Tío Tom
O Tío Tom é o personaxe protagonista da novela de Harriet Beecher Stowe Uncle Tom's Cabin (A cabana do Tío Tom), na que se conta a triste historia dun escravo bo e a súa familia, que malia as múltiplas desgrazas que lles acontecen seguen a ser bos cristiáns e a aceptan o seu destino e a súa situación fronte aos brancos.
Na actualidade o termo é utilizado por iso como termo pexorativo utilizado polos negros americanos para referírense aos negros moi servís cos brancos ou simplemente pouco reivindicativos.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |