Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Portelo

lugar de venda de entradas para un acontecemento

O portelo[1] é o sitio onde se venden as entradas para acceder a un evento público, por exemplo, o cinema, o teatro ou un estadio. Por extensión, no contexto da industria cinematográfica e de entretemento en xeral, o termo é usado como referencia á cuantía recibida por determinado filme, produción teatral ou artística en xeral en función da frecuencia ós eventos con entrada paga. Nese senso, alén da cuantía en cartos, tamén se pode facer referencia á cantidade de billetes vendidos, ofrecendo un criterio máis para a avaliación do maior ou menor éxito de determinada produción.

Portelo do cinema Ohio en Columbus, Ohio, nos Estados Unidos de América.

Emprego

editar

En decembro de 2009, coa aquisición pola Nielsen EDI por 15 millóns de dólares, a empresa de medición Rentrak converteuse na única fornecedora de datos mundiais de portelo e frecuencia a salas de cinema.[2][3] Hai varias páxinas web que controlan os valores do portelo, tales como Boxoffice, Box Office India, Box Office Mojo, Koimoi, ShowBIZ Data e The Numbers.

Para determinar se un filme tivo beneficio ou perdas, non é correcto facer a comparación directa entre o valor bruto de portelo e o custo, dentro da previsión ou non, no orzamento da produción, porque os exhibidores quedan na media con valor considerábel do valor, que varía de filme a filme, coa porcentaxe do distribuidor sendo maior nas primeiras semanas de exhibición. Tamén é común que o distribuidor reciba unha porcentaxe do rendemento bruto ou unha porcentaxe maior do rendemento, após retirar determinado valor inicial, o que for maior.[4][5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para portelo.
  2. Gunderson, Laura (8 de febreiro de 2010). "Portland-based Rentrak posts Q3 loss". The Oregonian. Consultado o 9 de febreiro de 2010. 
  3. "Rentrak buys Nielsen EDI, consolidating box office reporting business". The Los Angeles Times. Consultado o 9 de abril de 2011. 
  4. Entertainment.howstuffworks.com
  5. "Express.howstuffworks.com". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2012. Consultado o 20 de decembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar