Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Praia de Praceres

praia en Pontevedra

A praia de Praceres ou praia da Posta[1] é unha praia galega situada no municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra. É unha praia marítima semiurbana cunha lonxitude de 50 metros.[2][3]

Praia dos Praceres
Vista da praia de Praceres
Características xerais
LocalizaciónPontevedra
Lonxitude50 m
Largo medio15 m
Grao de ocupaciónBaixo
Grao de urbanizaciónSemiurbana
Paseo marítimoNon
Características específicas
Tipo de praiaMarítima
Tipo de areaBranca e fina
Condicións do bañoAugas tranquilas
Seguridade
Sinalización do perigoSi

Localización e acceso

editar

A praia está localizada na parroquia civil de Lourizán na marxe esquerda da ría de Pontevedra, a 4 quilómetros da cidade e a menos dun quilómetro do barrio de Estribela. Atópase entre os estaleiros do porto e o cabo dos Praceres.[4]

Historia

editar

A finais do século XIX durante o verán a vida social de Pontevedra víase animada por turistas e veraneantes que se trasladaban ás praias dos arredores da cidade, e en especial á praia dos Praceres que foi a praia de moda no período da Restauración e que estaba unida á cidade por tranvía.[5]

A principios do século XX á dereita da praia na punta do Cabo no istmo dos Praceres inaugurouse en 1902 o Gran Hotel de Baños de Mar de Los Placeres, propiedade de Eugenio Montero Ríos que acollía a invitados e veraneantes e que en 1918 tras a súa morte, foi doado polo seu fillo Avelino Montero ás relixiosas do Sagrado Corazón e que se converteu no Colexio Sagrado Corazón de Praceres.[6][7][8][9][10]

Na primavera de 1936 os anuncios de prensa centrábanse en publicitar para o turismo hoteis, restaurantes, casas de baño e a praia dos Praceres, para a que o servizo de tranvía ofertaba bonos de 10 viaxes de ida e volta a 4,25 pesetas. Na sociedade clasista da época no verán eran famosos os baños na praia de Praceres.[11] Ata mediados de século XX a praia presentou un aspecto salvaxe.

O 19 de maio de 1947 aprobouse o proxecto de construción dunha estrada ao longo da ría de Pontevedra, entre Pontevedra e Os Praceres. As obras desta estrada, que comezaron en 1949 e finalizaron en 1955, modificaron totalmente a zona ateigándoa con recheos, o que afectou tamén á praia que quedou reducida.[12][13][14] En 1969 completouse a estrada con catro carrís de circulación e inaugurouse como autovía o 8 de agosto de 1969.[15][16]

O 28 de xuño de 2023 o Estado desafectou a praia do porto xa que era innecesaria para a actividade portuaria e incorporouse ao réxime xeral de dominio público marítimo-terrestre.[17]

Descrición

editar

É unha praia practicamente rectilínea e chaira situada nunha contorna semiurbana.[3] Trátase dunha praia marítima de area branca e fina con fronte á ría de Pontevedra. Ten unha orientación noroeste.

Atópase situada moi preto da autovía PO-11 e é unha praia de augas tranquilas que ten vistas á ría e á illa de Tambo. Dispón de duchas e establecemento de bebidas.[18]

  1. "El Concello pone la mirada en la playa de Ponte Sampaio: instala baños y estudia contratar socorristas". Pontevedra Viva (en castelán). 31 de maio de 2021. 
  2. "Los vigilantes de la ría". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xuño de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Playa de Placeres". El Comercio (en castelán). 1 de agosto de 2023. 
  4. "El Puerto se reserva en la lámina de agua de la ría 9.800 hectáreas". 19 de febrero de 2014. 
  5. Fortes Bouzán 2011, p. 434.
  6. "El Gran Hotel de Baños de Mar de Los Placeres". Pontevedra Viva (en castelán). 13 de xaneiro de 2017. 
  7. "Pontevedra en el recuerdo. Placeres aquel paraíso perdido de arena y sal". Faro (en castelán). 18 de marzo de 2021. 
  8. "De hotel balneario a centro examinador de Oxford en un siglo". Faro (en castelán). 7 de agosto de 2018. 
  9. "La historia de los 102 años del Colegio de Placeres en la voz de una de sus primeras alumnas". Cadena Ser (en castelán). 29 de novembro de 2021. 
  10. "El Hotel de Los Placeres. Montero Ríos promovió su construcción a principios del siglo XX para alojar en verano a gente distinguida". Faro (en castelán). 16 de setembro de 2018. 
  11. Fortes Bouzán 2011, p. 473.
  12. "Los Placeres, la playa que dilapidó Pontevedra". Faro (en castelán). 2 de setembro de 2018. 
  13. ""Lourizán era la élite del turismo, el equivalente gallego a Santander y San Sebastián"". Pontevedra Viva (en castelán). 11 de maio de 2017. 
  14. "Pontevedra y Marín, unidos por una vía a lo largo de la ría". ABC (en castelán). 10 de agosto de 1955. 
  15. "A Avenida de Marín". Pontevedra Viva. 15 de marzo de 2018. 
  16. "La autovía a Marín que tardó 20 años en llegar". Faro (en castelán). 28 de agosto de 2016. 
  17. "La playa de Placeres ya es de dominio público después de que el Ministerio la desafectase del Puerto". Pontevedra Viva (en castelán). 28 de xuño de 2023. 
  18. "Página en www.playas.io". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2014. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar