Talco
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
O talco ou esteatita (do árabe tal q) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Mg3Si4O10(OH)2 e que cristaliza no sistema monoclínico. Ráiase facilmente coa unlla, por iso na Escala de Mohs tómase coma patrón da menor dureza posible.
Talco | |
---|---|
Talco masivo | |
Fórmula química | Mg3Si4O10(OH)2 |
Clase | Silicatos |
Subclase | Filosilicatos |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Branca, gris, amarela, vermella, parda e verdosa |
Brillo | De anacarado a graxo |
Dureza | 1 |
Fractura | Irregular ou concoide |
Exfoliación | Perfecta, en láminas |
Raia | Branca |
Densidade | 2,7-2,8 g/cm3 |
Aspecto
editarAínda que a súa cor pode variar pola presenza de impurezas, e típico que o talco apareza coa súa cor branca de forma masiva. Este mineral raras veces aparece en cristais ben formados.
Lugares onde se atopa
editarFórmase pola metamorfose de silicatos de magnesio como a olivina ou o anfíbole.
Os principais explotadores de talco son Estados Unidos, China e Europa de onde proceden máis de dous terzos da produción mundial.
Usos do talco
editarO talco utilízase en diversas aplicacións. En forma de po utilízase como recheo na fabricación do papel e cartolinas, para lacas e pinturas, na industria cerámica (é un bo aditivo de gomas e plásticos) e no mundo da cosmética.
Pola súa resistencia ás elevadas temperaturas utilízase na fabricación de materiais termorresistentes.
Utilízase incluso coma aditivo na industria alimentaria (E553b).
Outros silicatos
editarOutros silicatos importantes son: