Río Bosna
O Río Bosna é o terceiro río máis longo de Bosnia e Hercegovina, e é considerado un dos tres principais ríos internos, xunto co Neretva e o Vrbas. Os outros tres grandes ríos de Bosnia e Hercegovina son o Una, ao noroeste, o Sava, ao norte, e o Drina, ao leste. O río Bosna percorre 271 km, e o seu nome non ten ningunha variación en lingua estranxeira. Durante o Imperio romano ás veces foi chamado Bosona, e crese que este é probablemente a orixe ilírica do nome Bosna.
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | Bosnia e Hercegovina | ||||
División administrativa | Bosnia e Hercegovina | ||||
Localización | Vrelo Bosne (en) | ||||
Final | |||||
Localización | Río Sava | ||||
| |||||
Afluentes | Lašva (en) (marxe esquerda), Fojnica river (en) , Rio Miljacka (pt) , Spreča (en) (marxe dereita), Željeznica (en) , Usora (en) (marxe esquerda), Krivaja (en) | ||||
Conca hidrográfica | conca do Danubio | ||||
Características | |||||
Dimensións | 281,6 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 10.500 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 142 m³/s | ||||
Curso e afluentes
editarO río Bosna tamén constitúe o val do Bosna, o principal centro industrial do país e onde viven cerca dun millón de persoas, así como a situación de varias das principais cidades. Os seus principais afluentes son o Željeznica, o Miljacka, o Fojnica, o Lašva, o Gostović, o Krivaja, o Usora, e o Spreča.
A súa orixe atópase no manancial de Vrelo Bosne, ao pé do Monte Igman, nas aforas de Saraxevo. Esta fonte constitúe un dos principais monumentos históricos e naturais de Bosnia e Hercegovina. A partir de aí, o Bosna flúe cara ao norte, a través do corazón de Bosnia, para se converter en afluente pola dereita do Sava, en Bosanski Samac.
A pesar de non atravesar ningún outro país, o Bosna flúe a través dunha serie de cantóns e rexións de Bosnia. Desde o seu punto de partida no cantón de Saraxevo, tamén flúe a través do cantón de Zenica-Doboj, a rexión de Doboj, e o cantón de Posavina, nesa orde. No seu camiño ao norte o río Bosna tamén pasa polas cidades de Visoko, Zenica, Doboj, Modrica e Bosanski Samac.
Aproveitamento
editarNas proximidades de Zenica é aproveitado por varias centrais hidroeléctricas. Así mesmo durante 2006, nun programa conxunto con institucións españolas, levouse a cabo o proxecto Apoio á recuperación do ecosistema do río Bosna e os seus afluentes, coa construción de dúas centrais de control de calidade e cantidade de augas, en Doboj e Saraxevo, así como a ampliación de sistemas de rego en Turkovici e Orasje. Tamén dentro deste programa desenvolveuse un importante proxecto de regadío no Val do Popovo.[1]
Notas
editar- ↑ Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación (2006). La cooperación española en medio amabiente y en la lucha contra la desertificación (2002-2005) (Informe) (en castelán). pp. 56 e 73.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Bosna |