Nothing Special   »   [go: up one dir, main page]

O Club Profesional de Fútbol CSKA de Moscova (en ruso: Профессиональный футбольный клуб - ЦСКА) é un club de fútbol de Rusia, con sede en Moscova. Fundado en 1911, forma parte da entidade polideportiva rusa CSKA Moscova. É un dos clubs máis laureados do fútbol ruso, xa que conta con dez títulos de liga -nas súas edicións soviética e rusa- e unha Copa da UEFA. Actualmente xoga na Liga Premier de Rusia.

CSKA Moscova
NomeПрофессиональный футбольный клуб ЦСКА Москва
Alcume(s)Koni (Cabalos)
Fundación1911
EstadioArena Khimki,
Khimki, Rusia
Inauguración2008
Capacidade36.000
Presidente Evgeny Giner
Adestrador Leonid Slutsky
LigaLiga Premier de Rusia
2018/19
Na rede
http://www.pfc-cska.com/?lg=en
Facebook: PFCCSKAMOSCOW Twitter: PFCCSKA_en Instagram: pfc_cska_official Telegram: pfccskamoscow VK: pfc_cska Youtube: UCwyK7L9OBSyoNbE4vtaNd6g TikTok: pfc_cska Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

Esta entidade estivo historicamente ligada ao Exército Vermello, xa que era o club deportivo do exército soviético.

Historia

editar

O CSKA foi fundado en 1911 por un grupo de esquiadores e é o club que, historicamente, estivo adxunto ao exército. As siglas CSKA —Tsentral’nuy Sportivnuy Klub Armiiy— significan en galego Club Deportivo Central do Exército.[1] O CSKA gañou o campionato soviético en 7 ocasións (1946, 1947, 1948, 1950, 1951, 1970, 1991) e a Copa da Unión Soviética en 5 ocasións (1945, 1948, 1951, 1955, 1991).

Desde a disolución da URSS estivo baixo a sombra do Spartak de Moscova gañando só a Liga Rusa en tres ocasións (2003, 2005 e 2006), así como a Copa en 3 2002, 2005, e 2006.

Historia recente

editar

Recentemente, o club recibiu unha axuda económica de parte de Sibneft, unha compañía petroleira cuxa propiedade é de parte do millonario ruso Román Abramóvich, no entanto, el non ten gran interferencia nos asuntos do equipo xa que el é o dono do Chelsea de Inglaterra e de acordo ás regras da UEFA, só permítese a unha persoa ou corporación controlar só un club en caso de participar en competencias europeas.

O CSKA Moscova gañou a Copa da UEFA no ano 2005, derrotando ao Sporting de Lisboa 3-1, converténdose no primeiro club ruso en obter un título europeo.

Estadio

editar

O PFC CSKA Moscova xoga actualmente no Arena Khimki xa que o club está construíndo un novo estadio en propiedade con capacidade para 30.000 espectadores sentados.

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias grises.

Xogadores

editar

Cadro 2011-12

editar
Posto País Xogador
1 POR   Sergei Chepchugov
2 MED Lituania  Deividas Šemberas
4 DEF   Sergei Ignashevich
5 DEF   Viktor Vasin
6 DEF   Aleksei Berezutski
7 MED   Keisuke Honda
8 DIA Costa do Marfil  Seydou Doumbia
9 DIA   Vagner Love
10 MED   Alan Dzagoev
11 MED Chile  Mark González
14 DEF   Kirill Nababkin
15 DEF Nixeria  Chidi Odiah
Posto País Xogador
17 MED   Pavel Mamaev
19 MED   Aleksandrs Cauņa
21 DIA   Zoran Tošić
22 MED   Evgeni Aldonin
23 MED   Nika Piliyev
24 DEF   Vasili Berezutski
25 MED Bosnia e Hercegovina  Elvir Rahimić
26 MED   Sekou Oliseh
35 POR   Igor Akinfeev  
42 DEF   Georgi Schennikov
89 DIA República Checa  Tomáš Necid
65 DIA   Joffre Guerrón

Palmarés

editar

Torneos nacionais

editar

Torneos internacionais

editar

Trofeos amigables

editar
  1. FIA.com (ed.). "CSKA Moskva - Club clásico". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2010. Consultado o 6 de novembro de 2010. 
  2. "Russian Premier League official site". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2011. Consultado o 02 de xuño de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar