Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Robert B. Laughlin

físico estadounidense

Robert Betts Laughlin, nado o 1 de novembro de 1950, é un físico teórico estadounidense quen, canda Horst L. Störmer e Daniel C. Tsui, obtivo en 1998 o Premio Nobel de Física pola súa explicación do efecto Hall cuántico.

Modelo:BiografíaRobert B. Laughlin

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Robert Betts Laughlin Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Visalia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts - física (–1979)
Universidade de California, Berkeley - matemáticas (–1972)
Redwood High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohn Joannopoulos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Stanford Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, escritor de non ficción, profesor universitario, académico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford
Laboratório Nacional de Lawrence Livermore (pt) Traducir
Bell Labs Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
DoutorandoDeborah Berebichez (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webprofiles.stanford.edu… Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Laughlin naceu en Visalia, California. Obtivo o seu B.A. en física na UC Berkeley en 1972, e o seu PhD en física en 1979 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, Cambridge, Massachusetts, EUA. Foi profesor de física da Universidade Stanford de 1989 a 2004. Agora é presidente de KAIST en Daejeon, Corea do Sur.

A mensaxe central do seu libro A Different Universe (Un universo diferente) é que a verdadeira fronteira da ciencia está, non no pequeno, senón no complexo. Cando se agregan moitos átomos para formar un sólido ou un tecido biolóxico, xorden novos principios organizativos que non poden derivarse rigorosamente a partir de leis microscópicas e que carecen de significado en sistemas de poucas partículas.

Laughlin insiste en que a investigación deses conceptos emerxentes que operan na organización complexa da materia é tan “fundamental” como a investigación sobre as forzas elementais. Se se atende á ciencia no seu conxunto, a idea de emerxencia, segundo a cal o todo é algo máis que as súas partes, é moito máis relevante que a de redución, pois case toda actividade científica, incluída a física, e toda a tecnoloxía, ocúpase de nocións emerxentes. Estas van desde a temperatura dun líquido até a resistencia dun edificio pasando pola morfoloxía dunha flor. No “universo diferente” que propón Laughlin, a ciencia reconcíliase co sentido común porque toda percepción da realidade baséase en conceptos e leis emerxentes.