Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

Pedro II de Aragón

Pedro o Católico, II de Aragón e I de Barcelona (1174 - Muret 1213), Rei de Aragón, Conde de Barcelona, Xirona, Osona, Besalú, Cerdanya, Pallars Jussà e Ribagorza (1196 - 1213), e señor de Montpelier (1204-1213).

Modelo:BiografíaPedro II de Aragón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(an) Pero II o Catolico
(ca) Pere el Catòlic Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1177 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte12 de setembro de 1213 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Muret, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate (Batalla de Muret), morto en combate Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRoyal Pantheon of Santa Maria de Sixena (en) Traducir (1217–) Editar o valor en Wikidata
Lord of Montpellier (en) Traducir
1204 – 1213
Condes de Girona (pt) Traducir
1196 – 1213
← Afonso II de AragónXaime I de Aragón →
Monarca da Coroa de Aragón Coroa de Aragón
1196 – 1213
← Afonso II de AragónXaime I de Aragón →
Conde de Barcelona
1196 – 1213
← Afonso II de AragónXaime I de Aragón → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, gobernante, guerreiro Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla das Navas de Tolosa
Batalla de Muret
Cruzada albixense Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde de Ribagorza (1196 (Gregoriano)–1213 (Gregoriano))
Conde de Barcelona (1196–1213)
Rei de Aragón (1196–1213)
Condes de Girona (pt) Traducir
Lord of Montpellier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Aragón e Casa de Barcelona Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria de Montpellier (1204, 1204 (Gregoriano)–1213), morte Editar o valor en Wikidata
ParellaNN Editar o valor en Wikidata
FillosSancha of Aragon
 () Maria de Montpellier
Pere del Rei, fillo ilexítimo
 ()
Constance of Aragon, fillo ilexítimo
 () NN
Xaime I de Aragón
 () Maria de Montpellier Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso II de Aragón Editar o valor en Wikidata  e Sancha de Castela, Rainha de Aragão Editar o valor en Wikidata
IrmánsConstança de Aragão
Sancha d'Aragona
Leonor de Aragão e de Castela
Ferdinando d'Aragona
Afonso II, Conde da Provença Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
11 de novembro de 1204coroación dos reis de Aragón, per Inocencio III
Excommunication in the Catholic Church (en) Traducir, per Inocencio III Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1177273 WikiTree: Aragón-104 Find a Grave: 88413388 Editar o valor en Wikidata

Ascendentes e descendentes

editar

Fillo e sucesor de Afonso II o Casto e de Sancha de Castela ao trono da Coroa de Aragón á morte de seu pai en 1196.

Polo testamento do pai, Pedro herdaba Cataluña, así como os condados dependentes dela, e Aragón, mentres seu irmán Afonso II recibía a Provenza.

O 15 de xuño de 1204 casou con María de Montpelier, obtendo o dereito sobre a cidade. Moi logo intentou repudiala, sen éxito, para casar con María de Montferrat, herdeira do reino de Xerusalén. Desta unión naceron:

Así mesmo Pedro tivo dous fillos ilexítimos:

No mesmo ano de 1204 fíxose coroar en Roma polo papa Inocencio III, tornándose o seu vasalo.

Política peninsular

editar

En Cataluña conseguiu encarcerar a Guerau de Cabrera, que ocupara os seus dominios do condado de Urgell.

Con Castela as relacións foran moi boas, pois era neto de Afonso VII de Castela. Asinou un tratado que prevía a fronteira n aliña Ágreda-Tarazona entre ese reino e Aragón. Axudou ao seu primo Afonso VIII de Castela contra os reis de León e máis do Navarra.

Participou, eficazmente, cos reis ibéricos cristiáns na batalla de Las Navas de Tolosa, na que lograron a vitoria sobre os almohades, o que permitiría unha rápida conquista de boa parte de Andalucía.

Política occitana

editar

En setembro de 1196 as Cortes reunidas en Daroca confirmaron a dupla función asinada no testamento de Afonso o casto : Pedro II en Cataluña e Aragón e seu irmán Afonso na Provenza. Porén Pedro sempre estivera interesado na Provenza e os seus estados veciños. Así se explica como xa no 1204 obrigou a seu irmán Afonso II da Provenza a facer as paces co conde Forcalquier, aliado seu.

En 1206 tivo que loitar contra os habitantes de Montpelier, revoltados contra el. A partir de 1209 e da conquista de Béziers e de Carcassona por parte de Simón de Montfort, protexeu os señores de Languedoc, recibiu as homenaxes dos condes de Tolosa, Comenge e Foix, tentando a reconciliación que lle pedía Inocencio III sobre o tema do catarismo. Concedeu, porén, a tutela de seu fillo Xaime a Simón e preparou o casamento entre Ramon VII de Tolosa e a súa irmá Eleonor. Os seus intentos de pacificación fracasaron. Naquela altura buscou a guerra contra Simón de Montfort. O 12 de setembro de 1213, Pedro tentou tomar Muret, un lugar encastelado ao Sur de Tolosa, onde se refuxiaban os homes de Simón. Os seus cabaleiros no puideron tomar o castelo e sufriron a contraofensiva dos occitanos sobre o seu exército, moito máis numeroso. Pedro arriscouse e os homes de Simón, que o descubriron na batalla, matárono. Os seus cabaleiros, vendo a morte do rei, fuxiron.

Pedro foi sepultado no priorado de Hospitalarios de Sijena, fundado en 1188 por Sancha de Castela, a súa nai.

Fin da aventura occitana

editar

O desastre de Muret coutou a aventura occitana dos catalano-aragoneses, que houberon aínda de coñecer as guerras civís da minoridade do príncipe Xaime, debendo pagar ademais todas as débedas provocadas pola política expansionista de Pedro I, quen hipotecara Roerga e Gavaldá a Ramon VI de Tolosa, cobrando o bovatge de 1205 e esixindo impostos ás ordes relixiosas.

Ao longo do seu reinado as angustias financeiras levárano a emitir diñeiro baixa lei. Até 1213 no se recuperou a moeda coa cuñaxe dita de corte con diñeiros de lei debida.


Predecesor:
Afonso II
 Rei de Aragón
Conde de Barcelona
 
1196 - 1213
Sucesor:
Xaime I
Predecesor:
Guillerme VIII
 Señor de Montpelier
(Con súa esposa María)
 
1204 - 1213
Sucesor:
Xaime I