STS-105
STS-105 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 10 de agosto de 2001 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-105 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-105 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 10 de agosto de 2001, 21:10 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 11,88 días[6] |
Obxectivo da misión | Montaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 22 de agosto de 2001[6] |
Sitio de regreso | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida[6] |
NSSDC ID | 2001-035A |
Características
editarSTS-105, con dez astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Scott Horowitz, o piloto Rick Sturckow e os especialistas de misión Daniel Barry e Patrick Forrester. Como carga levaba cinco toneladas de subministracións, equipamento diverso e un dormitorio para ser instalado no módulo Destiny e acomodar un terceiro astronauta. A tripulación instalou dos armarios levados no contedor Leonardo con experimentos científicos no seu interior. Leonardo, á súa vez, foi enchido de lixo e equipamento innecesario para ser levado a terra. Se instalou tamén a plataforma MISSE no exterior da estación para facer experimentos de materiais no baleiro do espazo. O transbordador acoplouse coa estación o 12 de agosto ás 18:42 GMT no porto PMA-2. Durante a misión tiveron lugar dúas actividades extravehiculares: na primeira, Forrester e Barry instalaron contedores con amoníaco para o sistema de refrixeración da estación e durante a segunda os mesmos astronautas instalaron a infraestrutura necesaria para acomodar a viga S0. O transbordador desacoplouse da estación o 20 de agosto ás 14:52 GMT, aterrando no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 22 de agosto de 2001. Entre o desacoplamento da estación e a reentrada atmosférica liberou o satélite Simplesat.[3][5][6][7]
Notas
editar- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 105" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 23 October 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-88239(E)). 31 de outubro de 2001: 7. Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 105" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-105 / ISS-7A.1" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-105" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017.
- ↑ NASA (23 de novembro de 2007). "STS-105" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2006. Consultado o 28 de outubro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-105 |