Under sandet
Under sandet é un filme dinamarqués-alemán de 2015 dirixido por Martin Zandvliet. Foi elixido para a súa estrea na sección Plataforma do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015.[3] Foi escollido como candidato de Dinamarca, e finalmente nomeado, para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios.[4][5][6]
Under sandet | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Under sandet |
Director | Martin Zandvliet |
Produtor | Malte Grunert Mikael Chr. Rieks |
Guión | Martin Zandvliet |
Intérpretes | Roland Møller Mikkel Følsgaard |
Música | Sune Martin |
Fotografía | Camilla Hjelm Knudsen |
Montaxe | Per Sandholt Molly Malene Stensgaard |
Distribuidora | Nordisk Film |
Estrea | Festival de Toronto: 10 de setembro de 2015 3 de decembro de 2015 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Dinamarca Alemaña |
Xénero | Drama e bélico |
Orzamento | 35,5 millóns de coroas[1] |
Recadación | 3,1 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
O filme está inspirado en feitos reais e conta a historia de prisioneiros de guerra alemáns enviados a limpar campos de minas en Dinamarca despois do remate da segunda guerra mundial.
Sinopse
editarO sarxento do exército dinamarqués Carl Leopold Rasmussen é encargado de dirixir un pelotón de prisioneiros do exército alemán en maio de 1945, despois da liberación de Dinamarca na segunda guerra mundial. A súa misión é limpar de minas terrestres unha praia do oeste de Dinamarca. Rasmussen odia profundamente os alemáns, aos que considera inimigos que invadiron a súa patria, e manifesta ese odio con agresións e vexacións aos prisioneiros cada vez que pode. A Rasmussen asígnanlle un grupo de catorce soldados cunha media de vinte anos. Ao velos, non se acovarda ante a realidade de seren adolescentes.
Personaxes
editar- Roland Møller como Sarxento Carl Leopold Rasmussen
- Mikkel Boe Følsgaard como Capitán Ebbe Jensen
- Laura Bro como Karin
- Louis Hofmann como Sebastian Schumann
- Joel Basman como Helmut Morbach
- Oskar Bökelmann como Ludwig Haffke
- Emil Belton como Ernst Lessner
- Oskar Belton como Werner Lessner
- Leon Seidel como Wilhelm LeBern
- Karl Alexander Seider como Manfred
- Maximilian Beck como August Kluger
- August Carter como Rodolf Selke
- Tim Bülow como Hermann Marklein
- Alexander Rasch como Friedrich Schnurr
- Julius Kochinke como Johann Wolff
- Zoe Zandvliet como Elizabeth
Notas
editar- ↑ "Nordisk Film & TV Fond Jumps On Zandvliet’s Land of Mine". Consultado o 9 de novembro de 2015.
- ↑ "Under sandet (Land of Mine)". Box Office Mojo. Consultado o 14 de maio de 2017.
- ↑ IndieWire (ed.). "Toronto International Film Festival Announces Inaugural Platform Lineup". Consultado o 14 de agosto de 2015.
- ↑ CPH Post, ed. (19 de setembro de 2016). "War film submitted as Denmark’s Oscar entry". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2016.
- ↑ Roxborough, Scott (19 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Denmark Selects 'Land of Mine' for Foreign-Language Category". Consultado o 19 de setembro de 2016.
- ↑ Samuelson, Kate (24 de xaneiro de 2017). Time, ed. "Here Are the 2017 Oscar Nominations". Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Under sandet na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)