Universidade de Montpellier
A Universidad de Montpellier é unha das máis antigas de Francia. Forma parte do Grupo Coimbra, e conta con 1900 profesores, 41 000 estudantes, e 1700 estudantes de doutoramento.[1]
Universidade de Montpellier Université de Montpellier | |
---|---|
Facultade de Medicina | |
Datos xerais | |
Localización | Montpellier, Francia |
Fundación | 1289 |
Datos actuais | |
Alumnos | 41 000 [1] |
Datos de contacto | |
Páxina web | https://www.umontpellier.fr/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA Universidade de Montpellier foi fundada en 1220 polo cardeal Conrado de Urach, e confirmada polo papa Nicolao IV nunha bula en 1289, na que reunía todas as escolas centenarias da cidade nunha universidade.[2]
A cidade de Montpellier foi un dos principais centros do saber da Idade Media en Francia.
A Universidade foi suprimida durante a Revolución francesa en 1793 e restablecida en 1896.
En 1968 a cidade tiña diversas escolas politécnicas superiores, públicas e privadas, e a Universidade dividiuse en tres:
- A Universidade de Montpellier I, cuxa sede está en Montpellier, con dous campus en Nîmes e Albaret-Sainte-Marie, cuns 21 000 estudantes.
- A Universidade de Montpellier II, con campus en Montpellier, Nîmes e Béziers, cuns 15 000 estudantes.
- A Universidade de Montpellier III, tamén chamada Universidade Paul-Valéry, con campus en Montpellier e Bèziers, cuns 16 000 estudantes.
Porén, desde 2009 estudábase un proxecto para unificar todos os campus nunha grande Universidade. E en 2015 recreouse a Universidade de Montpellier,[3] fusionando as Universidades de Montpellier I e II, quedando fóra a Universidade Paul-Valéry.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Université de Montpellier en umontpellier.fr. Consultado o 13 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Université de Montpellier. Histoire de l’Université Arquivado 13 de outubro de 2022 en Wayback Machine.,
- ↑ Décret nº 2014-1038 du 11 septembre 2014 portant création de l’université de Montpellier.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Montpellier |