Rúa da Oliva (Pontevedra)
A rúa da Oliva é unha rúa de Pontevedra situada no centro da cidade, na beira do centro histórico. É unha das principais rúas pontevedresas e das máis comerciais.[1][2]
Rúa da Oliva | |
---|---|
Rúa da Oliva á noite | |
Tipoloxía | rúa |
Dimensións | |
Lonxitude | 0,17 km |
Formato | peonil (primeiro tramo), un carril e dúas beirrarúas (segundo tramo) |
Localización | |
Inicio | Praza da Peregrina |
Fin | Praza de San Xosé, Rúa Marqués de Riestra |
Orixe do nome
editarA rúa denomínase da Oliva pola presenza dunha oliveira no lugar nos orixes da rúa.[3][4]
Historia
editarDespois de ser designada capital provincial en 1833, a mediados do século XIX melloráronse as conexións xerais de Pontevedra con outras poboacións de Galicia e entre 1847 e 1851 trazouse a rúa da Oliva e a actual rúa Rosalía de Castro cuxa prolongación como estrada comunicaba a cidade con Marín a través de Mollavao.[5][6]
O proxecto de 1854 xa recollía como tradicional o nome de rúa da Oliva.[3] Os comerciantes empezaron a instalarse pronto na rúa e a Oliva converteuse en pouco tempo nunha rúa comercial. Uns anos despois da súa apertura na rúa Michelena en 1856 a coñecida Xoiería-Reloxería Suárez trasladouse en 1861 á esquina da rúa da Oliva coa praza da Peregrina.[7]
O 25 de xullo de 1888 a rúa da Oliva converteuse na primeira de toda Galicia (xunto coa veciña rúa Michelena) en ter alumamento público, grazas á instalación de arcos voltaicos e lámpadas de incandescencia. Esta primeira rede eléctrica galega foi obra do marqués de Riestra, que construíu na praza da Verdura a primeira fábrica de electricidade de todo o noroeste peninsular e que adquirira en 1887 unha patente sobre un procedemento de axuste de dínamos.[8]
Entre 1889 e 1890 a escritora Concepción Arenal viviu no primeiro piso do número 27 da rúa da Oliva, onde organizaba un faladoiro para intelectuais.[9][10]
En 1895 a rúa denominouse Elduayen e o trazado era desde a praza da Peregrina ata Mollavao. En 1901 a rúa recuperou o seu tradicional nome da Oliva.[3]
Nas primeiras décadas do século XX estaban situadas na rúa coñecidas imprentas, librerías e tendas de xoguetes: a librería Francisco Viñas no número 6, a librería e imprenta Julio Antúnez contigua á anterior ou o Bazar Melero no número 13.[11][12]
En 1915 empezouse a construír na rúa da Oliva o novo edificio central de Correos na cidade, que se terminou en 1929.[13][14]
En 1927 cando os reis Afonso XIII e Vitoria Uxía visitaron Pontevedra, a rúa da Oliva xa era unha arteria central da cidade.[15]
Na década de 1940, a rúa converteuse no principal lugar de paseo da mocidade pontevedresa. Na década de 1950, a rúa experimentou un importante desenvolvemento comercial e presentou unha imaxe urbana diferenciada.[16]
En 1961 inaugurouse o primeiro tramo das Galerías comerciais da Oliva e en 1965 inaugurouse un segundo tramo das Galerías que permitiu a conexión da rúa da Oliva coa rúa Xeneral Gutiérrez Mellado.[17][18] Estas galerías comerciais fixéronse segundo o proxecto do arquitecto Enrique Barreiro para aglutinar a diversos comerciantes e modernizar e dinamizar o comercio e tiveron unha gran relevancia na época.[19]
En 1981 a rúa da Oliva sufriu a súa reforma máis profunda e o 23 de decembro converteuse no seu primeiro tramo na primeira rúa peonil do centro da cidade.[20]
En 2001 o tramo peonil da rúa reformouse de novo e en 2002 instalouse unha oliveira como a que deu nome á rúa diante do edificio central de Correos.[21]
En 2018 coa inauguración dun supermercado Gadis de 1700 metros cadrados no número 27 da rúa onde vivira Concepción Arenal recuperouse a fachada tradicional do edificio.[22]
Descrición
editarÉ unha rúa en pleno centro da cidade cun trazado de 175 metros en liña recta e predominantemente chaira. Ten unha anchura media de 8 metros.
É unha rúa céntrica no primeiro ensanche da cidade, peonil entre a praza da Peregrina na beira do centro histórico de Pontevedra e a rúa García Camba[20] e cun carril de circulación e dúas beirarrúas desde a rúa García Camba ata a praza de San Xosé.
No seu trazado conflúen varias rúas, de norte a sur: Galerías da Oliva, García Camba[23] e Marqués de Riestra. É unha das rúas principais do centro da cidade onde se atopan múltiples comercios.
