Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Pobo

conxunto de habitantes dun territorio ou cunha cultura, costumes ou goberno en común

Un pobo[1] é unha pluralidade de persoas consideradas en conxunto, como un grupo étnico ou como unha nación. Colectivamente, por exemplo, os xudeus moitas veces chámanse "o pobo xudeu", os xitanos europeos constitúen a maior parte do "pobo romaní", e os árabes de Palestina gañaron o apelativo de "pobo palestino". Pero, por outra banda, tamén se fala de "pobo estadounidense" ou "pobo francés" como os respectivos corpos de cidadáns, que son a orixe e razón de ser da república, sen ningunha connotación de tipo étnico.

Na política

editar
 
A Liberdade guiando o pobo de Eugène Delacroix.

En xeral, as repúblicas gobérnanse, ou proclaman que se gobernan, en nome do pobo. Tanto a República Romana como o Imperio Romano tiveron por lema a expresión latina SPQR (Senatus Populusque Romanus, "o Senado e o Pobo de Roma"). Este lema quedou fixado, por exemplo, nos estandartes das lexións, e cando os emperadores chegaron a conseguir o status de poder absoluto, seguiron exercendo a súa autoridade no nome do Senado e do Pobo romanos.

Nos estados democráticos modernos, o pobo é o conxunto dos cidadáns, obxecto e destino, e teoricamente tamén suxeito, das políticas do estado. O pobo foi o protagonista da Revolución Francesa ou, cando menos, dos seus episodios de máis sona. A Constitución dos Estados Unidos comeza dicindo "Nós, o pobo,...".

Unha república popular é a denominación máis típica dos estados de partido único de ideoloxía marxista, onde os líderes do partido din que gobernan en nome do pobo.

O populismo é outro termo "paraugas" que contén diversas tendencies políticas para explicar que representan o pobo, a miúdo no senso de que serven ó pobo chan en oposición á elite, e malia que os partidos políticos se chaman "partido popular" adoitan ser de tendencia conservadora e reaccionaria.

Véxase tamén

editar