Presión
Presión é a propiedade física que corresponde á forza aplicada sobre unha superficie (real ou imaxinaria).
Máis formalmente, a presión é a medida da compoñente normal da forza que actúa sobre unha superficie (área):
- ou
onde:
Aínda que a forza sexa unha magnitude vectorial, a presión é unha cantidade escalar, isto é, non ten dirección. A unidade no SI para medir a presión é o pascal (Pa), equivalente a unha forza de 1 newton por unha área de 1 metro cadrado (N/m2). A presión exercida pola atmosfera ao nivel do mar corresponde a 101 325 Pa, e ese valor é normalmente asociado a unha unidade chamada atmosfera patrón.
A presión relativa defínese como a diferenza entre a presión absoluta e a presión atmosférica. O aparello destinado a medir a presión relativa é o manómetro. A presión atmosférica mídese cun barómetro.
Para informacións sobre a presión interna exercida polo sangue no organismo humano, vexa presión arterial.
Outras unidades
editar- Atmosfera é a presión correspondente a 0,760 m de Hg de densidade 13,5951 kg/m³ e nunha aceleración da gravidade de 9,80665 m/s2
Baria é a unidade de presión no sistema CGS e vale unha dyna/cm2
Bar é un múltiplo da Baria : 1 bar = 106 barias
Psi (pound per square inch), libra por polgada cadrada, é a unidade de presión no sistema inglés/americano
A táboa presenta os valores para a transformacións das unidades;
explo: 1 atm = 1,013.10+5 Pa
Atmosfera | Pascal | Baria | Bar | milibar | mm Hg | m H2O | kgf/cm2 | |
Atmosfera | 1 | 1,013.10+5 | 1,013.10+6 | 1,013 | 1013 | 760,0 | 10,33 | 1,033 |
Pascal | 9,869.10-6 | 1 | 10 | 10-5 | 0,01 | 7,501.10-3 | 1,020.10-4 | 1,019.10-5 |
Baria | 9,869.10-7 | 0,1 | 1 | 10-6 | 0,001 | 7,501.10-4 | 1,020.10-5 | 1,020.10-2 |
Bar | 0,9869 | 100000 | 1000000 | 1 | 1000 | 750,1 | 10,20 | 1,020.10+4 |
milibar | 9,869.10-4 | 100 | 1000 | 0,001 | 1 | 0,7501 | 1,020.10-2 | 10,20 |
mm Hg | 1,316.10-3 | 133,3 | 1333 | 1,333.10-3 | 1,333 | 1 | 1,360.10-2 | 13,60 |
m H2O | 9,678.10-2 | 9807 | 9,807.10+4 | 9,807.10-2 | 98,06 | 73,56 | 1 | 0,100 |
kgf/cm2 | 0,968 | 9,810.10-4 | 9,810.10+5 | 0,9810 | 981,0 | 735,8 | 10,00 | 1 |
Propiedades da presión nun medio fluído
editar- A presión nun punto dun fluído en repouso é igual en todas as direccións (principio de Pascal).
- A presión en todos os puntos situados nun mesmo plano horizontal dun fluído en repouso (e situado nun campo gravitatorio constante) é a mesma.
- Nun fluído en repouso a forza de contacto que exerce no interior do fluído unha parte deste sobre a outra é normal á superficie de contacto (Corolario: nun fluído en repouso a forza de contacto que exerce o fluído sobre a superficie sólida que o contén é normal a esta).
- A forza asociada á presión nun fluído ordinario en repouso diríxese sempre cara ao exterior do fluído, polo que debido ao principio de acción reacción, resulta nunha compresión para o fluído, xamais unha tracción.
- A superficie libre dun líquido en repouso (e situado nun campo gravitatorio constante) é sempre horizontal. Iso é certo só na superficie da Terra e a simple vista, debido á acción da gravidade non é constante. Se non hai accións gravitatorias, a superficie dun fluído é esférica e, polo tanto, non horizontal.
- Nos fluídos en repouso, un punto calquera dunha masa líquida está sometida a unha presión que é función unicamente da profundidade á que se encontra o punto. Outro punto á mesma profundidade, terá a mesma presión. Á superficie imaxinaria que pasa por ambos puntos denomínase superficie equipotencial de presión ou superficie isobárica.