Ruth Benedict
Ruth Fulton Benedict, nada en Nova York o 5 de xuño de 1887 e finada o 17 de setembro de 1948, foi unha antropóloga norteamericana.
Traxectoria
editarInfancia e matrimonio
editarNaceu na cidade de Nova York. O seu pai, Frederick Fulton era cirurxián e morreu prematuramente en 1888. Despois, Ruth, a súa irmá e a súa nai, mudáronse ao campo cos avós maternos, e alí a nai, Beatrice, foi profesora en aldeas. Ruth e a súa irmá eran boas estudantes e conseguiron unha bolsa para estudar nunha escola privada e logo ingresaron no Vassar College de Nova York en 1905, no que se graduou en 1909. Benedict leu Studies in the History of the Renaissance do seu antigo profesor, Walter Pater. Despois de lelo sentiu, segundo as súas propias palabras, «como se a miña alma fora devolta, os seus ollos abertos e ansiosos coa nova comprensión». Pater cria que un debería «sempre probar con curiosidade novas opinións e estar xulgando novas impresións, nunca consentir nunha ortodoxia superficial»; esta crenza marcou a Benedict no máis profundo. Despois de graduarse, decidiu viaxar por Europa (Francia, Inglaterra, Alemaña, Italia e Suecia) con dúas rapazas que nin sequera coñecía.
Ao regresar aos Estados Unidos, Ruth tivo varios traballos e finalmente aceptou un emprego como profesora na escola para nenas de Westlake, unha viliña agora repartida entre varios concellos e condados preto da costa de California. Foron anos difíciles para ela, sufriu depresión e soidade pola insatisfacción co traballo. Un ano despois pasou a traballar como profesora de Inglés na Orton School for Girls en Pasadena. O verán do primeiro ano traballando en Pasadena, foise a unha granxa onde Stanley Rossiter Benedict, un bioquímico do Cornell Medical College, comezou a visitala. Ruth namorouse de Stanley e aceptou a súa petición de matrimonio. Animada polo amor, emprendeu varios proxectos para mantenerse ocupada na súa nova vida con Stanley. Comezou a publicar poemas baixo distintos pseudónimos como: Ruth Stanhope, Edgar Stanhope e Anne Singleton. Tamén comezou a traballar nunha biografía de Mary Wollstonecraft e outras mulleres menos coñecidas que pensaba merecían maior recoñecemento polo seu traballo e contribucións. En 1918 a parella comezou a distanciarse. Stanley sufriu unha lesión que lle fixo pasar máis tempo lonxe da cidade, Benedict non estaba contenta cando a parella se trasladou a Bedford Hills.
Educación e carreira
editarNa busca dunha carreira decidiu asistir a algunhas conferencias na New School for Social Research. Mentres estaba na escola asistiu a "Sex in Ethnology" impartida por Elsie Clews Parsons, e tamén asistiu a outra con Alexander Goldenweiser (un estudante de Franz Boas). A súa amiga máis próxima Margaret Mead di que «a antropoloxía fixo o primeiro 'sentido' que calquera acercamento ordenado á vida tiña feito sempre a Ruth Benedict». Despois de traballar con Goldenweiser durante un ano, foi estudante de posgraduado con Franz Boas na Universidade de Columbia en 1921, co quen desenvolveu unha estreita amizade. Boas outorgoulle o título de posgraduado que completara na New School for Social Research. Ruth escribiu The Concept of the Guardian Spirit in North America, e en 1923, recibiu o doutoramento en antropoloxía.
Benedict iniciou unha amizade con Edward Sapir. Sapir e Benedict compartían o interese pola poesía, leron e criticaron o traballo de cada un, tamén estaban interesados na psicoloxía e na relación entre personalidades individuais e patróns culturais. Porén, Sapir non mostrou moita compresión coas ideas de Benedict. A súa ideoloxía conservadora chocaba coa loita de Benedict pola emancipación.
Relación con Margared Mead
editarMargared Mead e Ruth Benedict foron dúas das antropólogas máis famosas da súa época. Unha das razóns pola cal estas dúas mulleres tiñan unha boa relación era que as dúas compartían a paixón polo seu traballo e sentían orgullo por ser mulleres exitosas nesa época. Tanto Benedict como Mead quixeron eliminar os estereotipos sobre as mulleres durante a menstruación, e mostrar que as mulleres traballadoras poden ter éxito a pesar de que a sociedade traballadora estaba vista como un mundo de homes. Nas memorias sobre os seus pais, a filla de Margared Mead suxeriu que entre Benedict e Mead houbo algún tipo de relación. En 1946, Benedict recibiu o Premio ao Logro da Asociación Americana de Mulleres Universitarias. Despois de que Benedict morrera dun ataque cardíaco en 1948, Mead mantivo o legado do traballo de Benedict, supervisando os seus proxectos e a edición e publicación de notas que tiña escritas.
Pensamento
editarSegundo Benedict, a cultura é o conxunto de coñecementos, crenzas, valores, actitudes e emocións que caracteriza unha sociedade. Tamén atribue trazos psicolóxicos á cultura, sobre todo trazos influenciados da psicoloxía da Gestalt.
Na súa obra Patterns of Culture plasmou a importancia da cultura fronte a bioloxía, como determinante da conduta dos individuos. Para Benedict, o que explica as diferenzas entre os grupos de persoas é a influencia da cultura.
O que une en realidade aos homes é a súa cultura, as ideas e os estándares que teñen en comúnRuth BenedictPatterns of culture: 16; 46/179
Unha cultura, como o individuo, é un modelo máis ou menos consistente de pensamento e acciónRuth BenedictPatterns of culture: 16; 46/179
Benedict foi unha das antropólogas americanas que pretendeu derrocar os estereotipos sobre as mulleres durante a menstruación e tamén darlles importancia a todas as mulleres con grandes constribucións en distintos ámbitos pero que eran infravaloradas na súa época só por ser mulleres e saírse das funcións básicas que se lles atribuían as mulleres. Coa chegada dos nazis ao poder, foi unha das mulleres que alarmou a sociedade sobre o seu profundo racismo e tratou de educar a poboación sobre o perigo que implicaba o racismo.
Obras
editar- Patterns of Culture, 1934.
- Races and Racism, 1942.
- The Chrysanthemum and the Sword: Patterns of Japanese Culture, 1946, 1954.
- Concept of the Guardian Spirit in North America, 1923.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)