Tobolsk
Tobolsk (en ruso: Тобо́льск, tártaro: Tubıl) foi a capital histórica de Siberia, e actualmente unha cidade ordinaria do óblast de Tiumen, en Rusia. Está localizada na confluencia dos ríos Tobol e Irtish.
Тобольск (ru) | ||||
Alcume | Ангел Сибири e Бывшая столица Сибирской губернии | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Rusia | |||
Óblasts | Óblast de Tyumen | |||
Capital de | Tobol Okrug (en) Tobolsky Razryad (en) Tobol Okrug (en) Tobolsky Uyezd (en) (1587–1923) Siberia Governorate (en) (1708 (Xuliano)–1782 (Xuliano)) Tobolsk Province (en) (1719 (Xuliano)–1782 (Xuliano)) Q61990551 (1782 (Xuliano)–1796 (Xuliano)) Tobolsk Viceroyalty (en) (1782 (Xuliano)–1796 (Xuliano)) Tobolsk Governorate (en) (1796 (Xuliano)–1920) Tobolsky District (en) (1923–) Tobolsk Urban Okrug (en) (2004–) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 97.000 (1999) (436,94 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 222 km² | |||
Altitude | 90 m | |||
Creación | 14 de xuño de 1587 ↔ agosto de 1587 | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Vladimir Mazur (en) (2012–2019) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 626128 • 626150 • 626159 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 3456 | |||
Identificador OKTMO | 71710000001 | |||
Identificador OKATO | 71410000000 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | tobolsk.admtyumen.ru |
Historia
editarTobolsk foi fundada polos cosacos comandados polo seu líder Iermak Timofeevich entre 1585 e 1586 durante o primeiro avance ruso en Siberia. Preto das ruínas de Qashliq, capital do Khanato de Siberia. Isto fíxose co asentimento da Gobernación de Siberia e prosperou grazas ao comercio con China e Bukhara. Foi aí onde se estableceron a primeira escola, o primeiro teatro e o primeiro xornal de Siberia.
Debido aos desacordos administrativos do territorio, Tobolsk deixou o asento do Gobernador xeral de Siberia Occidental ata que fose trasladado a Omsk de 1820 a 1830. Homenaxeando á autoridade da cidade, moitas cidades siberianas tiñan as súas armas orixinais e mostran a insignia de Tobolsk, entre elas, Omsk, Tiumén e Tomsk. Omsk honra a herdanza até este día.
Até a Revolución rusa de 1917, a cidade servía como a capital de gobernatura de Tobolsk. Vasilii Perov e Dmitri Mendeleev (creador da táboa periódica), foron os habitantes máis famosos da cidade. A importancia da cidade diminuíu cando o Ferrocarril Transiberiano evitouno no seu percorrido, nos anos 1890.
Entre os edificios seculares notorios da cidade atópase esta casa construída polo comerciante e recadador de impostos Kuklin despois dun incendio que arrasou coa cidade en 1788.
En agosto de 1917, despois da Revolución de Febreiro, o Tsar Nicolao II de Rusia e a súa familia foron exiliados aquí polo Goberno provisional e aloxados na antiga casa do Gobernador xeral, antes de ser trasladados polas forzas bolxeviques a Ekaterimburgo.
A economía do Tobolsk moderno céntrase nunha refinaría de petróleo principalmente. Tamén se conservan algunhas artesanías tradicionais, como a talladura de óso.
Monumentos
editarTobolsk é a única cidade de Siberia e unha das poucas en Rusia que ten un Kremlin ou fortaleza de pedra, construída ao redor dos séculos XVII e XVIII. As paredes brancas e torres do conxunto de igrexas e edificios están espectacularmente situados sobre unha alta beira do río. Foron declarados un tesouro nacional histórico e arquitectónico en 1870.
Os monumentos principais do Kremlin son a Catedral de Santa Sofía (1683-1686), o patio mercante (1703-1705), o palacio episcopal (1773-1775), e a suposta Cámara Sueca (1713-1716), con seis corredores barrocos. A cidade contén notables igrexas barrocas e neoclásicas a partir dos séculos XVIII e XIX. Tamén significativo é un monumento de granito dedicado a Iermak Timofeevich, construído por Alexander Brullov en 1839.
Galería
editar-
A Mansión do Gobernador de Tobolsk, onde a familia imperial rusa estivo en cativerio, entre agosto de 1917 e abril de 1918
-
A cidade en 1898.
-
Vista de Tobolsk en 1910, fotografía a cor feita por Sergéi Prokudin-Gorski.
-
Vista da cidade en 1912.
-
Muíños de vento preto de Tobolsk en 1912.
-
A antiga casa de comercio en 2004.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tobolsk |