Porto deportivo de Pontevedra
O Porto deportivo de Pontevedra encóntrase na foz do río Lérez, na súa desembocadura na ría de Pontevedra. A súa carta náutica é 4162-IHM. Está xestionado polo Club Naval de Pontevedra, por concesión do ente público de Portos de Galicia–Zona Sur.
Porto deportivo de Pontevedra | |
---|---|
Porto deportivo, Club Naval, Ponte das Correntes e barrio do Burgo | |
Localización | |
País | Galicia |
Cidade | Pontevedra |
Detalles | |
Dirixido por | Club Naval de Pontevedra |
Propietario | Portos de Galicia |
Tipo | Deportivo |
Grúas | 1 |
Estatísticas | |
http://www.clubnavalpontevedra.com/ | |
Localización
editarO porto deportivo está situado en pleno centro de Pontevedra, na Avenida Uruguai, xunto ao paseo marítimo e moi preto da ponte das Correntes[1] e do casco antigo.
Historia
editarO Club Naval de Pontevedra fundouse en 1932 e contaba con seccións de natación, moto náutica, vela e waterpolo. Na actualidade, só conserva a sección de piragüismo.[2] O edificio do Club Naval construíuse en 1992.[3][4]
Foi unha riada do Lérez en 1987, provocada por unha profunda borrasca, que desencadeou o proxecto de construción dun porto deportivo que desexaban os afeccionados pontevedreses á náutica. Esta crecida provocou o arrastre de troncos que danaron moitas embarcacións ancoradas no río. Este acontecemento aumentou as peticións do club naval para a construción dun porto deportivo, que foron apoiadas pola súa sección de piragüismo.
As obras do porto comezaron en 1994. Inaugurouse en 1996, con tres liñas de pantaláns con 140 amarres a cada lado, ocupados case na súa totalidade polos socios do Club Naval, que ascenden a 240.[5]
En marzo de 2020 púxose en marcha no porto un proxecto de fondeo de iates con servizo de aloxamento.[6]
Descrición
editarÉ un porto moi seguro situado en pleno centro da cidade de Pontevedra. A súa posición no fondo da ría, defendida polas barreiras areosas dos ataques por mar, marcou historicamente a cidade e a súa poboación.
O número total de amarres do porto é de 142. Todos os amarres xestiónanse en réxime de alugueiro. O calado da bocana e o peirao é de 2 metros. A desembocadura da canle de navegación está sinalizada con luces verdes e vermellas.
Entre os seus servizos conta con luz e auga no amarre, peirao de espera, duchas e baño, vixilancia, iluminación nocturna, teléfono público, radio (VHF 9), club de vela, servizo MARPOL (recollida de aceites), recollida de lixo, taxi, ximnasio, combustible diésel e sen chumbo, e guindastre.
O edificio do Club Naval foi inaugurado en 2005 e conta cunha primeira planta e unha terraza superior, ambas con vistas á ría de Pontevedra e á cidade.[7] O edificio dispón de cafetería.[8]
Malia ter a canle dragada, o seu acceso vese limitado pola falta de calado (2 metros en baixamar escorada) e pola presenza da ponte da Barca, que non permite o paso a veleiros con máis de 12 metros de altura.
Actualmente hai un proxecto de urxencia para realizar un dragado da zona por mor da perda de calado que leva sufrindo nos últimos anos[7]
Ata a dragaxe do Lérez, o primeiro pantalán é inutilizable porque, en marea baixa, non hai suficiente calado para as embarcacións debido á acumulación de lodo no fondo mariño da desembocadura do Lérez.[9]
Acceso
editarPor terra pódese acceder desde a autoestrada AP-9, saíndo no acceso norte a Pontevedra, ou pola avenida do Uruguai (estrada N-550), que pasa a carón do porto.
Gallería
editar-
Porto deportivo e ponte da Barca
-
Porto deportivo
-
Club Naval
-
Amarres
-
Barcos e ponte da Barca ó fondo
-
Porto
-
Porto deportivo e A Caeira ó fondo
-
Porto á noitiña
-
Porto e paseo marítimo
-
Avenida do Uruguai (Beiramar)
-
Porto
Notas
editar- ↑ "Los amarres municipales en el puerto deportivo costarán 3.200 euros al año". Diario de Pontevedra (en castelán). 15 de novembro de 2022.
- ↑ "Pontevedra refuerza su puerto deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xulloo de 2018.
- ↑ "El puerto deportivo de Pontevedra obtiene licencia después de veintidós años". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de marzo de 2014.
- ↑ "La nueva concesión obliga al Club Naval a invertir 50.000 euros en el puerto deportivo". Diario de Pontevedra (en castelán). 19 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Prórroga para el puerto deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2018.
- ↑ "Una empresa aspira a fondear yates con servicio de alojamiento en el Club Naval de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 9 de marzo de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 "Así será el dragado del Lérez". Pontevedra Viva (en castelán). 15 de xaneiro de 2017.
- ↑ "La cafetería del Club Naval ya tiene inquilinos: reabrirá sus puertas este mismo verano". Diario de Pontevedra (en castelán). 6 de xullo de 2022.
- ↑ "La náutica de recreo recupera espacio en la ría, donde solo un 15% de los amarres está vacante". Diario de Pontevedra (en castelán). 11 de xullo de 2016.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Porto deportivo de Pontevedra |