Edificios destacados
editarUn dos extremos da rúa Oliva coincide coa praza de San Xosé e na esquina entre a praza e a rúa atópanse os restos do pazo barroco dos Gago de Mendoza e dos Montenegro que na actualidade consta de dous andares. Destacan na parte superior as súas ameas apuntadas adornadas no centro con estrelas de seis puntas inscritas nun círculo.[24]
Na metade da rúa da Oliva situáse facendo esquina coa rúa García Camba o histórico edificio central de Correos na cidade, sede da xefatura provincial de Correos. O edificio pertence ao estilo modernista que imperaba nos primeiros anos do século XX. A entrada principal preséntase no canto a xeito de chafrán con arcos repousando en columnas clásicas e escaleiras de pedra que dan acceso a un ástrago de entrada elevado. Consta de decoración de figuras xeométricas de pedra na fachada especialmente no nivel do faio con lucarnas, e xanelas xeométricas en cada un dos niveis. Coroando o nivel superior por riba da entrada principal atópase o escudo en pedra da cidade.[25] No interior o edificio está artellado ao redor dun atrio central de operacións sobre un vestíbulo público, salientando o uso de materiais como o vidro, a madeira e a escaiola, así como a bóveda acristalada en cores.[26]
Na rúa hai varias casas de pedra de finais do século XIX como a do número 33, con planta baixa comercial e un ou dous andares para vivenda, o primeiro con balcóns e o segundo con galerías, esquema que se repetía no século XIX nas rúas do primeiro ensanche da cidade.[27]
No número 30 da rúa da Oliva na esquina coa rúa Marqués de Riestra atópase un edificio racionalista do arquitecto Emilio Salgado Urtiaga.[28]
Galería
editar-
Rúa da Oliva en 2023
-
Tramo peonil da rúa Oliva
-
Oliveira da rúa da Oliva
-
Restos do pazo ameado dos Gago de Mendoza no fondo à esquerda na esquina coa rúa Oliva
Notas
editar- ↑ "El comercio de la Oliva vuelve a salir a pie de calle". Pontevedra Viva (en castelán). 22 de abril de 2018.
- ↑ "Sargadelos & Enmarcaciones Torrado estrenan tienda". Pontevedra Viva (en castelán). 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "El punto neurálgico de la ciudad". Pontevedra Viva (en castelán). 30 de xuño de 2017.
- ↑ "Los olivos en Galicia son únicos en el mundo". Diario de Pontevedra (en castelán). 12 de xuño de 2022.
- ↑ Fortes Bouzán 2011, p. 386.
- ↑ Durán Villa 2000, p. 90.
- ↑ "A los pies de la Peregrina, en Pontevedra, desde hace 160 años" (en castelán). 18 de xuño de 2021.
- ↑ "El alumbrado público de La Oliva y Michelena, el primero de toda Galicia, cumple 133 años". Diario de Pontevedra (en castelán). 6 de xullo de 2021.
- ↑ "Cuando Concepción Arenal vivió en Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 1 de decembro de 2019.
- ↑ "La vida de Concepción Arenal en Pontevedra". Faro (en castelán). 10 de marzo de 2013.
- ↑ "La Navidad de hace un siglo en Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 23 de decembro de 2015.
- ↑ "Imprenta Librería Portela. Eladio Portela Gómez, el fundador (I)". Diario de Pontevedra (en castelán). 1 de novembro de 2020.
- ↑ "La Casa de Correos, la obra interminable". Diario de Pontevedra (en castelán). 25 de agosto de 2019.
- ↑ "A Correos sí, pero sin bebé". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Cuando Alfonso XIII y Victoria Eugenia visitaron Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 29 de maio de 2022.
- ↑ "Los paseos de moda: del Chocolate a la Oliva". Faro (en castelán). 13 de xuño de 2021.
- ↑ "Adiós al acceso a las Galerías Oliva desde Gutiérrez Mellado". Diario de Pontevedra (en castelán). 31 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Medio siglo de las Galerías Oliva.Niní, la primera boutique de la ciudad, fue diseñada por el pintor Alonso Alonso". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de setembro de 2011.
- ↑ "Medio siglo vendiendo bajo techo". Diario de Pontevedra (en castelán). 2 de outubro de 2011.
- ↑ 20,0 20,1 "Inauguración de la Oliva como calle peatonal". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de decembro de 2018.
- ↑ "Un olivo en la calle de la Oliva". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xaneiro de 2002.
- ↑ "Un nuevo súper «con fachada bonita», wifi y 29 trabajadores". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de novembro de 2018.
- ↑ "La trágica suerte de la familia Gay García Camba". Diario de Pontevedra (en castelán). 1 de setembro de 2019.
- ↑ Fontoira Surís 2009, p. 342.
- ↑ Fontoira Surís 2009, p. 431.
- ↑ "El edificio de Correos volvió a la luz". Diario de Pontevedra (en castelán). 14 de maio de 2013.
- ↑ Fontoira Surís 2009, p. 445-446.
- ↑ "Edificios singulares". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rúa da Oliva |
Bibliografía
editar- Durán Villa, Francisco (2000). Provincia de Pontevedra (en castelán). Madrid: Mediterráneo. p. 90. ISBN 8471563371.
- Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 342;431;445-446. ISBN 9788484573272.
- Fortes Bouzán, Xosé (2011). Pontevedra. Burgo, villa, capital (en castelán). Brión: Guiverny. p. 386. ISBN 978-84-939449-1-9.
Outros artigos
editar- Ensanche-Centro cidade
- Praza da Peregrina
- Casa de Correos e Telégrafos de Pontevedra
- Praza de San Xosé
- Rúa García Camba