Río Fucha
O río Fucha ou río San Cristóbal é un dos ríos que atravesa a cidade de Bogotá. Nace no páramo de Cruz Verde e desemboca no río Bogotá.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Colombia | |||
Final | ||||
Localización | Río Bogotá | |||
| ||||
Conca
editarA súa conca conta cunha área de 12.991 ha urbanas e 4.545 rurais correspondentes aos cerros Orientais da cidade. Nace na reserva forestal El Delirio no páramo de Cruz Verde. Na súa parte alta recibe as augas das crebadas San Cristóbal (por iso é polo que tamén sexa coñecido como río San Cristóbal), a Osa e Pablo Blanco. No seu curso medio e baixo atravesa a zona meridional da sabana de Bogotá.
O río Fucha atravesa as localidades de San Cristóbal, Santa Fe, Antonio Nariño, Rafael Uribe Uribe, Puente Aranda, Kennedy e Fontibón, marcando a fronteira entre as dúas últimas. Entre os seus afluentes, xa canalizados, atópanse o Teñidero (ou Santa Caterina), o Molinos (ou Aserradero) e o Fucha Chiquito (ou da Polvoreda).[1]
Contaminación
editarSó nos seus dous primeiros quilómetros a canle non está contaminada. O resto presenta un regular e mal estado de conservación, pois dende hai décadas utilízase como sumidoiro receptor de refugallos e augas residuais.
A canle de San Francisco, por atoparse remansada, é outro grave factor de contaminación do río, que transmite os seus problemas ao río Bogotá, achegando o 39% da súa contaminación.[2] En 2010 emprendeuse un proceso de recuperación por un valor próximo aos oitenta e catro millóns de pesos.[3]
Notas
editar- ↑ Antonionarino.gov.co[Ligazón morta] "Historia Barrios Antonio Nariño - Barrio Molinos La Hortúa".
- ↑ Encolombia.com "La Contaminación Ambiental del Río Bogotá". consultado en novembro de 2010.
- ↑ Acueducto.com.co[Ligazón morta] "El Fucha, de cloaca a un gran río". Consultado en novembro de 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Banrepcultural.org Crónicas de Bogotá de Pedro M. Ibáñez. Capítulo I.