Walter Schottky
Walter Hermann Schottky, nado en Zürich (Suíza) o 23 de xullo de 1886 e finado en Forchheim (Baviera) o 4 de marzo de 1976, foi un físico alemán.
Nome orixinal | Walter Hermann Schottky |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xullo de 1886 Zürich (Suíza) |
Morte | 4 de marzo de 1976 (89 anos) Forchheim, Alemaña |
Lugar de sepultura | Pretzfeld |
Formación profesional | Doutor en Física |
Educación | Universidade de Frederico-Guilherme (pt) Universidade de Würzburg |
Director de tese | Max Planck e Heinrich Rubens (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física do estado sólido (pt) , física, enxeñaría eléctrica, electrónica, Semicondutor, electron emission (en) e Investigación e Desenvolvemento |
Ocupación | físico, enxeñeiro, profesor universitario, inventor, electrotechnician (en) |
Empregador | Universidade de Jena) Siemens AG Universidade de Wurzburgo Universidade de Rostock Siemens AG |
Profesores | Max Planck |
Familia | |
Pai | Friedrich Schottky |
Irmáns | Ernst Max Schottky |
Premios | |
Medalla Hughes (1936) Medalla Carl Friedrich Gauss (1962) Werner-von-Siemens-Ring (1964) | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.301) |
Lista
|
Traxectoria
editarFillo do matemático Friedrich Schottky, estudou física na Universidade Humboldt de Berlín e na Universidade de Wurzburgo. Foi alumno de Max Planck, que dirixiu a súa tese de doutoramento. Traballou para Universidade de Jena (1912-1914), a empresa Siemens AG (1914-1919), a Universidade de Wurzburgo (1919-1923), a Universidade de Rostock (1923-1927) e, de novo, para Siemens AG (1927-1958).
Schottky inventou a pantalla da rede de tubo de baleiro en 1915 e a válvula termoiónica tétrodo en 1919, mentres traballaba na Siemens. En 1938 formulou unha teoría para predicir o efecto Schottky, que agora se utiliza nos díodos Schottky.
Foi galardoado en 1936 coa medalla Hughes, concedida pola Royal Society «polo seu descubrimento do efecto Schrotlky na emisión termoiónica e a súa invención do tétrodo de pantalla de rede e dun método superheterodino de recibir sinais inalámbricas». O efecto Schrottky describe as variacións espontáneas en tubos de baleiro.
En 1964 recibiu o Anel Werner von Siemens en honor ao seu pioneiro labor no desenvolvemento físico para a comprensión de moitos fenómenos que deron lugar a numerosos e importantes aparatos técnicos, entre eles amplificadores de tubo e semicondutores.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Walter Schottky |