Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Os pelecaniformes son unha orde de aves acuáticas medianas e grandes de distribución mundial. Teñen patas con catro dedas palmadas (membrana interdixital). A maioría ten un parche na gorxa de pel espida (parche gular). Hai aproximadamente 57 especies. Aliméntanse principalmente de peixes, luras, especies mariñas en xeral. Aniñan en colonias, son aves monógamas, os pitos son nidícolas xeralmente.

Familias

editar
  • Pelecanidae: pelicanos. Son aves grandes con bolsas na gorxa e base do peteiro onde transportan o que apañan.
  • Sulidae: paxaros bobos. Son especies de tamaño mediano a grande, cazan mergullando no mar. Teñen ás longas e a miúdo os pés coloreados.
  • Phalacrocoracidae: corvos mariños. Con forma encorvadas e a plumaxe escura normalmente negra ou semellante. A plumaxe non é totalmente impermeable.
  • Fregatidae: ave fragata. Un grupo de cinco aves grandes estreitamente vencelladas coa plumaxe negra e branca, ás moi longas, e os hábitos de caza parasiticos. Os sacos gulares na gorxa son vermellos e son inflados ao despregalos.
  • Anhingidae: outro grupo estreitamente relacionado pequeno de catro especies, coas ás moi longas, pescozo en forma de serpe e a habilidade de nadar co seu corpo mergullado. A plumaxe non é totalmente impermeable.
  • Phaethontidae: aves tropicais. Aves medianas, mariñas en xeral. Os adultos teñen plumas longas, centrais da cola centrais, sen parche gular.
  • Plotopteridae: protopingüíns. Un grupo extinto de pingüíns semellantes aos albatros.

Taxonomía

editar

Recentes investigacións microbiolóxicas suxeriron que as semellanzas entre os Pelecaniformes son o resultado dunha evolución converxente en lugar de devanceiros en común, e que o grupo é polifilético. Sibley, mediante hibridación de ADN puxeron as familias contidas dentro de Pelecaniformes xunto cos mascatos, corvos mariños, ibis. Os voitres mundiais, cegoñas, pingüíns, albatros, petreis, como un grupo subalterno dentro dunha orde moi espallada tradicionalmente clasificada como Ciconiiformes, un movemento radical que, aínda que non foi completamente aceptado foi moi influente.