Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Río Rons

río de Pontevedra

O Rons é un río que discorre polo concello de Pontevedra e desauga no río Lérez no seu treito final na Xunqueira de Alba, na parte norte da cidade de Pontevedra. A foz no río Lérez localízase na zona das Correntes, así chamada porque neste punto xúntanse as correntes dos ríos Rons e Lérez e mailas augas da ría de Pontevedra

Modelo:Xeografía físicaRío Rons
Imaxe
O río Rons co río Gándara na foz das Marismas de Alba, na Xunqueira de Alba.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaPontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Final
Altitude final2 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaA Noveliza, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Lérez Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°26′14″N 8°38′51″O / 42.4372, -8.6475
Características
Dimensións6 (lonxitude) km

Percorrido

editar

A lonxitude do río Rons é de aproximadamente seis quilómetros. É o río que forma o encoro da cidade de Pontevedra, o encoro de Pontillón de Castro, situado na parroquia pontevedresa de Verducido. Nace moi preto do monte Acibal e parte duns poucos metros ao norte do Encoro de Pontillón de Castro até o río Gándara. Ambos conflúen na parroquia de Alba e xa co nome de Gándara desembocan na maior zona húmida do municipio de Pontevedra: as marismas de Alba, que forman parte do parque da Xunqueira de Alba.

O río pasa por varias parroquias do municipio de Pontevedra, partindo de Verducido e pasando no seu treito alto por Cerponzóns. Nesta parroquia no lugar de Leborei é cruzado por unha ponte do século XVIII[1] que ten un cruceiro monumental, chamado o cruceiro de Ánimas.

Consérvanse varios muíños no curso do río. No seu treito baixo pasa pola parroquías de Campañó e de Alba (Santa María), polo lugar de San Caetano, e por prados e bosques de ribeira. A partir de San Caetano pasa a formar parte do río Gándara, que desemboca nas marismas de Alba. É cruzado polas estradas PO-224 e a N-550.