Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Convento de San Domingos de Bonaval

antiga construción relixiosa en Santiago de Compostela
(Redirección desde «San Domingos de Bonaval»)

O convento de San Domingos de Bonaval é un antigo convento dominico do século XIII cunha fábrica composta de elementos góticos, barrocos e neoclásicos.

Convento de San Domingos de Bonaval
Fachada
Datos xerais
PaísEspaña
RexiónGalicia
Tipoconvento reconvertido en museo
AdvocaciónSan Domingos
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°52′57″N 8°32′20″O / 42.8825, -8.53888889
CatalogaciónBen de Interese Cultural
Culto
DioceseDiocese de Santiago de Compostela
Arquitectura
Construciónorixe: século XII, remodelado no século XVII.
ArquitectosDomingo de Andrade entre outros.
EstiloBarroco, gótico, renacentista e neoclasicismo
editar datos en Wikidata ]

Situación

editar
 
Tímpano gótico da porta de acceso o cemiterio pequeno do convento.

Sitúase na cidade de Santiago de Compostela, extramuros na aba do monte da Almáciga, preto do lugar coñecido como a Porta do Camiño.

Historia

editar

O documento máis antigo no que se cita o convento, coa primitiva advocación de santa María, data de 1228. Desde o século XV aparece xa co título de San Domingos, e baixo o patrocinio da casa de Altamira.

Coa exclaustración das ordes relixiosas, o convento pasou a mans do Concello. En cumprimento dun Real Decreto de 1836, unha comisión nomeada pola Deputación da Coruña propuxo o derribo de trinta edificios, e destinou San Domingos "para cuarteis dos Rexementos de Compostela e Santiago, coa demolición da igrexa", mais este ditame non se chegou a executar.

En 1841, por mediación do arcebispo Vélez, o Concello destinou o convento a hospicio; en 1945 o hospicio ocupaba aínda a parte norte; e a sur, á dereita da igrexa, acollía un colexio de persoas xordomudas e cegas. Ao ser suprimidas estas institucións, quedou por un tempo desocupado, ata que o Concello decidiu acondicionar e destinar unha parte das dependencias a Museo Municipal, que se inaugurou en decembro de 1963.

En 1977, a petición do Padroado do Museo do Pobo Galego, recentemente constituído, o Concello cedeu o edificio para a creación do museo do mesmo nome.

 
Ábsida gótica da igrexa.

Descrición

editar

A igrexa

editar

A igrexa, construída en estilos gótico e renacentista, na actualidade non se atopa aberta ao culto e alberga o Panteón de Galegos Ilustres. Construída seguindo os canons do gótico dominico con naves luminosas a e diáfanas, e desprazando o punto de interese litúrxico desde a ábsida ata o púlpito situado no cruceiro.[1]

Neste templo enterráronse as familias dos Moscoso e dos Castro, grazas a autorización dada polo papa Inocencio IV a esta orde para enterrar segrares nos seus conventos.

As bóvedas cobren todo o templo.

 

Imaxinería

editar

O retablo maior foi construído a partir de 1687 por Domingo de Andrade na igrexa parroquial de Santiago do Carril, e tras ser montado no seu lugar definitivo non se mantivo a estrutura orixinal. Estrutúrase a base da superposición de corpos, forma claramente renacentista.

A escultura encargóuselle a Esteban de Cendón en 1689, relacionado co estilo de Mateo de Prado. Representa a san Francisco, santo Agostiño, San Bieito, santo Ignacio, san Pedro de Nolasco e san Domingos. Na actualidade atópanse espallados en diferentes lugares do convento.

O convento

editar

No ano 1695 iníciase a súa reconstrución, ao parecer debido as malas condicións nas que se atopaba. Baixo o mecenado do arcebispo Monroy, foi Domingo de Andrade o que se encargou das obras. Deste modo a imaxe que hoxe podemos observar é na súa maioría produto destas reformas ordenadas polo arcebispo frei Antonio de Monroy, que ocupou o seu cargo entre os anos 1685 a 1715.

 
Fachada principal do convento.

A fachada principal

editar

Presídea o escudo dos condes de Altamira con coroa real, patróns do convento, e vense referencias á obra Arte y uso de la Arquitectura de frei Lorenzo de San Nicolás. É de pequenas proporcións, dividida en tres partes, horizontal e verticalmente.

A portada componse de dúas pilastras toscanas decoradas con feixes de froitas típicas no quefacer de Andrade, que soportan un frontón curvo partido enmarcando a porta alintelada, presidida pola imaxe do santo fundador. A ámbolos lados da porta ábrense vans rectangulares. Sobre os linteis, en cartelas, aínda se pode ler nitidamente o seguinte texto:

Esa portada i quarto que le sigue mando hacer el ylustrissimo sr don frai Antonio de Monroy arzobispo i señor de esta ciudad i genera de esta sagrada religión con las himagines i dorado año de 1699.
 
Escaleira tripla.

A tripla escaleira helicoidal

editar

Destaca no seu interior a extraordinaria escaleira tripla de caracol helicoidal dos séculos XVII e XVIII, obra tamén do arquitecto Domingo de Andrade. Componse de tres espirais independentes. A estudosa María Teresa Ríos Miramontes relacionouna coa que se atopa no francés castelo de Chambord.[Cómpre referencia] No mesmo espazo desenvólvense tres ramplas independentes, que conducen a diferentes pisos; só unha delas chega ao miradoiro. Os pasos da escaleira están feitos dunha peza enteira, encravándose por un nervio exterior sen necesidade de encaixar no muro nin unirse uns ós outros.

Foi restaurada por Xosé Cerviño García, o Mestre Cerviño.

 

A torre

editar

Tamén obra de Domingo de Andrade, e de novo baixo o mecenado de Monroy, estrutúrase no esencial seguindo o xa feito polo autor na Torre do reloxo da catedral de Santiago, e realízase nos principios do século XVIII.

Outras estancias

editar

No ano 1712 encárgaselle a Pedro García a realización da sancristía.

Situación actual

editar

Galería de imaxes

editar
  1. Desde o púlpito desta igrexa di a tradición que predicou un dos máis apaixonados oradores medievais, Vicente Ferrer.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar