley, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Berkeley
Universidade de Princeton
Analy High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseWendell Mitchell Latimer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisicoquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Os Ánxeles
Universidade de California, Berkeley
Universidade de Chicago Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoFrank Sherwood Rowland e Maurice Sanford Fox (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLeona Woods Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Либби Уиллард Франк)
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.164) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 5ba295e4-8cee-4e61-94e3-68b6e29f03b4 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Realizou a súa educación primaria na zona de Sebastopol, California, entre 1913 e 1926. Estudou química na Universidade de Berkeley, onde se licenciou en 1931; doutorouse en 1933 e iniciou a súa tarefa docente. En 1943 foi nomeado profesor de Química na Universidade de Chicago. Posteriormente trasladouse á Universidade de Berkeley onde permaneceu durante 10 anos, tras os cales obtivo unha bolsa da Guggenheim Memorial Foundation coa que traballou na Universidade de Princeton, ata que, en decembro de 1941, tivo que interromper a súa bolsa durante a segunda guerra mundial, xa que foi chamado a colaborar no proxecto Manhattan na Universidade de Columbia

En 1943 foi nomeado profesor de Química na Universidade de Chicago, onde permaneceu ata o seu nomeamento polo presidente Eisenhower en 1954 como membro da Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos. En 1959 renunciou ao devandito cargo para volver ensinar química como profesor na Universidade de California, Os Ánxeles, aínda que entre 1960 e 1962 continuou sendo membro do comité consultivo xeral da AEC (Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos), posto ao que tamén renunciou en 1962 ao ser nomeado director do Instituto de Xeofísica e Física Planetaria.

Investigacións científicas

editar

Durante a segunda guerra mundial participou activamente no desenvolvemento dun procedemento de separación dos isótopos de uranio que se realizou na Universidade de Columbia, como fase inicial do coñecido Proxecto Manhattan de fabricación da bomba atómica. Durante a súa estancia no Proxecto Manhattan traballou á beira de Harold Clayton Urey e foi o responsable da separación e o enriquecemento dos isótopos do uranio-235, os cales foron usados na bomba atómica lanzada sobre a cidade xaponesa de Hiroshima.

Especializado no estudo da radioactividade nos tecidos vivos, en 1949 introduciu o cómputo cronolóxico baseado na radioactividade do carbono-14 contido nos restos orgánicos, para determinar a súa idade, coñecido como datación baseada no carbono 14.

En 1960 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento do método carbono 14 para a análise temporal.

Recoñecementos

editar
  • Premio da Research Corporation en 1951 pola técnica de datación do carbono radioactivo.
  • Medalla Chandler da Universidade de Columbia en 1954.
  • Premio da American Chemical Society polas aplicacións nucleares na química en 1956.
  • Medalla Elliott resson do Franklin Institute en 1957.
  • Medalla da Chemical Society's Willard Gibbs en 1958.
  • Medalla Albert Einstein en 1959.
  • Premio Nobel de química en 1960 polos seus estudos sobre o carbono-14 natural e o seu uso para a datación arqueolóxica, e o tritio natural e os seus usos hidrológicos e xeofísicos.
  • Medalla da Geological Society of America en 1961.
  • Na súa honra bautizouse ao asteroide (5672) Libby descuberto o 6 de marzo de 1986 por Edward L. G. Bowell.

Sociedades científicas

editar
  • Entre 1945 e 1952 foi membro do comité sénior de avaliadores da Comisión Atómica da Enerxía.
  • De 1950 a 1954 foi membro do comité xeral asesor da Comisión, posto para o foi designado novamente polo presidente Eisenhower en 1960.
  • Membro do Plowshare Advisory Committee desde 1959.
  • Membro do comité asesor da Guggenheim Memorial Foundation.
  • Investigador asociado ao Carnegie Institute of Washington Geophysical Laboratory.
  • Desde 1963 foi membro da comisión xeral científica da Fundación Nacional de Ciencias.
  • Desde 1960 foi membro do comité editorial de Proceedings of the National Academy of Sciences.
  • Desde 1962, membro do comité editorial de Science.
  • Tamén foi membro da Heidelberg Academy of Sciences e da Sociedade Boliviana de Antropoloxía, e membro estranxeiro da Real Academia Sueca de Ciencias.

Publicacións

editar

O seu libro Radiocarbon Dating, foi publicado pola Universidade de Chicago en 1952, e reeditado en 1955.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Willard Frank Libby (2005). Seguridade Nuclear (PDF). I Trimestre 2005. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de maio de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2010. 

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Jaroslav Heyrovský
Premio Nobel de Química
 

1960
Sucesor:
Melvin Calvin