Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Emprégase a expresión tiro parabólico para describir o movemento de obxectos cunha traxectoria aproximada á dunha parábola. O termo provén da terminoloxía militar, pois durante moito tempo un dos campos fundamentais da enxeñaría foi o cálculo da traxectoria de proxectís. Un punto que se despraza cunha velocidade inicial na dirección horizontal distinta de cero e se mantén a unha altura reducida, cando no seu desprazamento só actúa a aceleración debida á forza da gravidade describe aproximadamente unha parábola (a desviación debese á variación da forza da gravidade coa altura -diminúe co cadrado da distancia ao centro da terra). Debido a isto, a aceleración só se produce nunha dirección e sentido e o resto do movemento débese unicamente á velocidade inicial.

Movemento de media parábola

O habitual é descompoñer tódolos vectores na dirección da gravidade (vertical) e na súa dirección ortogonal (horizontal). Unha vez feito isto obtéñense as seguintes funcións vectoriais:

Posición en x:

Posición en y:

Velocidade en x:

Velocidade en y:

onde  ; , onde é o ángulo da velocidade inicial respecto á horizontal.

Esquema dun tiro parabólico.

Isto é unha aproximación matemática, nun obxecto real que se move na atmosfera, existe unha forza resistente de sentido contrario ao movemento e que depende da forma do obxecto e da velocidade (pódese aproximar cunha función do cadrado desta).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar