RAI
- Para a moeda de pedra da Micronesia denominada "rai" véxase: Moeda de pedra.
RAI ou Radiotelevisione Italiana, coñecida ata 1954 como Radio Audizioni Italiane,[1] é a empresa de radiodifusión pública de Italia. É a maior empresa de televisión de Italia, e compite coas cadeas privadas de empresas como Mediaset, Telecom Italia Media ou Sky Italia. A RAI opera varias canles de radio e de televisión, emitindo no sistema analóxico terrestre ata o 2013, vía televisión dixital e por satélite. Foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.
RAI | |
---|---|
Acrónimo | RAI |
Tipo | negocio, empresa e difusora |
Área de operación | Italia |
Data de fundación | 1924, 1927, 1944 e 1954 |
Fundador(es) | Governo de Itália |
Director/a | Carlo Fuortes |
Director/a | Marinella Soldi |
Nº de empregados | 12.751 (2021) |
Organización subsidiaria | Rai Pubblicità, Fonit Cetra S.p.A., Rai Fiction, Rai Cinema, Rai Sport (division), Rai News, Biblioteca della Sede regionale per la Campania della RAI, Biblioteca centrale della RAI e Biblioteca tecnica del Centro ricerche RAI |
Sede | Roma |
País | Italia |
Na rede | |
https://www.rai.it/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Debido á súa proximidade xeográfica con Italia, o sinal da RAI tamén se pode recibir en países como Albania, Suíza, Mónaco, Malta, San Marino, a Cidade do Vaticano, Eslovenia ou Croacia.
Orixes
editarA RAI naceu coma unha empresa privada coñecida como Unione Radiofonica Italiana (URI) e foi creada no ano 1924 por varios empresarios privados e membros do grupo Marconi. A URI realizou a súa primeira emisión de radio o 24 de outubro dese ano cun cuarteto de Haydn.
No ano 1927 a URI foi renomeada como Ente Italiano Audizioni Radiofoniche (EIAR). Sobreviviu ata 1944 cando, baixo presión dos Aliados, foi renomeada Radio Audizioni Italiane, ou RAI.
Non foi ata o 1954 cando a RAI adquiriu a súa estrutura actual. Nese ano o estado italiano adquiriu parte da empresa, e a RAI comezou as súas emisións de televisión. O 3 de xaneiro de 1954 as 11:00, a primeira grella de televisión foi emitida desde a oficina de Milán e desde as subsés de Turín e Roma. Ás dúas dese mesmo día comezou a primeiro programa de televisión da historia italiana Arrivi e partenze, dirixido por Armando Pizzo e Mike Bongiorno.
Servizos
editarRadio
editar- Rai Radio 1: Noticias e información
- Rai Radio 2
- Rai Radio 3: música clásica
- Rai Radio Tutta Italiana
- Rai Radio Classica
- Rai Radio Techete'
- Rai Radio Live
- Rai Radio Kids
- Rai Gr Parlamento: Emisións desde o Parlamento Italiano
- Rai Isoradio
- Rai Südtirol Radio: en alemán, só emite na provincia de Bolzano
- Radio Trst A: en esloveno, só en Friúl-Venecia Xulia
Televisión
editarÉmisión analóxica (ata o 2012), dixital e satélite:
- Rai 1
- Rai 2
- Rai 3
- Rai 4: entretemento
- Rai Südtirol: en alemán, só en Bolzano-Bozen unhas poucas horas ó día;
Emisión en dixital:
- Rai News 24 [s]: noticias
- Rai Sport [s]: deportes
- Rai Gulp [s]: destinado á mocidade
- Rai Storia [s]: educación e cultura
- Rai Scuola [s]: educación e cultura
[s]: tamén dispoñible vía satélite
Emisión vía satélite:
- Rai Scuola
- Camera dei Deputati
- Senato Italiano
Internacional
editar- Rai Italia: emisión dos mellores programas da RAI
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ "La radio in Italia cronologia". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2017. Consultado o 02 de febreiro de 2010.